Hosni Mubarak
| Hosni Mubarak | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Presidente de Exipto | |||
| Período: | 14 de outubro de 1981 - 11 de febreiro de 2011 | ||
| Antecesor: | Anwar Sadat | ||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 4 de maio de 1928 | ||
| Lugar: | Kafr-El Meselha, Al Minufiyah, Exipto | ||
| Falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
| Lugar: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
| Organización: | Partido Nacional Democrático de Exipto | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Suzanne Mubarak | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | militar, piloto de avión e político | ||
| Relixión: | {{{relixón}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Muhammad Hosni Said Mubarak (árabe : محمد حسنى سيد مبارك) coñecido como Hosni Mubarak, nado en Kafr-El Meselha (Monufia) o 4 de maio de 1928, é un político exipcio. Foi presidente do do seu país desde o 14 de outubro de 1981, 8 días despois do asasinato de Anwar Sadat, ata o 11 de febreiro de 2011 momento no que se viu obrigado a deixar o poder logo que dende o 25 de xaneiro de 2011 se sucederan protestas populares para esixir un cambio no país do Nilo. Era tamén Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados desde o 16 de xullo de 2009 substituíndo a Raúl Castro.
[editar] Traxectoria
Terminados os seus estudos de secundaria, ingresou na Academia Militar Exipcia obtendo o título en Ciencias Militares aos 20 anos de idade. En 1950 ingresou na academia da Forza Aérea, recibindo instrución tamén en Frunze, a actual Bixkek, capital de Quirguicistán, entón república da Unión Soviética, obtendo o título de piloto de combate. Ascendeu rapidamente e en 1964 foi nomeado representante da delegación militar exipcia na Unión Soviética.
En 1967 convértese en Xefe da Forza Aérea Exipcia, sendo responsable dalgúns dos combates que se suceden no permanente conflito con Israel. En 1973 participa activamente nos preparativos e desenvolvemento da Guerra do Yom Kippur.
Gobernou en Exipto durante 30 anos con man férrea baixo un goberno corrupto. Celebrou durante o seu mandato catro procesos electorais, fortemente manipulados. Así mesmo, privou o pobo exipcio de liberdades básicas. Este e outros feitos precipitou o inicio das protestas na súa contra. Foron necesarias máis de 300 mortes violentas nun intento do goberno de Mubarak de conter as revoltas. A saída do poder de Mubarak propoiciou que o exército tomase as rendas. En 18 días de protestas pacíficas, salpicadas de violencia por parte das forzas represivas, Mubarak foi derrocado do poder político exipcio.
| Presidente de Exipto | ||
|---|---|---|
Segue a: Anwar Sadat |
Hosni Mubarak | Precede a: en funcións |