Barón de Münchhausen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O xoven Münchhausen

Karl Friedrich Hieronymus von Münchhausen, Barón de Münchhausen, nado o 11 de maio de 1720 en Bodenwerder (Baixa Saxonia) e finado o 22 de febreiro de 1797, foi un militar e señor rural alemán. Os relatos das súas aventuras serviron de base para a célebre serie As Aventuras do Barón de Münchhausen, compiladas por Rudolph Erich Raspe e publicadas en Londres en 1785. Son historias fantásticas e moi esaxeradas, propagadas sobre todo no xénero de literatura xuvenil.

As "aventuras"[editar | editar a fonte]

Durante a xuventude Münchhausen serviu como paxe de Anthony Ulrich II, Duque de Brunswick-Lüneburg, e máis tarde entrou no exército ruso. Serviu ata 1750, participando en particular de dúas campañas contra os turcos. Ao volver a casa, comezou a espallar varias historias sobre as súas aventuras.

De acordo coas historias, recontadas por outros, os feitos incribles do Barón incluían viaxes en bolas de canón, xornadas para a Lúa e a fuga dun pantano ao tirar a si mesmo polos propios cabelos (ou polos cordóns das botas, dependendo da versión ).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]