Copa do Mundo de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa do Mundo da FIFA
Fundación 1930 (Uruguai 1930)
Rexión Afiliados á FIFA
Equipos 32 (na fase final)
204 (total en 2014)
Actual campión España España (1º título)
Máis laureado Flag of Brazil.svg Brasil (5 títulos)
Sitio web www.fifa.com
Actual Brasil 2014

A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola Fédération Internationale de Football Association — FIFA. O torneo conta con dúas etapas principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 32 seleccións nun período aproximado dun mes.

A primeira edición do mundial foi en 1930, coa vitoria da selección anfitrioa, e foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á Segunda Guerra Mundial. A selección de Brasil é a selección que acadou con máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións. Despois de Brasil en título obtidos, seguen a selección de Italia, con catro, Alemaña, con tres, Arxentina e Uruguai con dous e, cun só título, Inglaterra, Francia e España, a actual campioa.

O torneo presenta unha forte dominación dos equipos europeos e sudamericanos: os primeiros gañaron o título en 10 ocasións, mentras que os segundos en nove. Ademais tan só dous equipos de outras confederacións xeográficas teñen chegado ás semifinais Estados Unidos en 1930 e Corea do Sur en 2002. Ademais, Brasil (en 1958 e 2002) e España (en 2010) foron até o momento os únicos equipos que conseguiron gañar fóra do seu continente. A fase final da Copa do Mundo é o evento dunha soa disciplina máis seguido do mundo (a edición de 2002 foi vista por máis de 1.100 millóns de espectadores), e o segundo máis seguido en xeral tan só por detrás dos Xogos Olímpicos de verán.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras competicións internacionais[editar | editar a fonte]

O primeiro amigable internacional de Fútbol foi xogado en 1872, entre a Inglaterra e Escocia, nun momento en que o deporte era raramente practicado fóra da Gran Bretaña. No final do século XIX o fútbol comezou a gañar máis adeptos, e por iso se tornou en deporte de demostración (sen disputa de medallas) nos Xogos Olímpicos de 1900 e 1904, ata se tornar nunha competición oficial nos Xogos Olímpicos de Verán de 1908. Organizada pola Football Association, era un evento para xogadores non profesionais, e na época non foi considerado unha competición, mais si un mero espectáculo. A selección non profesional da Inglaterra foi a campioa nas dúas edicións, 1908 e 1912.

En 1914 a FIFA recoñeceu o torneo olímpico como unha "competición global de Fútbol non profesional", tomando para si a responsabilidade de organizalo. Con iso na edición de 1924 houbo a primeira disputa de Fútbol intercontinental. O Uruguai foi o campión nas dúas edicións, 1924 e 1928. En 28 de maio de 1928 a FIFA tomou a decisión de facer a competición por separado, non sendo máis un deporte dos de Verán. Para celebrar o centenario da independencia do Uruguai en 1930 foi decidido que a sede da competición sería no país sudamericano, no mesmo ano.

A primeira Copa do Mundo oficial[editar | editar a fonte]

O Estádio Centenário, local da primeira final da Copa do Mundo, en 1930, na cidade de Montevideo, Uruguai

Só trece seleccións participaron na primeira Copa, sete da América Latina (Uruguai, Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Paraguai e Perú), catro da Europa (Bélxica, Francia, Iugoslavia e Romeina) e dúas da América do Norte (México e EUA). Moitas seleccións europeas acabaron desistindo da competición debido á longa e cansada viaxe polo Océano Atlántico.

Os dous primeiros xogos da Copa ocorreran simultaneamente, sendo vencidas pola Francia e Estados Unidos, que venceron a México por 4x1 e a Bélxica por 3x0, respectivamente. O primeiro gol en Copas do Mundo foi marcado polo xogador francés Lucien Laurent. A final foi entre o Uruguai e a Arxentina, gañando os uruguaios o xogo por 4x2, no Estadio Centenario, en Montevideo, cun público estimado de 93.000 espectadores. O mellor goleador deste torneo foi o Arxentino Guillermo Stábile.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Globo en forma de bola de Fútbol en Nuremberg, Alemaña, como propaganda do Mundial de Fútbol Alemaña 2006. O torneo creceu ao longo do tempo ata se tornar a maior competición deportiva do planeta.

Os problemas que atopaban as primeiras edicións do torneo eran as dificultades da época para unha viaxe intercontinental. Nas Copas de 1934 e 1938, xogadas na Europa, houbo unha pequena participación dos países sur-americanos. Só a seleção brasileira estivo presente nesas dúas edicións. As edicións de 1942 e 1946 foron canceladas debido á Segunda Guerra Mundial.

O Mundial de Fútbol Brasil 1950 foi o primeiro en ter participantes británicos. Estes retiráranse da FIFA en 1920, por rexeita-lo xogo con países cos que recentemente mantiveron unha guerra e por unha protesta da influencia estranxeira no Fútbol, xa que o deporte era unha "invención" británica e eses países consideraban que o mesmo foi deturpado polo modo de xogar estranxeiro. A pesar disto, eles retornarían a ser membros da FIFA en 1946. O torneo tamén contou coa volta da participación do Uruguai, que boicoteara as dúas edición anteriores.

Nas Copas de 1934 ata 1978 había 16 seleccións clasificadas para a fase final (agás nos raros casos onde desistiron algunhas seleccións ). A maioría era da América Latina e Europa, cunha pequena minoría da África, Asia e Oceanía. Esas seleccións normalmente non pasaban da primeira fase, sendo facilmente derrotadas (coa excepción da Corea do Norte, que chegou ata os cuartos-de-final en 1966).

A fase final foi expandida para 24 seleccións en 1982, e 32 en 1998, permitindo que máis seleccións da África, Asia e América do Norte puidesen participar. Nos últimos anos eses novos participantes teñen acadado mellores posicións, como Camerún chegando ata os cuartos-de-final en 1990 e Corea do Sur, Senegal e Estados Unidos pasando aos cuartos-de-final en 2002, e a Corea do Sur acadou o 4º lugar.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Trofeo[editar | editar a fonte]

De 1930 a 1970 a Copa Jules Rimet era dado aos campións de cada edición. Inicialmente coñecida como Copa do Mundo ou Coupe du Monde (en francés), foi renomeada en 1946 en homenaxe ao presidente da FIFA responsable da primeira edición do torneo, en 1930. En 1970, coa terceira vitoria da selección brasileira a mesma gañou o dereito para ter a posesión permanente do trofeo. Con todo, este foi roubado da sede da CBF en decembro de 1983, e nunca foi atopado. Acredítase que os ladróns o teñan derretido.

Despois de 1970 un novo trofeo, chamado Copa do Mundo FIFA foi creado. A diferencia co Trofeo Jules Rimet este non irá para ningunha selección, independentemente do número de títulos. Arxentina, Alemaña, Brasil e Italia son os que máis veces acadaron o trofeo. Este so será cambiado ata que a placa no seu pé sexa totalmente enchida cos nomes dos campións de cada edición, o que non ocorrerá ata 2038.

Mascotas[editar | editar a fonte]

Zakumi, a mascota do Mundial de 2010

Desde o Mundial de 1966 cada edición conta cunha mascota oficial[1]. A primeira mascota da historia da Copa foi World Cup Willie, un león futbolista vestido cunha camisola da bandeira do Reino Unido[2]. Catro anos máis tarde, en 1970, a máscota foi Juanito, un neno cun chapeu típico do país, escrito coas palabras "MÉXICO 70" e vestido coas cores da selección mexicana.[2] En 1974, as mascotas alemás occidentais forom Tip e Tap, dous cativo cos brazos no ombro doutro, un deles cunha camisola onde se le "WM" e na doutro "74".[2] Na Copa de 1978, na Arxentina elixiuse ata o de agora a última mascota humana, Gauchito, un meniño gaucho cun chapeu que contiña "ARGENTINA '78", un pano e un rebenque, que tamén aparecía na camisola da selección arxentina e botas de fútbol[2]

A mascota do Mundial de 1982, foi Naranjito,[3] unha laranxa con faciana humanizada, cun balón e usando botas.[2] En 1986, a mascote foi Pique, unha especie de pemento, cun chapeu mariachi e un balón no seu dereito. En1990, a mascota foi un obxecto de deseño, Ciao, que representou un futbolista coa cabeza en forma de balón de fútbol e corpo con barras que contiñan as cores do país. Os Estados Unidos voltaron á mascota animal para a Copa de 1994, Striker era un can vestido coas cores da bandeira dos Estados Unidos cunha camisola na que aparecía escrito "USA 94". Para a Copa do Mundo de 1998, os organizadores escolleron un galo azul chamado Footix, coas palabras "FRANCE 98" no seu peito. En 2002, Xapón e Corea do Sur escolleron as mascotas Ato, Kaz e Nik, inspirados no manga[4]. No Mundial de Fútbol Alemaña 2006 o escollido foi Goleo VI, un león peluche, vestido cunha camisola branca co número 06 deseñado na fronte, sempre ao lado da súa compañeira, Pille, unha pelota falante. A mascota da Copa do Mundo de 2010 foi Zakumi, un leopardo de cabelos verdes, vestido cunha camisola branca coas letras "SOUTH AFRICA 2010" e pantalóns verde. O seu nome procede de "ZA", abreviación internacional para Suráfrica e "kumi", unha palabra que significa "dez" en varias linguas do país, en referencia ao ano do Mundial[5]. Para o Mundial Brasil 2014 elixiuse a Fuleco, unha mascota con forma dunha especie de armadillo vunerable endémica do nordés do Brasil.

Formato[editar | editar a fonte]

Eliminatorias[editar | editar a fonte]

Bolas e chuteiras das cinco copas vencidas polo Brasil, nunha tenda de Londres

Dende a segunda edición do torneo, e 1934, as eliminatorias teñen sido feitas para diminuír o tamaño da fase final. Estas son disputadas nas seis zonas continentais da FIFA (África, Asia, América do Norte e América Central e Caribe, Europa, Oceanía e América do Sur) organizadas polas súas respectivas confederacións. Antes de cada edición do torneo a FIFA decide cantas prazas terán dereito por cada confederación, tendo en conta factores como número de seleccións nacionais e forza de cada confederación. A presión por cada confederación por ter máis prazas tamén acostuma ser bastante común.

As eliminatorias poden comezar tres anos antes da fase final, e duran un pouco máis de dous anos. O formato de cada eliminatoria difire de acordo con cada confederación. Normalmente unha ou dúas prazas son reservadas para os gañadores de play-offs intercontinentais. Por exemplo, o campión da eliminatoria da Oceanía e o quinto colocado da América do Sur disputaran un play-off para decidir quen ficaría coa praza da fase final 2006.

Dende o mundial de 1938 ata o mundial 2002, o campión era automaticamente clasificado para a próxima Copa, sen precisar pasar polas eliminatorias das súas confederacións. Porén, a partir da edición de 2002 o campión é obrigado a clasificarse normalmente como calquera outra selección. O Brasil, vencedor en 2002, foi o primeiro campión a ter que disputar unha eliminatoria para a Copa seguinte.

A selección do pais anfitrión queda exenta igualmente da disputa destas eliminatorias. No mundial de 2002, as seleccións de Corea do Sur e Xapón foron clasificadas directamente.

Fase Final[editar | editar a fonte]

A fase final do torneo ten 32 seleccións competindo por un mes no país anfitrión. A fase final é dividida en dúas fases: a fase de grupos e a fase de eliminatorias.

Na primeira fase (grupos) as seleccións son colocadas en oito grupos de catro participantes. Oito seleccións son cabeza de serie de cada grupo (as seleccións consideradas máis fortes) e as outras son sorteadas. Desde 1998 o sorteo é feito evitando que máis dúas seleccións europeas e máis dunha selección da mesma confederación fiquen no mesmo grupo. Na fase de grupos cada selección xoga unha partida contra as seleccións de seu grupo, e as dúas que máis puntuaran se clasifican para a fase de eliminatoria. Desde 1994 a vitoria nun partido vale tres puntos, o empate un e a derrota ningún. Antes, cada vitoria valía dous puntos.

A fase seguinte é unha fase de eliminación rápida. Cada selección xoga unicamente un partido en cada división da fase (oitavos de final, cuartos de final, semi-final e final) e o vencedor pasa para a próxima eliminatoria. En caso de empate no tempo normal o xogo é levado para a prórroga e en caso de empate da mesma hai a disputa de penaltis. As dúas seleccións eliminadas da semi-final fan un partido antes da final para decidir o terceiro e cuarto lugar.

Selección das sedes[editar | editar a fonte]

Mapa das sedes da Copa do Mundo

Nas primeiras edicións as sedes era foron escollidas en encontros nos congresos da FIFA. As designacións eran sempre polémicas debido a longa viaxe da América do Sur a Europa (e viceversa), as dúas grandes potencias futbolísticas da época (e aínda hoxe). A decisión da primeira Copa de ser no Uruguai, por exemplo, levou a participación de soamente catro seleccións europeas. As dúas Copas seguintes foron na Europa. A decisión de designa-la sede de Francia fora outra grande polémica, xa que os países americanos desexaban un sistema rotativo de sedes. Ou sexa, unha edición na Europa e a seguinte na América do Sur. Como o de 1934 fora na Italia, a sede da edición de 1938 tería que ser teoricamente na América do Sur, o que de feito non ocorreu. Iso fixo que tanto o Uruguai e a Arxentina boicoteasen o torneo. Despois da Segunda Guerra Mundial para evitar calquera tipo de boicot ou controversia a FIFA adoptou a rotación das sedes entre a América e a Europa, que foi usado ata o 1998. A edición de 2002, que tivo como sede tanto Xapón como Corea do Sur foi a primeira sede fora deses dous continentes. Xa a edición de 2010 será a primeira na África, en Sudáfrica.

En 2003 foi decidido que no 2014 será na América Latina. Ningún país a non se-lo Brasil manifestou interese pola candidatura. O país, de feito, foi sinalado por moitos veciños continentais como a única opción viable para a sede do torneo no continente.

O sistema de elección da sede evolucionou ao longo dos tempos, sendo hoxe escollido polo comité executivo da FIFA, seis anos antes da Copa.

Cobertura dos medios de comunicación[editar | editar a fonte]

A primeira Copa do mundo a ser televisada foi a edición de 1954. Hoxe o evento é a competición deportiva máis seguida en todo o mundo, pasando os Xogos Olímpicos. A audiencia total de 2002 foi estimada en 28.800 millóns de telespectadores, dos que 1.100 millóns presenciaron a final. O sorteo, que decidiu a distribución das seleccións nos grupos, foi visto por máis de 300 millóns de persoas. Cada Copa do mundo ten como símbolo unha mascota. Willie foi a primeira, en 1966. As mascotas de 2006 son Goleo, un león, e Pille, unha bola de fútbol.

Primeira participación[editar | editar a fonte]

En cada Copa do mundo polo menos unha selección participa na competición por primeira vez:

Ano Selección
1930 Arxentina Arxentina Bélxica Bélxica Bolivia Bolivia Brasil Brasil Chile Chile Estados Unidos Estados Unidos Francia Francia Iugoslavia Iugoslavia (1) México México Paraguai Paraguai Perú Perú Romanía Romanía Uruguai Uruguai
1934 Austria Austria Chequia República Checa (2) Exipto Exipto Alemaña Alemaña(4) Hungría Hungría Italia Italia Países Baixos Países Baixos España (1931-1939) España Suecia Suecia Suíza Suíza
1938 Cuba Cuba Indonesia Indonesia(5) Noruega Noruega Polonia Polonia
1950 Inglaterra Inglaterra
1954 Corea do Sur Corea do Sur Escocia Escocia Turquía Turquía Alemaña Occidental Alemaña Occidental(4)
1958 Irlanda do Norte Irlanda do Norte Unión Soviética Unión Soviética(3) Gales Gales
1962 Bulgaria (1946-1967) Bulgaria Colombia Colombia
1966 Corea do Norte Corea do Norte Portugal Portugal
1970 O Salvador O Salvador Israel Israel Marrocos Marrocos
1974 Australia Australia Alemaña Oriental Alemaña Oriental Haití (1964-1986) Haití Zaire Zaire(6)
1978 Irán Irán Tunisia Tunisia
1982 Alxeria Alxeria Camerún Camerún Honduras Honduras Kuwait Kuwait Nova Zelandia Nova Zelandia
1986 Canadá Canadá Dinamarca Dinamarca Iraq Iraq
1990 Costa Rica Costa Rica Irlanda Irlanda Emiratos Árabes Unidos Emiratos Árabes Unidos
1994 Alemaña Alemaña(4) Grecia Grecia Nixeria Nixeria Rusia Rusia(3) Arabia Saudita Arabia Saudita
1998 Croacia Croacia(1) Xamaica Xamaica Xapón Xapón Suráfrica Suráfrica Iugoslavia Iugoslavia(1)
2002 China China Ecuador Ecuador Senegal Senegal Eslovenia Eslovenia(1)
2006 Angola Angola Costa do Marfil Costa do Marfil Chequia República Checa(2) Ghana Ghana Serbia e Montenegro Serbia e Montenegro(1) Togo Togo Trindade e Tobago Trindade e Tobago Ucraína Ucraína(3)
2010 Eslovaquia Eslovaquia(2)
2014 Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina(1)
(1):O Reino da Iugoslavia (1930) e a República Socialista Federal da Iugoslavia (1950-1990) clasificáranse oito veces para a Copa do mundo co nome de Iugoslavia antes da separación das repúblicas en 1992. Esa selección é considerada distinta da que se clasificou en 98, tamén Iugoslavia. Tal selección é considerada a predecesora da selección de Serbia e Montenegro. En 2006 participa a selección de Serbia e Montenegro representando aos territorios que xa se separaran debido ao plebiscito de segregación do Montenegro, polo que nas seguintes Copas do mundo xa actuarán como combinados diferentes. O mesmo caso aplícase ás outras nacións resultantes do proceso de separación: Croacia, Eslovenia, Bosnia e Herzegovina e República da Macedonia.
(2):A Checoslovaquia foi divida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas selección formadas a partir de entón son consideradas distintas da Checoslovaquia.
(3):A URSS foi disolvida en 1991. As 15 repúblicas que formaban as Repúblicas Soviéticas hoxe son consideradas distintas da URSS.
(4):Despois da II Guerra Mundial, a Alemaña foi dividida en Alemaña Occidental e Alemaña Oriental, competindo separadamente de 1949 a 1990, ano no que houbo a reunificación. A Alemaña reunificada clasificouse para súa primeira Copa en 1994. Oficialmente a FIFA incluíu os resultados da Alemaña Occidental, que se clasificou de 1954 a 1990, para a Alemaña, xa que estas tiñan a mesma confederación e ambas representaban a "República Federal Alemá".
(5): Indonesia competiu como as Indias Orientais Holandesas en 1938.
(6):A República Democrática do Congo competiu como Zaire en1974.

Mundiais[editar | editar a fonte]

Ano Sede Final Disputa do 3º lugar
Vencedor Marcador Subcampión 3º lugar Marcador 4º lugar
1930
Detalles
Uruguai Flag of Uruguay.svg
Uruguai
4 - 2 Flag of Argentina.svg
Arxentina
US flag 48 stars.svg
Estados Unidos
Flag of the Kingdom of Yugoslavia.svg
Iugoslavia
s/d(1)
1934
Detalles
Italia Flag of Italy (1861-1946) crowned.svg
Italia
2 - 1
prorr.
Flag of the Czech Republic.svg
República Checa
Flag of German Reich (1935–1945).svg
Alemaña
3 - 2 Flag of Austria.svg
Austria
1938
Detalles
Francia Flag of Italy (1861-1946) crowned.svg
Italia
4 - 2 Flag of Hungary (1920–1946).svg
Hungría
Flag of Brazil.svg
Brasil
4 - 2 Flag of Sweden.svg
Suecia
1942 ---- NON HOUBO
1946 ---- NON HOUBO
1950
Detalles
Brasil Flag of Uruguay.svg
Uruguai
s/d(2) Flag of Brazil.svg
Brasil
Flag of Sweden.svg
Suecia
s/d(2) Flag of Spain (1945 - 1977).svg
España
1954
Detalles
Suíza Flag of Germany.svg
Alemaña Occidental
3 - 2 Flag of Hungary.svg
Hungría
Flag of Austria.svg
Austria
3 - 1 Flag of Uruguay.svg
Uruguai
1958
Detalles
Suecia Flag of Brazil.svg
Brasil
5 - 2 Flag of Sweden.svg
Suecia
Flag of France.svg
Francia
6 - 3 Flag of Germany.svg
Alemaña Occidental
1962
Detalles
Chile Flag of Brazil.svg
Brasil
3 - 1 Flag of the Czech Republic.svg
Checoslovaquia
Flag of Chile.svg
Chile
1 - 0 Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
1966
Detalles
Inglaterra Flag of England.svg
Inglaterra
4 - 2
prorr.
Flag of Germany.svg
Alemaña Occidental
Flag of Portugal.svg
Portugal
2 - 1 Flag of the Soviet Union.svg
URSS
1970
Detalles
México Flag of Brazil.svg
Brasil
4 - 1 Flag of Italy.svg
Italia
Flag of Germany.svg
Alemaña
1 - 0 Flag of Uruguay.svg
Uruguai
1974
Detalles
Alemaña Federal Flag of Germany.svg
Alemaña Occidental
2 - 1 Flag of the Netherlands.svg
Países Baixos
Flag of Poland.svg
Polonia
2 - 1 Flag of Brazil.svg
Brasil
1978
Detalles
Arxentina Flag of Argentina.svg
Arxentina
3 - 1
prorr.
Flag of the Netherlands.svg
Países Baixos
Flag of Brazil.svg
Brasil
2 - 1 Flag of Italy.svg
Italia
1982
Detalles
España Flag of Italy.svg
Italia
3 - 1 Flag of Germany.svg
Alemaña Occidental
Flag of Poland.svg
Polonia
3 - 2 Flag of France.svg
Francia
1986
Detalles
México Flag of Argentina.svg
Arxentina
3 - 2 Flag of Germany.svg
Alemaña Occidental
Flag of France.svg
Francia
4 - 2
prorr.
Flag of Belgium.png
Bélxica
1990
Detalles
Italia Flag of Germany.svg
Alemaña Occidental
1 - 0 Flag of Argentina.svg
Arxentina
Flag of Italy.svg
Italia
2 - 1 Flag of England.svg
Inglaterra
1994
Detalles
Estados Unidos Flag of Brazil.svg
Brasil
0 - 0
(3 - 2) p.
Flag of Italy.svg
Italia
Flag of Sweden.svg
Suecia
4 - 0 Flag of Bulgaria.svg
Bulgaria
1998
Detalles
Francia Flag of France.svg
Francia
3 - 0 Flag of Brazil.svg
Brasil
Flag of Croatia.svg
Croacia
2 - 1 Flag of the Netherlands.svg
Países Baixos
2002
Detalles
Corea do Sur e Xapón Flag of Brazil.svg
Brasil
2 - 0 Flag of Germany.svg
Alemaña
Flag of Turkey.svg
Turquía
3 - 2 Flag of South Korea.svg
Corea do Sur
2006
Detalles
Alemaña Flag of Italy.svg
Italia
1 - 1
(5 - 3) p.
Flag of France.svg
Francia
Flag of Germany.svg
Alemaña
3 - 1 Flag of Portugal.svg
Portugal
2010
Detalles
Sudáfrica Flag of Spain.svg
España
1 - 0 Flag of the Netherlands.svg
Países Baixos
Flag of Germany.svg
Alemaña
3 - 2 Flag of Uruguay.svg
Uruguai
2014
Detalles
Brasil
2018
Detalles
Rusia
2022
Detalles
Qatar
1 Non houbo disputa de terceiro lugar oficial na Copa do mundo de 1930; Os Estados Unidos e a Iugoslavia perderan nas semifinais.
2 Non houbo unha final oficial na Copa do mundo de 1950. O torneo foi decidido nun grupo final disputado por catro seleccións. Con todo, a vitoria do Uruguai sobre o Brasil por 2 a 1 foi o partido decisivo e que colocou os uruguaios á fronte en puntos e aseguroulles terminar por riba dos outros do grupo como campións mundiais. Tampouco houbo disputa do terceiro e carto posto, e tamén no último partido a vitoria da Suecia por 3 a 1 foi definitiva para acadar ese terceiro posto

Goleadores[editar | editar a fonte]

En varias edicións[editar | editar a fonte]

Os máximos goleadores das Copas do Mundo son:

Xogador Selección Goles
Flag of Brazil.svg Ronaldo Brasil 15
Flag of Germany.svg Miroslav Klose Alemaña 14
Flag of Germany.svg Gerd Müller Alemaña Federal 14
Flag of France.svg Just Fontaine Francia 13
Flag of Brazil.svg Pelé Brasil 12
Flag of Germany.svg Jürgen Klinsmann Alemaña 11
Flag of Hungary.svg Sándor Kocsis Hungría 11
Flag of Argentina.svg Gabriel Batistuta Arxentina 10
Flag of Peru.svg Teófilo Cubillas Perú 10
Flag of England.svg Gary Lineker Inglaterra 10
Flag of Poland.svg Grzegorz Lato Polonia 10
Flag of Germany.svg Helmut Rahn Alemaña Federal 10
Flag of Brazil.svg Ademir (1) Brasil 9
Flag of Italy.svg Roberto Baggio Italia 9
Flag of Portugal.svg Eusébio Portugal 9
Flag of Brazil.svg Jairzinho Brasil 9
Flag of Italy.svg Paolo Rossi Italia 9
Flag of Germany.svg Karl-Heinz Rummenigge Alemaña Federal 9
Flag of Germany.svg Uwe Seeler Alemaña Federal 9
Flag of Brazil.svg Vavá Brasil 9
Flag of Italy.svg Christian Vieri Italia 9
Flag of Argentina.svg Diego Armando Maradona Arxentina 8
Flag of Argentina.svg Guillermo Stábile Arxentina 8
Flag of Brazil.svg Leônidas Brasil 8
Flag of Uruguay.svg Oscar Míguez Uruguai 8
Flag of Brazil.svg Rivaldo Brasil 8
Flag of Germany.svg Rudi Völler Alemaña Federal 8
Flag of Spain.svg David Villa España 8
1 Hai discusións en canto ao número de goles que anotou o brasileiro Ademir Menezes en 1950, debido a falta de datos con respecto ao partido do cuadrangular final entre Brasil e España (6:1). O primeiro gol fora considerado como autogol do defensa español Parra e o quinto gol brasileiro fora anotado por Jair. Porén, a FIFA acreditou recentemente que ambos goles foran marcados por Ademir, o que o converte no goleador do Mundial de 1950 con 9 anotacións.

Jairzinho (Brasil) fixo goles en tódolos partidos que xogou a selección brasileira en Mexico 1970.

Ghiggia (Uruguai) fixo goles en tódolos partidos que xogou a selección uruguaia en Brasil 1950.

Para este listado téñense en conta tódolos goles convertidos polo xogador nas diferentes versións da Copa do mundo en que participase, o máximo goleador nun so mundial é o francés Just Fontaine ao anotar 13 goles na Suecia.

O gol número dous mil na historia dos mundiais foi anotado polo sueco Marcus Allbäck durante a Copa do mundo de 2006, nun enfrontamento ante a Inglaterra o día 20 de xuño.

Nunha soa edición[editar | editar a fonte]

O premio Bota de Ouro Adidas entrégase dende 1982 ao máximo goleador de cada torneo. Os máximos goleadores de cada Copa do mundo dende 1930 aparecen na seguinte táboa, desde 1982, os gañadores reciben o trofeo da Bota de Ouro.

Copa mundial Goleador Goles
Flag of Uruguay.svg
Uruguai 1930
Flag of Argentina.svg Guillermo Stábile (Arxentina) 8
Italy flag 1861.png
Italia 1934
Flag of the German Empire.svg Edmund Conen (Alemaña)
Flag of the Czech Republic.svgOldřich Nejedlý (Checoslovaquia)
Italy flag 1861.png Angelo Schiavio (Italia)
4(1)
Flag of France.svg
Francia 1938
Flag of Brazil.svg Leônidas (Brasil) 8
Flag of Brazil.svg
Brasil 1950
Flag of Brazil.svg Ademir (Brasil) 9
Flag of Switzerland.svg
Suíza 1954
Flag of Hungary.svg Sándor Kocsis (Hungría) 11
Flag of Sweden.svg
Suecia 1958
Flag of France.svg Just Fontaine (Francia) 13
Flag of Chile.svg
Chile 1962
Flag of Brazil.svg Garrincha (Brasil)
Flag of Brazil.svg Vavá (Brasil)
Flag of Hungary.svg Flórián Albert (Hungría)
Flag of the Soviet Union.svg Valentin Kozmich Ivanov (URSS)
Flag of Serbia and Montenegro.svg Drazen Jerkovic (Iugoslavia)
Flag of Chile.svg Leonel Sánchez (Chile)
4
Flag of England.svg
Inglaterra 1966
Flag of Portugal.svg Eusébio (Portugal) 9
Flag of Mexico.svg
México 1970
Flag of Germany.svg Gerd Müller (Alemaña Federal) 10
Flag of Germany.svg
Alemaña Federal 1974
Flag of Poland.svg Grzegorz Lato (Polonia) 7
Flag of Argentina.svg
Arxentina 1978
Flag of Argentina.svg Mario Kempes (Arxentina) 6
Gañadores da Bota d’Ouro Adidas
Flag of Spain.svg
España 1982
Flag of Italy.svg Paolo Rossi (Italia) 6
Flag of Mexico.svg
México 1986
Flag of England.svg Gary Lineker (Inglaterra) 6
Flag of Italy.svg
Italia 1990
Flag of Italy.svg Salvatore Schillaci (Italia) 6
Flag of the United States.svg
Estados Unidos 1994
Flag of Russia.svg Oleg Salenko (Rusia)
Flag of Bulgaria.svg Hristo Stoitchkov (Bulgaria)
6
Flag of France.svg
Francia 1998
Flag of Croatia.svg Davor Šuker (Croacia) 6
Flag of South Korea.svg Flag of Japan.svg
Corea/Xapón 2002
Flag of Brazil.svg Ronaldo (Brasil) 8
Flag of Germany.svg
Alemaña 2006
Flag of Germany.svg Miroslav Klose (Alemaña) 5
Flag of South Africa.svg
Suráfrica 2010
Flag of Germany.svg Thomas Müller (Alemaña) 5
Flag of Brazil.svg
Brasil 2014
Flag of Russia.svg
Rusia 2018
Flag of Qatar.svg
Qatar 2022
1 Algunhas fontes aseguran que Nejedlý anotou cinco goles, o que o convertería no goleador exclusivo. Con todo, a FIFA considera que anotou so catro goles.

Táboa estatística de fases finais[editar | editar a fonte]

A táboa estatística dos Mundiais de Fútbol presenta os datos das 75 seleccións nacionais de fútbol que participaron nas 18 Copas do mundo realizadas pola FIFA, entre 1930 e 2006.

Esta táboa ordena ás seleccións asignándolles unha posición seral baseándose en tres criterios:

  1. Puntos obtidos. Outórganse 3 puntos por vitoria, 1 por empate y ningún por derrota. Este criterio é utilizado para tódolos partidos ao longo do torneo, a pesar de que foi establecido pola FIFA dende 1994.
  2. Maior diferencia de goles
  3. Maior cantidade de goles obtidos.

Táboa estatística de fases finais[editar | editar a fonte]

Equipo PM Resultados Participación
Pts PX PG PE PP Rnd GF:GC 30 34 38 50 54 58 62 66 70 74 78 82 86 90 94 98 02 06 10
Flag of Brazil.svg Brasil 18 206 92 64 14 14 75% 201:84 14º Star Ouro.svg Star Ouro.svg 11º Star Ouro.svg Star Ouro.svg Star Ouro.svg
Flag of Germany.svg Alemaña[6] 16 182 92 54 20 18 66% 190:112 10º Star Ouro.svg Star Ouro.svg Star Ouro.svg
Flag of Italy.svg Italia 16 151 77 44 19 14 65% 122:70 Star Ouro.svg Star Ouro.svg 10º 10º Star Ouro.svg 12º 15º Star Ouro.svg
Flag of Argentina.svg Arxentina 14 112 65 33 13 19 57% 113:73 13º 10º Star Ouro.svg 11º Star Ouro.svg 10º 18º
Flag of England.svg Inglaterra 12 93 55 25 18 12 56% 74:47 11º Star Ouro.svg
Flag of France.svg Francia 12 85 51 25 10 16 56% 95:64 13º 12º Star Ouro.svg 28º
Flag of Spain.svg España 12 78 49 22 12 15 53% 80:57 12º 10º 10º 12º 10º 17º Star Ouro.svg
Flag of Sweden.svg Suecia 11 61 46 16 13 17 44% 74:69 13º 21º 13º 14º
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 8 58 36 16 10 10 54% 59:38 14º 15º 11º
10º Flag of Russia.svg Rusia[7] 9 57 37 17 6 14 51% 64:44 10º 17º 18º 22º
11º Flag of Serbia.svg Serbia[8] 10 56 40 16 8 16 47% 62:55 16º 10º 32º
12º Flag of Uruguay.svg Uruguai 10 55 40 15 10 15 46% 65:57 Star Ouro.svg Star Ouro.svg 13º 13º 16º 16º 26º
13º Flag of Poland.svg Polonia 7 50 31 15 5 11 54% 44:40 11º 14º 25º 21º
14º Flag of Hungary.svg Hungría 9 48 32 15 3 14 50% 87:57 10º 15º 14º 18º
15º Flag of Mexico.svg México 13 45 44 11 12 21 34% 48:84 13º 12º 13º 16º 11º 12º 16º 13º 13º 11º 15º
16º Flag of the Czech Republic.svg República Checa[9] 9 41 33 12 5 16 41% 47:49 14º 15º 19º 19º
17º Flag of Austria.svg Austria 7 40 29 12 4 13 46% 43:47 15º 18º 23º
18º Flag of Belgium.svg Bélxica 11 39 36 10 9 17 36% 46:63 11º 15º 13º 12º 10º 10º 11º 11º 19º 14º
19º Flag of Portugal.svg Portugal 4 34 19 11 1 7 60% 32:21 17º 21º
20º Flag of Romania.svg Romenia 7 29 21 8 5 8 46% 30:33 12º 10º 12º 11º
21º Flag of Switzerland.svg Suíza 8 28 26 8 4 14 36% 37:51 16º 16º 15º 10º
22º Flag of Chile.svg Chile 7 27 25 7 6 12 36% 31:40 13º 11º 22º 16º
23º Flag of Paraguay.svg Paraguai 7 25 22 6 7 9 38% 27:36 11º 12º 13º 14º 16º 18º
24º Flag of Denmark.svg Dinamarca 3 23 13 7 2 4 59% 24:18 10º
25º Flag of the United States.svg Estados Unidos 8 21 25 6 3 16 28% 27:51 16º 10º 23º 14º 32º 25º
26º Flag of Croatia.svg Croacia 3 20 13 6 2 5 51% 15:11 23º 22º
27º Flag of Scotland.svg Escocia 8 19 23 4 7 12 28% 25:41 15º 14º 11º 15º 19º 18º 27º
28º Flag of South Korea.svg Corea do Sur 7 19 24 4 7 13 26% 22:53 16º 20º 22º 20º 30º 17º
29º Flag of Cameroon.svg Camerún 4 17 14 4 5 5 40% 13:24 17º 22º 25º 20º
30º Flag of Bulgaria.svg Bulgaria 7 17 26 3 8 15 22% 22:53 15º 15º 13º 12º 15º 29º
31º Flag of Turkey.svg Turquía 2 16 10 5 1 4 53% 20:17 11º
32º Flag of Peru.svg Perú 4 15 15 4 3 8 33% 19:31 10º 20º
33º Flag of Ireland.svg Irlanda 3 14 13 2 8 3 36% 10:10 16º 12º
34º Ulster banner.svg Irlanda do Norte 3 14 13 3 5 5 36% 13:23 21º
35º Flag of Nigeria.svg Nixeria 3 13 11 4 1 6 39% 14:16 12º 27º
36º Flag of Colombia.svg Colombia 4 11 13 3 2 8 28% 14:23 14º 14º 19º 21º
37º Flag of Morocco.svg Marrocos 4 10 13 2 4 7 26% 12:18 14º 11º 23º 18º
38º Flag of Costa Rica.svg Costa Rica 3 10 10 3 1 6 33% 12:21 13º 19º 31º
39º Flag of Norway.svg Noruega 3 9 8 2 3 3 38% 7:8 12º 17º 15º
39º Flag of Ecuador.svg Ecuador 2 9 7 3 0 4 43% 7:8 24º 12º
41º Flag of Senegal.svg Senegal 1 8 5 2 2 1 53% 7:6
42º Flag of East Germany.svg Alemaña Oriental 1 8 6 2 2 2 44% 5:5
43º Flag of Japan.svg Xapón 3 8 10 2 2 6 27% 8:14 31º 29º
44º Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudí 4 8 13 2 2 9 21% 9:32 12º 28º 32º 28º
45º Flag of Ukraine.svg Ucraína 1 7 5 2 1 2 47% 5:7
46º Flag of Algeria.svg Alxeria 2 7 6 2 1 3 39% 6:10 13º 22º
47º Flag of Tunisia.svg Tunisia 4 7 12 1 4 7 19% 8:17 26º 29º 24º
48º Flag of Australia.svg Australia 3 7 10 1 4 5 23% 7:16 14º 16º
49º Flag of Wales.svg Gales 1 6 5 1 3 1 40% 4:4
50º Flag of Ghana.svg Ghana 1 6 4 2 0 2 50% 4:6 13º
51º Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2 6 6 1 3 2 33% 8:11 24º 17º
52º Flag of Iran.svg Irán 3 5 9 1 2 6 19% 6:18 14º 20º 26º
53º Flag of North Korea.svg Corea do Norte 1 4 4 1 1 2 33% 5:9
54º Flag of Cuba.svg Cuba 1 4 3 1 1 1 44% 5:12
55º Flag of Côte d'Ivoire.svg Costa de Marfil 1 3 3 1 0 2 33% 5:6 20º
56º Flag of Jamaica.svg Xamaica 1 3 3 1 0 2 33% 3:9 22º
57º Flag of Honduras.svg Honduras 1 2 3 0 2 1 22% 2:3 18º
58º Flag of Angola.svg Angola 1 2 3 0 2 1 22% 1:2 23º
59º Flag of Israel.svg Israel 1 2 3 0 2 1 22% 1:3 12º
60º Flag of Egypt.svg Exipto 2 2 4 0 2 2 17% 3:6 13º 20º
61º Flag of Kuwait.svg Kuwait 1 1 3 0 1 2 11% 2:6 21º
62º Flag of Trinidad and Tobago.svg Trindade e Tobago 1 1 3 0 1 2 11% 0:4 27º
63º Flag of Bolivia.svg Bolivia 3 1 6 0 1 5 6% 1:20 12º 13º 21º
64º Flag of Iraq.svg Iraq 1 0 3 0 0 3 0% 1:4 23º
65º Flag of Slovenia.svg Eslovenia 1 0 3 0 0 3 0% 2:7 30º
66º Flag of Togo.svg Togo 1 0 3 0 0 3 0% 1:6 30º
67º Flag of Canada.svg Canadá 1 0 3 0 0 3 0% 0:5 24º
68º Flag of Indonesia.svg Indonesia[10] 1 0 1 0 0 1 0% 0:6 15º
69º Flag of the United Arab Emirates.svg Emirados Árabes 1 0 3 0 0 3 0% 2:11 24º
70º Flag of the People's Republic of China.svg China 1 0 3 0 0 3 0% 0:9 31º
71º Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia 1 0 3 0 0 3 0% 2:12 23º
72º Flag of Greece.svg Grecia 1 0 3 0 0 3 0% 0:10 24º
73º Flag of Haiti.svg Haití 1 0 3 0 0 3 0% 2:14 15º
74º Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg R.D. do Congo[11] 1 0 3 0 0 3 0% 0:14 16º
75º Flag of El Salvador.svg O Salvador 2 0 6 0 0 6 0% 1:22 16º 24º

Simboloxía[editar | editar a fonte]

  • PM: Participacións en Copas Mundiais
  • PX: Partidos xogados
  • PG: Partidos gañados
  • PE: Partidos empatados
  • PP: Partidos perdidos
  • Rnd: Rendimento (porcentaxe de puntos obtidos do total dos disputados)
  • GF: Goles a favor
  • GC: Goles en contra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. fifa.com: 'bonde dos'Mascotes de la Copa Mundial de la FIFA (arquivo)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Laurent Campistron, « Mascottes, un vrai « bide-parade » », France Football, nº 3347, 1 de xuño de 2010, p. 74 e 75
  3. as.com: Naranjito, la mascota que cumple 25 años (arquivo)
  4. fifa.com: Les "Spheriks™", mascottes officielles de la Coupe du Monde de la FIFA 2002 (arquivo)
  5. globoesporte.globo.com: Leopardo Zakumi é o mascote da Copa do Mundo de 2010 na África do Sul (arquivo)
  6. Inclúe as participacións da selección de Flag of Germany.svg Alemaña Federal
  7. Inclúe as participacións da selección da Flag of the Soviet Union.svg URSS
  8. Inclúe as participacións da selección de Flag of SFR Yugoslavia.svg Iugoslavia e de Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro
  9. Inclúe as participacións da selección de Flag of the Czech Republic.svg Checoslovaquia
  10. Inclúe as participacións da selección das Flag of the Netherlands.svg Indias Orientais Holandesas
  11. Inclúe as participacións da selección de Flag of Zaire.svg Zaire


Xogadores galegos en fases finais[editar | editar a fonte]

Luis Suárez Miramontes.

As participacións de xogadores galegos en fases finais dos Mundiais de Fútbol resultan escasas e limítanse case exclusivamente ás participacións coa selección española de fútbol.

Chegaron a vestir a camisola española na Copa do Mundo un total de dez xogadores. A primeira destas participacións produciuse no Mundial de Italia de 1934 edición na que Chacho interviu nun encontro. Habería que agardar ata o Mundial de Chile de 1962 para encontrármonos con novas participacións galegas, sendo Luis Suárez titular en dous xogos e noutro Reija. Catro anos máis tarde, no Mundial de Inglaterra de 1966, produciuse a maior participación ata agora de xogadores galegos coa selección española, con cinco xogadores que participaron nun total de tres xogos. No primeiro deles participou Luis Suárez e Ufarte (nacido en Pontevedra, mais viviu de novo no Brasil, país onde se iniciou no fútbol), no segundo repetiu Suárez xunto con Reija e Amancio e xa por fin, no terceiro dos encontros, repetiron Reija e Amancio, e uníuselles Marcelino.

Doce anos máis tarde, no Mundial da Arxentina de 1978, Miguel Ángel foi o porteiro titular de España. No Mundial de México de 1986 participou Tomás Reñones e en 1994 no Mundial dos Estados Unidos foi Xurxo Otero o que xogou coas cores españolas. No Mundial da Alemaña de 2006 Michel Salgado converteuse no décimo galego en participar como xogador nunha Copa do Mundo de fútbol coa selección española.

Ademais destes xogadores Acuña e Jiménez foran convocados para o Mundial do Brasil de 1950 e o de España de 1982 respectivamente, se ben ningún deles chegou a participar en ningún xogo.

A única participación dun galego nunha fase final do Mundial cunha selección que non fora a española é a de Ricardo Cabanas (galego de orixe mais de nacionalidade suíza), quen conseguiu chegar aos oitavos de final coa selección suíza no Mundial da Alemaña de 2006. De orixe galega, recoñecida en diversas entrevistas de prensa deportiva [1], Ricardo Rodríguez, participou na edición do Mundial de Brasil superando a súa selección a fase de grupos.

Como adestrador Luis Suárez dirixiu á selección española de fútbol no Mundial de Italia de 1990.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Copa do Mundo de Fútbol