Henry Kissinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Henry Alfred Kissinger")
Henry Kissinger
Nobel prize medal.svg
Henry Kissinger
Kissinger no 2009.
Nacemento: 27 de maio de 1923 (91 anos)
Fürth, Bavaria, Alemaña Alemaña
Nacionalidade: Estadounidense
Ocupación: Diplomático e científico político
Cónxuxe(s): Ann Fleischer (1949–1964)
Nancy Maginnes (1974–presente)
Sinatura: Henry Kissinger Signature 2.svg

Henry Alfred Kissinger, nado Heinz Alfred Kissinger en Fürth o 27 de maio de 1923, é un diplomático estadounidense que tivo un papel importante na política estranxeira dos EUA entre 1968 e 1976.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henry Kissinger

En 1938, debido ás persecucións anti-semitas na Alemaña nazi, emigra cos seus pais para os EUA, obtendo a cidadanía estadounidense o 19 de xuño de 1943.

Despois de servir na Segunda Guerra Mundial, fixo o seu doutoramento pola Harvard en 1954, converténdose imediatamente en instrutor na mesma universidade. Despois dalgúns anos, obtivo o título de profesor.

Kissinger foi conselleiro para a política estranxeira de tódolos presidentes dos Estados Unidos de Eisenhower a Gerald Ford, sendo o secretario de Estado, conselleiro político e confidente de Richard Nixon.

En 1973 gañou, con Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz, polo seu papel na obtención do acordo de cesamento do fogo na Guerra de Vietnam. Le Duc Tho rexeitou o premio.

Henry Kissinger estivo envolto nunha intensa actividade diplomática con China, Vietnam, a URSS e con África. Algúns dos críticos de Kissinger acúsano de ter cometido crimes de guerra durante a súa longa estadía no goberno, como dar luz verde para a invasión indonesia de Timor (1975), e ós golpes de estado en Chile e Uruguai (1973); ditos críticos son, entre outros, o xornalista Christopher Hitchens (no libro The Trial of Henry Kissinger) e o analista Daniel Ellsberg (no libro Secrets). Malia que esas alegacións non teñen sido probadas nunha corte de xustiza, considérase perigoso para Kissinger entrar en diversos países de Europa e de América do Sur.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Nuclear Weapons and Foreign Policy (1957)
  • A World Restored (1957)
  • The White House Years (1979)
  • Years of Upheaval (1982)
  • Diplomacy (1994).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Holger Klitzing: The Nemesis of Stability. Henry A. Kissinger's Ambivalent Relationship with Germany. WVT, Trier 2007, ISBN 978-3-88476-942-3.
  • Robert D. Schulzinger: Henry Kissinger. Doctor of diplomacy. Columbia Univ. Pr., New York 1989, ISBN 0-231-06952-9.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Henry Kissinger
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Henry Kissinger