Volker Schlöndorff
| Os títulos de obras literarias, musicais, filmes etc., contidos neste artigo, deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Volker Schlöndorf, nado en Wiesbaden (Hessen) o 31 de marzo de 1939, é un director de cine, guionista, produtor, documentalista, e actor alemán. Está considerado un dos directores clave do denominado novo cine alemán, movemento no que introduciu moitas das características aprendidas da Nouvelle Vague.
Índice |
Biografía [editar]
Deixou a casa dos seus pais para ir a un internado xesuíta na Bretaña francesa con intención de que aprendese francés durante un par de meses. quedou tres anos alí. Iniciaría a súa carreira cinematográfica en París, onde se mudou coa súa familia cando tiña dezasete anos.
Estudou ciencia política e económica na Sorbona e dirección en IDHEC, a famosa escola de cine, e comezou a súa carreira profesional durante 1960 como asistente de dirección en varias películas da Nouvelle Vague: con Alain Resnais na súa coñecida película O ano pasado en Marienbad (1961), Louis Malle en Unha vida privada (1962), O lume fatuo ou ¡Viva María!, ou Jean-Pierre Melville en O confidente (1962).
A súa primeira película foi unha curtametraxe rodada en 1965, Wen Kummert's, que foi prohibido en Francia porque trataba sobre a guerra de Alxeria. Dirixiu en 1966 O mozo Törless, adaptación da novela que 60 anos antes realizase Robert Musil. Esta película recibiu o premio FIPRESCI no Festival de Cannes así como os Premios do Cine Alemán de mellor película, guión e director e converténdose nun dos punteiros, xunto a Fassbinder ou Herzog, do novo cine alemán.
Posteriormente filmou un episodio da película Der Paunkenspieler (1967), Mord und Totschlag (1967), película que contaba co protagonismo dunha das musas dos Rolling Stones, Anita Pallenberg, quen tamén aparecía en O rebelde (1969), un filme ambientado na Idade Media.
Estivo casado coa actriz, guionista e directora Margarethe von Trotta.
Entre os numerosos premios que recibiu a súa obra destacan o Oscar á mellor película estranxeira e a Palma de Ouro no Festival de Cine de Cannes logrados por O tambor de folladelata (1979), baseada na novela orixinal de Günter Grass.
Schlöndorff adopta diferentes estilos de novela para as súas películas que xeralmente se comprometen co tema da as políticas da postguerra en Alemaña. serviu tamén como Director Executivo do estudo UFA en Babelsberg.
Como autor de documentais destaca especialmente o ciclo de entrevistas que realizou a Billy Wilder en 1992: Billy Wilder, como o fixeches? e Billy Wilder fala (1996).
Filmografía [editar]
Películas dirixidas [editar]
- O noveno día (Der neunte Tag, 2004)
- Ten Minutes Older: The Cello (episodio) (2002)
- Die Stille nach dem Schuß (1999)
- Palmetto (1998)
- Der Unhold (1996)
- Homo Faber (1991)
- Die Geschichte der Dienerin (1990)
- A morte dun viaxante (Der Tod eines Handlungsreisenden, 1985)
- Krieg und Frieden (Guerra y paz, 1983)
- Un amor de Swann (Eine Liebe von Swann, 1982)
- O tambor de follalata (Die Blechtrommel, 1979)
- Deutschland im Herbst (1978)
- Der Fangschuss (1976)
- O honor perdido de Katharina Blum (Die Verlorene Ehre der Katharina Blum oder: Wie Gewalt entstehen und wohin sie führen kann, 1975)
- O xove Törless (Der junge Törless, 1966)
Guións [editar]
- Die Stille nach dem Schuß (1999)
- Der Unhold (El ogro) (1996)
- Morte de un viajante (1985)
- O amor de Swann (1984)
- Die Blechtrommel (O tambor de follalata) (1979)
- O honor perdido de Katharina Blum (1975)
- O xove Törless (1966)
Ligazóns externas [editar]
- Volker Schlöndorff na IMDb (en inglés).