Lingua turca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Turco")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Turco
Türkçe
Pronuncia: ˈtyɾct͡ʃɛ
Falado en: Turquía, Norte de Chipre, Chipre, Bulgaria, Macedonia, Grecia,[1] Acerbaixán,[2] Kosovo,[3] Romanía
Total de falantes: 70,8 millóns (2013)
Familia: Linguas túrquicas
 Linguas oghuz
  Oghuz occidental
   Turco
Escrita: Latino (alfabeto turco)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Turquía Turquía
República Turca do Norte de Chipre República Turca do Norte de Chipre[4]
Chipre Chipre [5]
Regulado por: Türk Dil Kurumu (Sociedade da lingua turca)
Códigos de lingua
ISO 639-1: tr
ISO 639-2: tur
ISO 639-3: tur
Idioma turco.png

A lingua turca, (Turkce.ogg Türkçe ) é a máis estendida das linguas túrquicas, con arredor de 10–15 millóns de falantes nativos no sueste de Europa e entre 55 e 60 millóns de falantes en Asia Occidental. A lingua fálase sobre todo en Turquía, con pequenas comunidades en Alemaña, Bulgaria, Macedonia, República Turca do Norte de Chipre, Grecia, o Cáucaso, e outras partes de Europe e Asia central. Pertence á familia das linguas altaicas. As linguas máis próximas ao turco son o azerí e o turcomán.

As orixes da lingua atópanse na rexión de Altai, na estepa euroasiática, onde se coñecen os primeiros escritos que teñen uns 1.300 anos de antigüidade. No oeste, a influencia do turco otomán, a variedade do turco empregada como lingua administrativa e literaria polo Imperio Otomán, estendeuse segundo ía medrando o Imperio. En 1928, como parte das reformas Atatürk na recente República de Turquía, a escrita otomá foi substituída polo alfabeto latino.

As características distintivas do turco son a harmonía vocálica e a aglutinación. A orde básica das palabras é suxeito obxecto verbo. O turco non ten clases de nomes ou xénero gramatical. Ten un uso moi forte das fórmulas de tratamento e de cortesía. Usa o pronome de segunda persoa que distingue diferentes graos de cortesía, espacio social, idade ou familiaridade.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Linguas túrquicas e Linguas altaicas.
Inscrición en turco antigo coa escrita orkhon (século VIII). Kyzyl, Rusia.

O turco é membro da grupo de linguas oghuz, un subgrupo da familia túrquica. Existe un alto grao de intelixibilidade mutua entre o turco e outras linguas oghuz, como o azerí, o turcomán, o qashqai, o gagauz e o gagauz turco balcánico.[6] A familia túrquica comprende unhas 30 linguas, que se falan en Europa Oriental, Asia Central e Siberia. Algúns lingüístas cren que as linguas túrquicas forman parte da familia lingüística altaica.[7] Arredor do 40% de tódolos falantes de linguas túrquicas son falantes nativos do turco.[8] As características distintivas do turco, como a harmonía vocálica, a aglutinación e a carencia de xénero gramatical, son común en toda a familia túrquica.[8]

Historia[editar | editar a fonte]

Fálase dende a época medieval, cando os turcos procedentes da Asia central se instalaron en Anatolia, que entón era parte do Imperio bizantino. É oficial tamén en República Turca do Norte de Chipre. Nalgunhas zonas balcánicas fálase unha variedade coñecida como turco otomán (Osmanlı Türkçesi), que se diferenza bastante do turco de Turquía. En varios países de Europa occidental existen importantes comunidades de falantes de turco, emigradas de Turquía en datas recentes.

A lingua turca tivo varios sistemas de escritura. Escribiuse con caracteres árabes adaptados dende o século XIII ata a reforma ortográfica emprendida en 1923 polo goberno de Mustafa Kemal Atatürk, que emprendeu varias iniciativas de occidentalización do país na crenza de que iso contribuiría á súa modernización. A reforma ortográfica veu acompañada dun intento de "depuración" nacionalista, é dicir, de substituír a inxente cantidade de préstamos lingüísticos (sobre todo árabes) por vocábulos de raíz turca, obxectivo vixente hoxe en día que non cultivou os éxitos agardados.

Exemplo de texto: artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Bütün insanlar hür, haysiyet ve haklar bakımından eşit doğarlar. Akıl ve vicdana sahiptirler ve birbirlerine karşı kardeşlik zihniyeti ile hareket etmelidirler.

(Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade, dereitos, e dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. )

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

O turco é falado nativamente polo pobo turco en Turquía e pola diáspora turca en 30 países. Máis concretamente, as minorías turco-falantes existen en países que formaron parte no pasado do Imperio Otomán, como Bulgaria, Chipre, Grecia (sobre todo en Tracia Occidental), República de Macedonia, Romanía e Serbia. Máis de dous millóns de turcos viven en Alemaña, e existen comunidades turcas nos Estados Unidos, Francia, Países Baixos, Austria, Bélxica, Suíza e no Reino Unido.[9] Por mor da asimilación cultural dos inmigrantes nestes países de acollida, non tódolos turcos falan a súa lingua con fluidez.[10]

No 2005, 93% da poboación de Turquía declarábase falante nativo de turco,[11] sendo o curdo a lingua da poboación restante.[12]

Status oficial[editar | editar a fonte]

Sinal de Prizren, Kosovo. As linguas oficiais son: o albanés (enriba), o serbio (medio) e o turco (embaixo).

O turco é a lingua oficial de Turquía e é tamén unha das linguas oficiais de Chipre. Tamén ten un carácter oficial (mais non principal) no Distrito de Prizren en Kosovo e en tres concellos da República de Macedonia.

En Turquía, a sociedade reguladora da lingua é a Asociación da Lingua Turca (Türk Dil Kurumu ou TDK), que foi fundada en 1932 baixo o nome Türk Dili Tetkik Cemiyeti ("Asociación para a Investigación da Lingua Turca"). Esta asociación estivo influenciada pola ideoloxía do purismo lingüístico: unha das súas principais accións foi a substitución de préstamos e construcións gramaticais foráneas con equivalentes de orixe turco. Estes trocos, xunto coa adopción do novo alfabeto turco en 1928, deron forma á lingua turca moderna que se fala hoxe. O TDK converteuse nunha organización independente en 1951, coa supresión da obriga de que estivera presidida polo Ministro de Educación. Mantívose así até agosto de 1983, cando volveu ser unha organización do goberno segundo a constitución de 1982, produto do golpe de estado de 1980.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Muslim Minority of Greek Thrace". http://www.hri.org/MFA/foreign/musminen.htm.
  2. Taylor & Francis Group (2003). Eastern Europe, Russia and Central Asia 2004. Routledge. p. 114. ISBN 978-1-85743-187-2. http://books.google.com/?id=NI1G_9j1AhcC&pg=PT134&dq=1999+census+azerbaijan+turkish. Consultado o 26 de marzo de 2008.
  3. "Kosova: Turkish Becomes Official Language". 25 de setembro de 2006. http://www.unpo.org/article/5498. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
  4. "Constitution of Turkish Republic of Northern Cyprus". www.cypnet.co.uk. 15 de novembro de 1983. http://www.cypnet.co.uk/ncyprus/main/polsyst/constitution/. Consultado o 28 de xaneiro de 2014.
  5. "Languages of Cyprus". CIA World Factbook. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/fields/2098.html#cy. Consultado o 28 de xaneiro de 2014.
  6. "Language Materials Project: Turkish". UCLA International Institute, Center for World Languages. febreiro de 2007. http://www.lmp.ucla.edu/Profile.aspx?LangID=67&menu=004. Consultado o 26 de abril de 2007.
  7. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.) (2005). "Ethnologue: Languages of the World, Fifteenth edition. Language Family Trees – Altaic". http://www.ethnologue.com/show_family.asp?subid=90009. Consultado o 18 de marzo de 2007.
  8. 8,0 8,1 Katzner
  9. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.) (2005). "Ethnologue: Languages of the World, Fifteenth edition. Report for language code:tur (Turkish)". http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=tur. Consultado o 4 de setembro de 2011.
  10. e.g. citations given in Cindark, Ibrahim/Aslan, Sema (2004): Deutschlandtürkisch?. Institut für Deutsche Sprache, páxina 3.
  11. European Commission (2006). "Special Eurobarometer 243: Europeans and their Languages (Survey)" (PDF). Europa. http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_243_en.pdf. Consultado o 14 de febreiro de 2010.
  12. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.) (2005). "Ethnologue: Languages of the World, Fifteenth edition. Report for language code:kmr (Kurdish)". http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=kmr. Consultado o 18 de marzo de 2007.
  13. Turkish Language Association. "Türk Dil Kurumu – Tarihçe (History of the Turkish Language Association)" (en turco). Arquivado do orixinal o 16 de marzo de 2007. http://web.archive.org/web/20070316024438/http://www.tdk.gov.tr/TR/BelgeGoster.aspx?F6E10F8892433CFFAAF6AA849816B2EF2858DA18F4388CDD. Consultado o 18 de marzo de 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua turca.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • (en Turca) Türk Dilinin Etimoloji Sözlüğü (Etymological Dictionary of the Turkish Language). Sosyal Yayınları, İstanbul. 1991. ISBN 978975-7384-72-4.
  • (en Turca) Atatürk'ün Türk Dil Kurumu ve Sonrası (Atatürk's Turkish Language Association and its Legacy). Bilgi Yayınevi, Ankara. 1986. OCLC 18836678.
  • (en Turca) Arkadaş Türkçe Sözlük (Arkadaş Turkish Dictionary). Arkadaş Yayınevi, Ankara. 2004. ISBN 975-509-053-3.