Angela Merkel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angela Dorothea Merkel
Angela Merkel
Merkel en 2010

22 de novembro de 2005 – 8 de decembro de 2021
Presidente Horst Köhler
Christian Wulff
Joachim Gauck
Frank-Walter Steinmeier
Vicechanceler Guido Westerwelle
Precedido por Gerhard Schröder
Sucedido por Olaf Scholz

Ministra de Medio Ambiente, Conservación Natural e Seguridade Nuclear de Alemaña
17 de novembro de 1994 – 26 de outubro de 1998
Chanceler Helmut Kohl
Precedido por Klaus Töpfer
Sucedido por Jürgen Trittin

18 de xaneiro de 1991 – 17 de novembro de 1994
Precedido por Ursula Lehr
Sucedido por Claudia Nolte

Datos persoais
Nacemento 17 de xullo de 1954 (69 anos) Alemaña Alemaña Hamburgo, República Federal de Alemaña
Partido CDU
Cónxuxe/s Ulrich Merkel (div.)
Joachim Sauer
Profesión Física
Alma máter Universidade de Leipzig
Relixión Igrexa Evanxélica en Alemaña (Luterana)

Na rede
https://www.angela-merkel.de
IMDB: nm1361767 Allocine: 439173
Facebook: AngelaMerkel Twitter: CDUMerkel Instagram: bundeskanzlerinmerkel Musicbrainz: 3725fa08-2040-4843-a011-0002aee0f6d8 Discogs: 1853564 WikiTree: Kasner-9 Editar o valor em Wikidata
Sinatura Sinatura de Angela Merkel

Angela Dorothea Merkel, nada en Hamburgo o 17 de xullo de 1954, é unha política alemá, que ocupou o cargo de chanceleresa de Alemaña entre 2005 e 2021. Dirixiu unha coalición formada polo seu partido, a CDU (Unión Democrática Cristiá), e a CSU (Unión Social Cristiá), xunto co SPD (Partido Socialdemócrata de Alemaña).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Angela naceu en Hamburgo, Alemaña, co nome de Angela Dorothea Kasner. Era filla de Horst Kasner, sacerdote luterano, e da súa muller Herlind, profesora. En 1954, a familia mudou para Templin. Merkel criouse no campo, a apenas oitenta quilómetros de Berlín, dentro de Alemaña Oriental.

Estudou física na Universidade de Leipzig dende 1973 ata 1978. Traballou dende entón ata 1990 no Instituto Central de Física-Química da Academia das Ciencias, graduándose cun doutoramento en física e traballando en química cuántica. Obtivo un sobresaínte pola súa tese titulada [1] Nesa época na RDA formou parte da CDU de Alemaña Oriental.

En 1989, trala caída do Muro de Berlín, formou parte do partido Demokratischer Aufbruch, co que se converteu en deputada voceira. Despois da reunificación alemá, foi elixida parlamentaria. Co goberno de Helmut Kohl foi ministra de Mulleres e Xuventude. En 1994, fíxose ministra de Medio Ambiente, o que supuxo o inicio da súa vistosa carreira política.

Estivo casada dende 1977 ata 1982 con Ulrich Merkel. Divorciaron e casou outra vez en 1998 con Joachim Sauer.[2]

Líder da oposición[editar | editar a fonte]

Trala derrota electoral do goberno de Kohl en 1998, Angela Merkel fíxose secretaria xeral da CDU. Xa en 1999, o seu partido comezou a superar o SPD, pero xurdiron algúns problemas: houbo un escándalo que afectou o propio Kohl e a Wolfgang Schäuble, o líder da CDU. A raíz disto, Angela foi elixida para substituír a Schäuble.

Isto non agradou a moitos sectores do partido: ela era protestante, muller (a primeira en ser escollida) e procedía da Alemaña Oriental. Por iso, nas eleccións de 2002, o verdadeiro candidato do seu partido foi Edmund Stoiber, líder da CSU, que as perdeu contra Gerhard Schröder.

Dende 2002 ata 2005 foi gañando pouco en pouco apoios tanto no seu partido coma na sociedade alemá. Apoiou os Estados Unidos na Guerra de Iraq e propuxo reformas para face-la industria alemá máis competitiva.

Xefa do Goberno[editar | editar a fonte]

En 2005, foi escollida candidata polo seu partido e gañou as eleccións alemás por unha estreita marxe de votos. Isto provocou que tivese que facer unha coalición co partido de esquerdas SPD, a raíz da cal converteuse na chanceleresa ou xefa de goberno de Alemaña.


Predecesor:
Gerhard Schröder
 
Chanceler da República Federal Alemá
 
2005 - 2021
Sucesor:
Olaf Scholz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tese Doutoral de Angela Merkel ; PDF". Scribd (en alemán). Consultado o 2022-04-08. 
  2. Daxton, Cole (2019-04-13). "Angela Merkel Biography Facts Untold Biography". Childhood Biography -. Consultado o 2022-04-09. [Ligazón morta]