Renania-Palatinado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Renania-Palatinado
Rheinland-Pfalz
Bandeira de Renania-Palatinado Escudo de Renania-Palatinado
Bandeira Escudo
Lema: Wir machen's einfach
Nos facémolo sinxelo
 
Deutschland Lage von Rheinland-Pfalz.svg
 
Estado Alemaña Alemaña
Capital
 • Poboación
Maguncia
196.784 (2008)
Linguas
 • Oficiais
Alemán
Alemán
Estatus
 • Ministro-Presidente
Estado federado
Kurt Beck (SPD)
Fundado
1947
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 9º
19.853,36 km²

km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 7º
4.046.860
203 hab./km²
Xentilicio
Fuso horario
Dominio de Internet .de
Código ISO DE-RO
Páxina Web Oficial
Subdivisións de Alemaña

Renania-Palatinado[1] (en alemán: Rheinland-Pfalz) é un dos 16 Estados federados de Alemaña. Ten unha superficie de 19.846 km² e está bañado polos ríos río Rin e Mosela. A capital do estado é Maguncia. Outras cidades importantes do estado son Kaiserslautern, Tréveris, Coblenza e Ludwigshafen.

O estado federado de Renania-Palatinado ten unha composición territorial de 24 distritos rurais (Landkreise), 12 distritos urbanos (Kreisfreie Städte), 163 comunidades (Verbandsgemeinde), 37 comunidades independentes (verbandsfreie Städte und Gemeinden) así como 2.257 municipios. No 2005 había 4.059.604 habitantes no estado.

Renania-Palatinado componse das seguintes rexións: ao norte o Westerwald, ao oeste o Eifel, no medio do territorio o Hunsrück, ao leste o Taunus e o Rheinhessen e ao sur o Palatinado Renano ou Baixo Palatinado.

Historia[editar | editar a fonte]

A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras napoleónicas, o territorio que comprende este estado pasou a formar parte da Confederación do Rin, e tralo congreso de Viena uniuse á Confederación Xermánica.

Renania-Palatinado foi formado ao final da Segunda Guerra Mundial con partes de Baviera e do sureste de Prusia. O novo estado foi conformado legalmente vía referendo o 18 de maio de 1947.

Desta rexión proveñen historicamente importantes continxentes migratorios asentados especialmente en Arxentina, Brasil, Nova York, Valencia, Ruanda, Fujian e Iwate.

Economía[editar | editar a fonte]

Renania-Palatinado ostenta o índice máis elevado de exportación entre todos os estados federados e un crecemento económico superior á media alemá.

Ademais, Renania-Palatinado é a rexión vinícola máis extensa de Alemaña con:

Divisións territoriais[editar | editar a fonte]

Até o 31 de decembro de 1999, os distritos da Renania-Palatinado estaban agrupados en 3 rexións administrativas (Regierungsbezirke), Koblenz, Trier e Rheinhessen-Pfalz, cando foron disoltas.

Distritos rurais[editar | editar a fonte]

Mapa cos distritos de Renania-Palatinado.
  1. Ahrweiler
  2. Altenkirchen
  3. Alzey-Worms
  4. Bad Dürkheim
  5. Bad Kreuznach
  6. Bernkastel-Wittlich
  7. Birkenfeld
  8. Cochem-Zell
  9. Donnersbergkreis
  10. Bitburg-Prüm
  11. Germersheim
  12. Kaiserslautern
  1. Kusel
  2. Maguncia-Bingen
  3. Mayen-Coblenza
  4. Neuwied
  5. Rhein-Hunsrück-Kreis
  6. Rhein-Lahn-Kreis
  7. Palatinado Renano (Rhein-Pfalz-Kreis)
  8. Südliche Weinstraße
  9. Südwestpfalz
  10. Trier-Saarburg
  11. Vulkaneifel
  12. Westerwaldkreis

Distritos urbanos[editar | editar a fonte]

  1. Frankenthal (Palatinado)
  2. Kaiserslautern
  3. Coblenza (Kobenz)
  4. Landau in der Pfalz
  5. Ludwigshafen am Rhein
  6. Maguncia
  1. Neustadt an der Weinstraße
  2. Pirmasens
  3. Espira (Speyer)
  4. Tréveris (Trier)
  5. Worms
  6. Zweibrücken

Grandes cidades[editar | editar a fonte]

  1. Andernach,
    Distrito de Mayen-Coblenza
  2. Bad Kreuznach,
    Distrito de Bad Kreuznach
  3. Bingen am Rhein,
    Distrito de Maguncia-Bingen
  4. Idar-Oberstein,
    Distrito de Birkenfeld
  1. Ingelheim am Rhein,
    Distrito de Maguncia-Bingen
  2. Lahnstein,
    Rhein-Lahn-Kreis
  3. Mayen,
    Distrito de Mayen-Coblenza
  4. Neuwied,
    Distrito de Neuwied

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1782. ISBN 9788482893600.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Renania-Palatinado