Balcáns
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Balcáns, xeograficamente son unha cordilleira situada no sueste europeo, entre Serbia e o mar Negro. Nun sentido máis amplo denomínase Península dos Balcáns todo o territorio dende a península Itálica até Asia Menor, formando a Rexión dos Balcáns.
Os países que a compoñen comparten gran parte da súa historia. Así, foron parte do Imperio romano de oriente, logo Imperio bizantino, logo Imperio otomano e finalmente viviuse aló unha nova explosión nacionalista ó desaparecer Iugoslavia como país na derradeira década do século XX. A complicada situación que se viviu no lugar dende o século XIX, e maiormente na segunda metade do vinte, deu orixe ao termo balcanización, que se extrapola na xeopolítica para definir a rotura dun estado de xeito violento, ou na informática para definir, por exemplo, a subdivisión da Internet en enclaves separados,[1].
[editar] Países
Actualmente forman parte dos Balcáns os seguintes países:
-
- Bulgaria (incorpórase á UE no 2007)
- Grecia (forma parte da UE dende 1981)
- Serbia
- Kosovo
- Montenegro
- Antiga República Iugoslava de Macedonia
- Bosnia e Hercegovina
- Albania
- Turquía (parte europea de Istambul)
Tamén se soe incluír na rexión dos Balcáns, aínda que non se atopan dentro da península a:
[editar] Notas
- ↑ New IAB chair fears Internet 'balkanization' Network World (en inglés)