Raposo
| Raposo | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||
| Vulpes vulpes (Linnaeus, 1758) |
|||||||||||||||||
|
Distribución Vulpes vulpes
|
|||||||||||||||||
O raposo común (Vulpes vulpes), tamén coñecido como golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, pertence á familia dos cánidos (Canidae), dentro da orde dos carnívoros. O raposo común, tamén chamado raposo vermello, caracterízase por ter as patas curtas, o fociño estreito e alongado, as orellas rectas e triangulares, unha pelaxe espesa e cola longa. Adoitan pesar entre 7 kg e miden entre 90 e 105 cm de longo (sen incluír a cola). A cor da pelaxe dun raposo común é alaranxada por enriba e branca pola parte inferior.
O raposo vive en todos os continentes (agás na Antártida), habita zonas boscosas, con matogueiras. Algún tipo de raposo pode mesmo vivir en zonas desérticas e xeadas.
Índice |
Alimentación [editar]
A alimentación dos raposos é moi variada, desde ratos, toupas, ovos de aves, grandes insectos e preas, ata froita e algún coello.
Son cazadores solitarios. O territorio de rastreo é polo xeral de algo menos de 8 km2. Este territorio deféndeo das incursións doutros raposos.
Reprodución [editar]
Os raposos aparéllanse a mediados do inverno. Tras un período de xestación que vai dos 49 os 56 días a femia retírase a un tobo para dar a luz unha media de 8 crías.
As crías nacen cos ollos pechados e reciben coidados durante as cinco primeiras semanas de vida, logo son obrigadas a marchar e facer a súa "vida propia". Os raposos emparéllanse de por vida e acostuman vivir uns 12 anos.
Curiosidades [editar]
- O raposo acada en carreira unha velocidade de 48 km/h.
- O raposo foi introducido en Australia para controlar as pragas de coellos.
- Cando nunha zona rural desaparecen os raposos axiña repobóase a zona de roedores.
A caza do raposo [editar]
O raposo é unha especie cazable e tódolos anos realízanse en Galicia unha "Copa de España de Caza de Raposo", organizado pola Federación Galega de Caza; en 2009 celebrouse en Rodeiro. Os colectivos ecoloxistas, organizados baixo a plataforma Matar por Matar NON, responden a este Trofeo con concentracións no mesmo punto onde se reúnen os cazadores para intentar boicotea-lo evento mediante o uso de chifros, berros e megáfonos.
Os cazadores defenden a tese de que a supervivencia do raposo en Galicia non está en perigo. Os seus propios estudos sosteñen que a densidade está en torno ós 2,64 exemplares/km2 (en 2008), a maior en toda España, onde as densidades oscilan entre os 0,34 exemplares nas zonas de encinar de Burgos e os 2,50 nas zonas de regadío de Zaragoza.
A Consellería de Medio Ambiente autorizou unha cota anual de 25.995 exemplares para a tempada de caza 2008-2009, se ben dos datos medios de capturas dos anos 2006 e 2007 conclúese que os raposos abatidos só foron 2.872, que non chega ó 10% da cota autorizada.
O raposo na cultura popular galega [editar]
- Artigo principal: O raposo na cultura popular galega.
- Meu siñor San Adrián/ é un santo milagroso/ pedínlle un mozo bonito/ doume un barbas de raposo.
- Se ti viras o que eu vin/ na feira de Monterroso,/ vinte e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- "Galicia presenta la densidad de zorros más alta de toda España", en La Voz de Galicia, 24.01.2009.
