Hafez al-Assad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hafez al-Assad (á dereita)

Hafez al-Assad, nado en Qardaha, en 1928, e falecido en Damasco en 2000, foi un militar e político sirio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Al-Assad naceu no seo dunha familia alauí pobre, e foi o primeiro da súa familia en cursar educación secundaria. Entrou na Academia Militar Siria e completou estudos en academias soviéticas. En 1946 entrou no partido Baaz. Cando Siria e Exipto crearon a República Árabe Unida, al-Assad, entón estacionado no Cairo opúxose á federación.

Nomeado xefe da forza aérea siria en 1964, ascendeu a ministro de Defensa en 1967, e estivo ao mando desa carteira durante a Guerra dos seis días. En 1970 aproveitou a carteira de Defensa para dar un golpe de Estado (1970) que o levaría á xefatura do goberno en 1971. Baixo o signo do autoritarismo baazista (mestura de socialismo e panarabismo), emprendeu unha longa serie de reformas económicas que levarían ó control estatal da economía e á dependencia das axudas da Unión Soviética.

Partidario da creación do estado palestino, subvencionou operacións armadas da OLP de Yasser Arafat[Cómpre referencia]. Non obstante a súa política socialista levouno a quedar illado dos demais países árabes. Durante a guerra irano-iraquí (1980-1988) apoiou decididamente o tamén baazista Saddam Hussein, ditador de Iraq. Durante a Primeira Guerra do Golfo (1990-1991), mantívose porén á marxe e apoiou timidamente á coalición internacional.

Trala súa morte en 2000, sucedeuno no cargo o seu fillo Bashar al-Assad, quen continuou a politica de fornecer a grupos armados[Cómpre referencia], o que levou ós Estados Unidos a engadilo na lista de países do eixe do mal[Cómpre referencia].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]