Reichstag
O Reichstag (en alemán
Reichstagsgebäude (axuda · info), abreviado Reichstag) é un edificio localizado no barrio Tiergarten, no arrabal de Mitte en Berlín, capital de Alemaña. Foi a sede do Reichstag en tempos do II Imperio Alemán (1871-1918) e máis tarde do parlamento da República de Weimar (1919-1933). Dende 1994 reúnese alí cada cinco anos a Convención Federal (Bundesversammlung) para elixir ao presidente de Alemaña (Bundespräsident) e desde 1999 é o lugar de reunión do parlamento alemán (Bundestag). A súa denominación oficial é Plenarbereich Reichstagsgebäude, que significa "recinto de plenos do edificio do Reichstag".[1]
O edificio rematou de construírse en 1894. En 1933 foi vítima dun incendio provocado cuxa autoría non chegou a esclarecerse do todo. Ao final da Segunda Guerra Mundial, durante a Batalla de Berlín, foi escenario de cruentos combates e resultou seriamente danado. Na década de 1960 realizáronse as reformas máis urxentes. O aspecto que ten na actualidade adquiriuno durante unhas obras nos anos 90 responsabilidade do arquitecto británico Sir Norman Foster.
Tamén se coñece co nome de Reichstag a un Parlamento imperial elixido por sufraxio universal pero con escasas atribucións creado durante a Unificación alemá.
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Historia do edificio. Páxina do Bundestag (en alemán)
- Historia e anécdotas do Reichstag na súa páxina oficial (en alemán)