Holocausto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Campos de concentración
Retretes en Auschtwitz

A palabra holocausto (do grego antigo: ὁλόκαυστον, ὁλον [todo] + καυστον [queimado]) ten orixes remotas en sacrificios rituais paganos da Antigüidade en que animais (ás veces até seres humanos) eran ofrecidos ás divindades, sendo completamente queimados durante a noite.

A partir do século XIX, o termo "holocausto" pasou a designar grandes catástrofes e masacres, até que trala Segunda Guerra Mundial o termo "Holocausto" (con inicial maiúscula) pasou a ser utilizado especificamente para se referir ao xenocidio sistemático realizado polos nazis contra varios grupos étnicos, relixiosos, nacionais e outros grupos durante a Segunda Guerra Mundial.

Períodos[editar | editar a fonte]

Convencionalmente divídese en dous períodos: antes e despois de 1941. No primeiro período varias medidas anti-semitas (anti-xudeus) foron tomadas en Alemaña e máis tarde en Austria. En Alemaña, seguindo as leis de Nuremberg (1935), os xudeus perderon os seus dereitos de cidadanía, de ocupar cargos públicos, de practicar determinadas profesións, de casar con alemáns non xudeus ou de recibir unha educación pública. As súas propiedades e negocios foron rexistrados e ás veces confiscados. Actos continuos de violencia foron perpetrados contra os xudeus e a propaganda oficial incitaba ós "verdadeiros alemáns" a odialos e temelos. Conforme o desexado, o resultado foi unha emigración en masa, reducindo á mitade a poboación xudía en Alemaña e Austria.

A segunda fase, durante a Segunda Guerra Mundial comeza en 1941, cando a persecución se espalla por toda a Europa ocupada polos nazis e implicou traballos forzados, fusilamentos en masa e campos de concentración, que eran a base da "purificación da raza alemá" idealizada polo ditador de orixe austríaca Adolf Hitler.

Durante o Holocausto cerca de 6 millóns de xudeus foron exterminados. Dunha poboación de arredor 3 millóns ó inicio da guerra de xudeus en Polonia, quedaron menos de cincocentos mil en 1945. Os xudeus de Europa foron as principais vítimas do Holocausto (coñecido en hebreo como Shoa), ao que os nazis chamaron a "Solución final". Morreron seis millóns de xudeus, ademais de arredor de dous millóns de polacos, 800.000 xitanos, 250.000 persoas con discapacidades, 100.000 comunistas, 25.000 homosexuais e 2.000 testemuñas de Xehová entre outros: en total calcúlase que houbo uns 11.000.000 de vítimas do Holocausto, aínda que as cifras reais non se coñecen.

Korczak and the Ghetto's Children, escultura de Boris Saktsier (1978), Yad Vashem Memorial, Israel (localizada na Praza Janusz Korczak)

Para manter viva a memoria do Holocausto, o Parlamento israelí aprobou no 1953 a Lei do Memorial, na que se fundaba o Yad Vashem.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]