Michael Schumacher
| Michael Schumacher | |
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
|---|---|
| Anos en activo | 1991–2006, 2010-2012 |
| Escudería(s) | Jordan, Benetton, Ferrari, Mercedes |
| Grandes Premios disputados | 308 (307 saidas) |
| Campionatos | 7 (1994, 1995, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004) |
| Vitorias | 91 |
| Podios | 155 |
| Pole positions | 68 |
| Voltas rápidas | 77 |
| Primeiro GP | Gran Premio de Bélxica de 1991 |
| Primeira vitoria | Gran Premio de Bélxica de 1992 |
| Derradeira vitoria | Gran Premio de China de 2006 |
| Derradeiro GP | Gran Premio de Brasil de 2012 |
Michael Schumacher, nado en Hürth-Hermülheim o 3 de xaneiro de 1969, é un piloto alemán de Fórmula 1. Está casado e ten 2 fillos, mide 1'74 m e pesa uns 75 quilos. É irmán do tamén piloto de Fórmula 1 Ralf Schumacher.
Traxectoria [editar]
Subiu a un kart por vez primeira con 4 anos. En 1987, con 18 anos, foi campión de Europa e Alemaña en karting. Foi o seu primeiro gran título dos moitos que logo acadou.
Ao ano seguinte instalouse na Fórmula Ford 1600, e en 1989 comezou a participar na Fórmula 3000 alemá, na que quedou terceiro.
Só estivo tres anos na F3. No segundo ano que estivo nesa categoría proclamouse campión e deu o gran salto á Fórmula 1. No terceiro ano da F3 xa non se encontraba en Alemaña, senón que participaba na xaponesa e compartíao con Jordan, escudería da F1 da cal era piloto de probas e na que tan só participou nunha carreira.
No 1992 Benetton botoulle o ollo a Schumacher, que aprendía con gran rapidez e facíase destacar. Ese ano rematou terceiro do mundial e ao ano seguinte, coa mesma escudería, cuarto. A súa "mala racha" en Benetton rematou no 1994, cando se proclamou campión, ao igual que o ano seguinte.
Xa por 1996, Ferrari viu a calidade de Michael e, aproveitando que non lles ía moi ben xa que levaban dende o 1979 sen gañar ningún título, ofrecéronlle un contrato. Sen dubidalo nin un segundo, Mike firmou coa escudería italiana coa que está actualmente. Nese ano quedou terceiro, ao ano seguinte tras unha instensa loita con Jacques Villeneuve terminou por ser descalificado do mundial por tratar de defender a posición na ultima carreira contra Villeneuve cunha acción antideportiva.
En 1998 volveu un Schumacher forte que quedou segundo, ao ano seguinte un accidente cando lideraba o mundial que lle rompeu unha perna deixouno sen opcións de loitar polo campionato contra Mika Häkkinen.
Os anos de esplendor de Schumi foron entre o 2000 e o 2004, anos nos que conseguiu ser campión do mundo cunha superiodidade insultante (especialmente nos anos 2001 e 2002, xuntando así, os sete títulos que hoxe en día porta.
No fin, Michael foi compañeiro de Felipe Massa e loitou polo mundial con Fernando Alonso.
En 2007, foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias dos Deportes.
Logo de tres anos sen correr, en 2010 regresa á Fórmula 1 da man do equipo Mercedes GP, no que competiu ata a súa retirada a finais da tempada de 2012.
Récords [editar]
- É o piloto con máis vitorias na súa carreira, que son 91 dende 1991.
- Con máis vitorias nunha tempada, 13 no 2004.
- O que máis anos consecutivos logrou, polo menos, unha vitoria, 13 dende 1992 ata 2004.
- O que máis carreiras gañou consecutivamente dende o inicio da tempada, 5 en 2004, aínda que, empata con Nigel Mansell, o cal tamén logrou 5 no 1992.
- O que máis veces gañou o mesmo GP: 7 veces Magny Cours e 7 veces Gilles Villeneuve.
- O que máis veces logrou un dobrete para a súa marca, 23 veces con Rubens Barrichello en Ferrari.
- O que máis veces logrou a pole nun mesmo circuíto, 8 veces en Suzuka.
- O que máis veces estivo en primeira liña na grella de saída.
- O que máis voltas rápidas logrou en carrerira, 76.
- O que máis voltas rápidas logrou no mesmo circuíto, 7 en Montmeló.
- O que máis voltas rápidas logrou nunha tempada, 10 no 2004.
- O que máis veces logrou a pole e a vitoria no mesmo GP, 37 veces.
- O que máis veces logrou a pole, a vitoria e a volta rápida no mesmo GP, 20 veces.
- O que máis puntos logrou nunha tempada: 148 no 2004, 144 no 2000 e 123 no 2001.
- O que máis puntos logrou na historia da Fórmula 1: 1.196 puntos.
- O que máis carreiras consecutivas rematou nos puntos, 24.
- O que máis Campionatos do Mundo gañou, 7.
- O que se proclamou campión do mundo máis pronto: 21 de xullo no 2002.
- O que foi campión do mundo durante máis tempo: 4 anos, empatado con Juan Manuel Fangio, só que este último foino por menos meses.
- O que gañou un Campionato do Mundo por unha marxe máis ampla, 67 puntos de vantaxe no 2002, 58 no 2001.
Resultados Completos na Fórmula Un [editar]
(Chave) (Carreiras en negra indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida)
‡ Schumacher foi descualificado do campionto mundial de 1997 debido á condución perigosa no Gran Premio de Europa, onde causou un accidente evitable con Villeneuve. Por puntos quearía no segundo lugar no campionato dese ano.
† Piloto que non terminou o Gran Premio, pero se clasificou ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
* Tempada en curso
| Predecesor: Alain Prost |
Campión da Fórmula 1 1994-1995 |
Sucesor: Damon Hill |
| Predecesor: Mika Häkkinen |
Campión da Fórmula 1 2000-2001-2002-2003-2004 |
Sucesor: Fernando Alonso |
|
||||||||||||||
- Pilotos alemáns de Fórmula 1
- Premios Príncipe de Asturias dos Deportes
- Pilotos de Fórmula 1 de Jordan
- Pilotos de Fórmula 1 de Benetton
- Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari
- Pilotos campións do mundo de Fórmula 1
- Pilotos de Fórmula 1 de Mercedes GP
- Nados en Renania do Norte-Westfalia
- Nados en 1969
- Cabaleiros da Lexión de Honra