Fritz Lang
| Fritz Lang | |
|---|---|
Fritz Lang nunha filmación |
|
| Nacemento | Friedrich Christian Anton Lang 5 de decembro de 1890 Viena, |
| Falecemento | 2 de agosto de 1976 Los Angeles |
| Profesión | Director de cine |
Friedrich Christian Anton Lang, máis coñecido coma Fritz Lang, nado en Viena o 5 de decembro de 1890 e finado en Los Angeles o 2 de agosto de 1976, foi un director de cine austríaco que traballou en Alemaña e Estados Unidos.
Índice |
Traxectoria [editar]
Dificilmente clasificable, as súas películas abrangueron dende o Film Noir, o western ou o cine de espías ata o cine bélico, o aventureiro ou o melodramático. Porén, cómpre salientar a súa época alemá, con filmes como o máximo expoñente do expresionismo cinematográfico, a visionaria Metropolis (1927), ou Der Testament des Dr. Mabuse (1933; O testamento do Dr. Mabuse, en tradución literal ao galego). Da súa xeira americana pódense destacar You only live once (1936) (Só se vive unha vez) e The big heat (1953) (A grande calor; a versión castelá foi traducida como Los sobornados).
En 1933 recibiu a proposta de Joseph Goebbels de se facer cargo dos estudos alemáns de cine UFA, pero Lang, contrario ao nazismo, fuxiu cara a Francia esa mesma noite, chegando a Estados Unidos o ano seguinte.
Filmografía [editar]
A filmografía de Lang podémola clasificar en función do país de rodaxe. De 1919, data da súa primeira película como director, ata 1933 filmou en Alemaña. En 1934 rodou un filme en Francia, para logo realizar as súas películas nos Estados Unidos de 1936 a 1956. En 1959 e 1960 dirixiu tres producións en Alemaña, para logo rodar a súa derradeira película en Francia en 1964.
- 1919: Halbblut
- 1919: Der Herr der Liebe
- 1919: Die Spinnen
- 1919: Harakiri
- 1920: Das wandernde Bild
- 1921: Kämpfende Herzen (tamén: Die Vier um die Frau)
- 1921: Der müde Tod
- 1922: Dr. Mabuse, der Spieler, 1ª parte: Der große Spieler – Ein Bild unserer Zeit
- 1922: Dr. Mabuse, der Spieler, 2ª parte: Inferno – Ein Spiel von Menschen unserer Zeit
- 1924: Die Nibelungen 1ª parte: Siegfried
- 1924: Die Nibelungen 2ª parte: Kriemhilds Rache
- 1927: Metropolis
- 1928: Spione
- 1929: Frau im Mond
- 1931: M – Eine Stadt sucht einen Mörder
- 1933: Das Testament des Dr. Mabuse
- 1934: Liliom
- 1936: Fury
- 1937: You Only Live Once
- 1938: You and Me
- 1940: The Return of Frank James
- 1941: Western Union
- 1941: Man Hunt
- 1943: Hangmen Also Die!
- 1944: Ministry of Fear
- 1944: The Woman in the Window
- 1945: Scarlet Street
- 1946: Cloak and Dagger
- 1948: Secret Beyond the Door
- 1949: House by the River
- 1950: American Guerilla in the Philippines
- 1952: Rancho Notorious
- 1952: Clash by Night
- 1953: The Blue Gardenia
- 1953: The Big Heat
- 1954: Human Desire
- 1955: Moonfleet
- 1955: While the City Sleeps
- 1956: Beyond a Reasonable Doubt
- 1959: Der Tiger von Eschnapur
- 1959: Das indische Grabmal
- 1960: Die 1000 Augen des Dr. Mabuse
- 1964: Le mépris
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Grandes directores. Fritz Lang (2009). G.E. On-Off S.L. DVD adquirido con Xornal de Galicia.