Liga Árabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
جامعة الدول العربية

Liga de Estados Árabes
Bandeira da Liga Árabe
Bandeira
Escudo da Liga Árabe
Escudo
 
Situación de Liga Árabe
 
Capital O Cairo
Idioma oficial Árabe
Forma de goberno Organización para a defensa de intereses comúns
S. Xeral
Voceiro
Amr Moussa
Nabih Berri
Fundación
 • P. Alexandría

22 de marzo de 1945
Membros
 • Observadores
Superficie
 • Total

13.953.041 km²
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 3º
339.510.535 (2007)
63 hab/km²
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita

US$ 2.604.639 millóns
US$ 7.672
Moeda 21 moedas
Sitio web arableagueonline.org

A Liga Árabe (en árabe:الجامعة العربية al-Jāmiʻa al-ʻArabiya), oficialmente chamada Liga de Estados Árabes (جامعة الدول العربية Jāmiʻat ad-Duwal al-ʻArabiya), é unha organización política internacional de estados árabes do África do Norte, o Corno de África e Asia Occidental.

Sede da Liga Árabe no Cairo.

Foi fundada no Cairo o 22 de marzo de 1945 por seis estados, Exipto, Iraq, Transxordania (renomeada posteriormente como Xordania), Líbano, Arabia Saudita e Siria. O Iemen uniríase o día 5 de maio de 1945. Na actualidade ten 22 membros (incluíndo Siria, aínda que a súa participación quedou en suspenso en novembro de 2011) e catro observadores. O seu obxectivo principal é:

Servir ao ben común de tódolos países árabes, asegurar mellores condicións para tódolos países árabes, garantir o futuro de tódolos países árabes e cumprir os desexos e expectativas de tódolos países árabes.[1]

A través de institucións como a Organización da Liga Árabe para a Educación, a Cultura e a Ciencia (ALESCO do inglés Arab League Educational, Cultural and Scientific Organization) e o Consello Económico e Social do Consello da Unidade Económica Árabe (CUEA do inglés Council of Arab Economic Unity), a Liga Árabe facilita programas políticos, económicos, culturais, científicos e sociais destinados a promover os intereses dos países árabes.[2][3] A organización serviu aos Estados membros como un foro para coordinar as súas posicións políticas, para deliberar sobre asuntos de interese común, para resolver algúns conflitos árabes e para limitar outras, como a crise do Líbano de 1958. A Liga serviu como plataforma para a elaboración de documentos históricos promovendo a integración económica. Un exemplo é a Carta Árabe de Acción Económica Conxunta, que establece os principios para as actividades económicas na rexión.

Historia[editar | editar a fonte]

Evolución dos membros da Liga Árabe

O espírito que levou á creación da Liga árabe empezouse a perfilar durante o século XIX co xurdimento de varios movementos nacionalistas árabes co desexo expreso de poñer fin á dominación turca, estes movementos tomaron a antiga herdanza común como base da súa vontade de constituír unha comunidade árabe libre do control estranxeiro.

Coa derrota de Turquía na Primeira Guerra Mundial estes anhelos de independencia e unión afloraron de xeito vigoroso, pero as diverxencias entre os diferentes caudillos árabes e os fortes intereses das potencias europeas impediron a realización destas aspiracións. Os tratados de paz da Primeira Guerra Mundial dividiron os pobos árabes en diferentes estados establecidos polo tratado de Sèvres.

O Cairo, durante a Segunda Guerra Mundial, foi o centro da toma de decisións tanto económicas como militares dos británicos para todo Oriente Próximo. Esta posición estratéxica clave permitiu ao goberno exipcio entrar en conversacións con outros países árabes para consolidar unha unión máis estreita entre todos eles. Nese momento, a situación en todos os Estados Árabes era moi diferente; mentres que nos gobernos de Iraq e Siria había unha clara vontade de fomentar os vínculos entre os países árabes, no Líbano (cunha importante poboación cristiá) non se vía con tan bos ollos. No Iemen, Arabia Saudita e Exipto o sentimento de unidade árabe xa estaba máis estendido, aínda que sempre mantendo por diante os intereses nacionais.

En 1944 o goberno exipcio, que buscaba unha federación entre os países árabes, puxo en marcha un grupo de estudo encargado da elaboración dun proxecto. Coa axuda de Gran Bretaña, o 25 de setembro de 1944 constituese a Conferencia de Alexandría coa redacción do Protocolo de Alexandría que serviría como base da futura asociación.

O que estaba fóra de toda dúbida era o feito de que a guerra contribuíra notablemente a consolidar o sentimento de unidade entre todos os árabes. Este estreitamento de lazos desembocou nun primeiro intento de creación dunha Liga de Estados Árabes, favorecido ademais, polo impulso británico, que se aseguraba así a influencia na zona.

O primeiro borrador, desenvolvido polo primeiro ministro de Iraq e por Gran Bretaña, estabelecía cinco puntos polos que se habería de rexer a unión:

  1. Formación dunha Gran Siria, que estaría formada por Siria, Palestina, Transxordania e Líbano.
  2. Creación da Liga Árabe, formada pola unión de Iraq e da Gran Siria.
  3. A Liga tería un consello permanente encargado de coordinar as cuestións relativas á administración e goberno, os asuntos exteriores, a defensa, as cuestións económicas e a protección das minorías.
  4. Concederíase unha pequena autonomía aos xudeus de Palestina.
  5. Os Maronitas de Líbano terían un réxime privilexiado.

Tamén se estabelecía que esta unión estaría dirixida pola familia Hachemita. Con todo, este primeiro proxecto contou cunha importante oposición; claramente en contra manifestáronse a comunidade xudía, gran parte da opinión pública libanesa, unha parte dos sirios que defendían a súa propia nacionalidade á marxe do resto de pobos árabes, Exipto (que aspiraba a unha unidade baixo a súa hexemonía) e o rei de Hexaz, que non vía con bos ollos que se forxase na súa fronteira norte unha unión tan forte dominada pola familia Hachemita. Esta forte oposición abocou o proxecto ao seu fracaso. Ante o pouco éxito dos Hachemitas no proceso de unidade, o presidente exipcio Nabas, lanzou un segundo proxecto que supoñía un menor grado de integración pero que contaba cun maior apoio, especialmente por parte dos ingleses. Logo de dúas conferencias (Alexandría en 1944 e O Cairo en 1945) e unha intensa labor diplomática conseguiuse o 22 de marzo de 1945 , presionando aos países máis reticentes, crear a Liga dos Estados Árabes. Esta unio a sete países con relativa capacidade de acción: Exipto, Siria, Líbano, Xordania (entón chamada Transxordania), Iraq, Arabia Saudita e Iemen do Norte, xunto cun representante dos árabes palestinos, deixando as portas abertas á posible entrada do resto de países árabes que quixesen unirse a eles unha vez lograsen a súa independencia. Foi a finalización da Segunda Guerra Mundial cando diferentes estados árabes logrando a súa independencia.

Estableceuse a súa sé fixa no Cairo. Aínda que se prohibía a inxerencia en asuntos internos doutros países, si se marcaron unha serie de obxectivos: fortalecer as relacións entre os estados membros, coordinar as súas políticas para salvagardar a súa independencia e soberanía, e en xeral, todo canto afectaba aos asuntos e intereses dos países árabes. Tamén se estreitaba a cooperación en materia económica, en comunicacións, en asuntos culturais e nas políticas de benestar social. Alcanzouse o acordo de non recorrer á forza para resolver conflitos entre os membros da Liga.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A superficie dos estados membros da Liga Árabe abarca ao redor de 14.000.000 quilómetros cadrados entre os continentes de África e Asia. A zona componse de grandes desertos áridos, principalmente o Sahara. Non obstante, tamén contén varias terras moi fértiles, como o val do Nilo, a Cordilleira do Atlas e o Crecente Fértil que se estenden dende Iraq a Siria e o Líbano, Palestina e Israel. A área comprende tamén bosques como os do sur de Arabia e o sur do Sudán, así como a maior parte do río máis longo do mundo, o Nilo.

Economía[editar | editar a fonte]

Os propósitos da Liga non son económicos, xa que cada país pertence a outras organizacións máis eficaces e ademais hai fortes diferenzas de PIB entre os integrantes, pero a riqueza en recursos naturais e petróleo dos seus membros fai que sexa un organismo rico e con poder de decisión. O gasoducto árabe que unirá Exipto e Turquía pasando por Xordania ou a axuda en Darfur son dous exemplos de iniciativas económicas promovidas por este organismo.

Estados membros[editar | editar a fonte]

Dispersión da lingua árabe.

Membros da Liga Árabe (e data de su admisión):

Notas[editar | editar a fonte]