Muro de Berlín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muro de Berlín.
Muro de Berlín (1989).

O Muro de Berlin foi unha construción civil que supuxo un símbolo vivo da división física da Alemaña da post guerra en dúas entidades, a República Federal Alemá e a República Democrática Alemá. Este muro, alén de dividir a cidade de Berlín ao medio, simbolizaba a división do mundo en dous bloques ou partes: o Bloque Occidental, constituído polos países capitalistas encabezados polos Estados Unidos da América, e o Bloque de Leste, ou Soviético, constituído polos países comunistas, que tiñan á súa fronte a Unión Soviética.

Características[editar | editar a fonte]

Comezou a construirse na madrugada do 13 de agosto de 1961, del facían parte 66,5 km de chenzo metálico, 302 torres de observación, 127 redes metálicas electrificadas con arame, 255 pistas de corrida para feros cans de garda. Este muro provocou a morte a 80 persoas identificadas (Chris Gueffroy foi a derradeira), 112 ficaron feridas e millares aprisionadas nas diversas tentativas de o atravesar.

A construción do muro marcou o inicio do illamento da parte occidental da cidade de Berlín, illada territorialmente do resto de Alemaña Occidental e provocou unha crise na que os EUA creton unha ponte aérea para o fornecemento da cidade por decisión do presidente Kennedy.

O Muro de Berlín caeu o 9 de novembro de 1989, acto inicial da reunificación das dúas Alemañas, que formaron finalmente a República Alemá, acabando tamén a división do mundo en dous bloques. Moitos apuntan este momento tamén como a fin da Guerra fría.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Muro de Berlín