Mar Báltico
O mar Báltico é un mar epicontinental situado ó norte de Europa, conectado co océano Atlántico (mar do Norte). Esténdese por unha superficie de 432.800 km2. Dous golfos integran este espazo: o golfo de Botnia ó norte e o golfo de Finlandia ó leste.
Os países que bordean o mar Báltico son:
- Suecia ó noroeste;
- Dinamarca ó oeste;
- Alemaña e Polonia ó sur;
- Finlandia, Rusia, e os tres países bálticos (Estonia, Letonia e Lituania) ó leste.
Comunicado ó sur co mar do Norte polo estreito de Kattegat e o de Skagerrak.
Índice |
Nomes do Báltico [editar]
O Mar Báltico recibe diferentes denominacións dependendo da lingua. As linguas románicas empregamos o nome de Báltico, semellante ás eslavas (Baltijas jūra en letón, Baltijos jūra en lituano), polonés (Morze Bałtyckie ou Bałtyk'), ruso (Балтийское море, Baltískoie More) ou caxubio (Bôłt).
Por cuestións históricas, é coñecido polo Mar do Leste no finés (Itämeri) e por todas as linguas xermánicas (Ostsee en alemán,Østersøen en danés, Östersjön en sueco), agás o inglés. Finlandia limita co mar polo oeste, mais coñéceno como mar do Leste por influencia sueca.
En estoniano escríbese Läänemeri (mar do Oeste).
Cidades costeiras [editar]
As cidades máis importantes son:
- San Petersburgo (Rusia) 4.700.000.
- Estocolmo (Suecia) 743.703.
- Helsinki (Finlandia) 559.716.
- Gdansk (Polonia) 462.700.
- Gdynia (Polonia) 255.600.
- Riga (Letonia) 760.000.
- Szczecin (Polonia) 413.600.
- Kaliningrado (Rusia) 400.000.
- Tallinn (Estonia) 387.224.
- Malmö (Suecia) 259.579.
- Kiel (Alemaña) 250.000.
- Lübeck (Alemaña) 216.100.
- Rostock (Alemaña) 212.700.
- Klaipeda (Lituania) 194.400.
Illas [editar]
- Gotland (Suecia).
- Öland (Suecia).
- Saaremaa (Estonia).
- Hiiumaa (Estonia).
- Bornholm (Dinamarca).
- Rügen (Alemaña).
- Usedom (dividida entre Alemaña e Polonia).
- Wolin (Polonia).