Alpes
Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son una cadea montañosa situada na Europa Central. Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia no sur. Atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein. O seu pico máis alto é o Mont Blanc cons 4.808 metros de altitude.
Debido á súa importancia de abastecemento dos caudais de ríos importantes europeos, como o Po ou o Rhin, regando ricas terras de cultivo, ó seu redor edificouse a civilización que actualmente coñecemos e gran parte de historia europea.
Forma unha un arco duns 1.000 km de largo e un máximo de 400 de ancho. Conten numerosos picos que superan os 4.000 metros de altitude.
[editar] Xeoloxía e oroxenia
Os Alpes forman unha parte dun cinto oroxénico do Terciario de cadeas montañosas, chamado cinto Alpide, que se extende polo sur de Europa e Asia dende o Atlántico ata chegar ao Himalaia. Este cinto de cadeas montañosas formouse durante a oroxenia Alpina. Un oco nesas cadeas en Europa central separa os Alpes dos Cárpatos cara o leste. A oroxenia producíuse de forma continua e o afundimento tectónico é o culpable das brechas existentes no medio.
Os Alpes xurdiron como resultado da colisión das placas tectónicas africana e europea. Exerceuse unha enorme tensión sobre os sedimentos da conca do océano Tetis, que se atopaba ao leste das placas, e os seus estratos do Mesozoico e principios do Cenozoico foron empurrados cara a estable masa terrestre de Eurasia pola masa do norte de África. A meirande parte deste proceso ocorreu durante as épocas do Oligoceno e o Mioceno. A presión formou grandes pliegues recostados, que xurdían do que era o océano Tetis que foi empurrado cara o norte, a cotío rempéndose e deslizándose as unhas sobre as outras ata formar xigantescos cabalgamentos. As rochas cristalinas do fondo, que estan ao descuberto nas rexións centrais máis altas, son as rochas que formaron o Mont Blanc, o Matterhorn e os picos máis altos dos Alpes Peninos o do Hohe Tauern.