Imperio Alemán
| Deutsches Kaiserreich Imperio Alemán |
|||||
|
|||||
|
|||||
| Lema: Gott mit Uns "Deus connosco" |
|||||
| Himno: Heil dir im Siegerkranz (non oficial) | |||||
| Mapa do Imperio Alemán de 1871 a 1918. | |||||
| Capital | Berlín | ||||
| Lingua | alemán | ||||
| Goberno | Monarquía constitucional | ||||
| Káiser (Emperador) | |||||
| • 1870-1888 | Guillerme I | ||||
| • 1888 | Federico III | ||||
| • 1888-1918 | Guillerme II | ||||
| Reichskanzler (Chanceler) | |||||
| • 1871-1890 | Otto von Bismarck | ||||
| • 1909-1917 | Theobald von Bethmann-Hollweg | ||||
| • 1918 | Maximilian von Baden | ||||
| Período histórico | Idade Contemporánea | ||||
| • Unificación | 1871 | ||||
| • Disolución | 9 de novembro de 1918 | ||||
| Superficie | |||||
| • 1871 | 540,766 km² | ||||
| Poboación | |||||
| • 1871 est. | 41.058.792 | ||||
| Densidade | 75.927,1/km² | ||||
| • 1890 est. | 49,428,470 | ||||
| • 1910 est. | 64,925,993 | ||||
| Moeda | Marco-ouro (até 1914) Marco-papel (1914-1923) |
||||
O termo Imperio Alemán (en alemán Deutsches Kaiserreich) ou Segundo Reich ou Alemaña Guillermina utilízase para referirse a Alemaña na época da súa consolidación, comprendida entre a unificación do 18 de xaneiro de 1871, até a abdicación do Kaiser (emperador) Guillerme II o día 9 de novembro de 1918. Os alemáns, para referirse ao imperio durante o goberno do Kaiser, adoitan empregar o termo Kaiserreich, que tamén foi usado por historiadores non alemáns.
Índice |
Historia [editar]
Xurdimento [editar]
O segundo reich foi fundado o 18 de xaneiro de 1871 tras a vitoria de Prusia na Guerra franco-prusiana e supuxo a unificación dos diferentes estados alemáns ao redor de Prusia, excluíndo a Austria. Prusia converteuse en Alemaña, baixo o liderado do chanceler Otto von Bismarck, quen foi o verdadeiro artífice da unificación.
Desenvolvemento [editar]
Coa chegada do Imperio, iníciase un período de gran desenvolvemento de Alemaña en todos os campos: científico, económico, xeográfico, político e militar. A partir dese momento, Alemaña transfórmase xunto ao Imperio Británico nunha das dúas grandes potencias mundiais.
Desde entón e durante as seguintes dúas décadas establécense os chamados "sistemas bismarckianos", que dominan a política europea nese período. Entre 1884 e 1885 Bismarck convoca a conferencia de Berlín, na que as potencias establecen as pautas para a repartición colonial de África.
Coa coroación de Guillerme II como Kàiser, comeza un enfrontamento entre este e Bismarck, que provoca a caída do chanceler. O emperador será incapaz de continuar coas políticas implantadas por Bismarck e Alemaña vese cada vez máis incapaz de manter o equilibrio europeo, que para entón era máis que nunca a base do equilibrio mundial.
Caída do Imperio [editar]
En 1914 estala a Primeira Guerra Mundial que, ao provocar a derrota de Alemaña en 1918, marca o fin da dinastía Hohenzollern. As nacións vencedoras impoñen o Tratado de Versalles e con iso iníciase a República de Weimar. O territorio alemán vese novamente dividido.
Epílogo [editar]
Durante a República de Weimar, algúns partidos propugnaron sen éxito o retorno á monarquía. Despois, durante a ditadura de Adolf Hitler, os movementos monárquicos foron prohibidos. En 1944, un atentado encabezado por Claus von Stauffenberg puido cambiar a historia, cunha eventual restauración monárquica; pero fracasou por completo.
Finalizado tan negro período, algúns poucos grupos como Tradition und Leben seguen sostendo a causa monárquica, sen maior convocatoria.
O actual xefe da dinastía Hohenzollern é Xurxo-Federico de Prusia.
Véxase tamén [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
|
|||||||||||