Mahmoud Abbas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mahmud Abbas, en 2007

Mahmud Abbas (en árabe:محمود عباس), nado o 26 de marzo de 1935 en Safad, Galilea, é o presidente (rais) da Autoridade Nacional Palestina (ANP) desde o 9 de xaneiro de 2005.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade e educación[editar | editar a fonte]

Naceu no pobo de Safed, que naquel entón era parte do Mandato Británico de Palestina. Xunto á súa familia converteuse en refuxiado durante a guerra de 1948, marchándose finalmente a Siria. Alí Mahmud foi á escola e se graduó na Universidade de Damasco antes de ir a Exipto, onde estudou dereito.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Estivo entre os fundadores de Fatah; o seu nome na clandestinidade era Abu Mazen. Durante a década do 70 foi un membro activo do FDLP. Entra no Consello Nacional Palestino en 1968. En 1981 é elixido membro da OLP. participou nas conversacións de paz de Madrid e Oslo en 1991 e 1993, respectivamente. En 1996 accede ao posto de Secretario Xeral do Comité Executivo da OLP. Máis adiante, en 2003, é nomeado primeiro ministro, pero dimite pouco despois por discrepancias coas faccións radicais e con Arafat.

Mahmud Abbas advertiu á organización Hamás o 8 de outubro de 2006 que el chamará a novas eleccións lexislativas se Hamás non acepta un goberno de coalición. Coa condición de recoñecer a Israel que el presentou para unha coalición. Pero non é claro se Abbas ten o poder de chamar a novas eleccións.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Parte da serie sobre a
Autoridade Nacional Palestina
Palestinian National Authority COA.svg

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mahmoud Abbas