Ordenador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macintosh Classic (1990)
Un Apple IIc Pascal.
Réplica do Zuse Z3, o primeiro ordenador funcional (1941)
Supercomputador Jaguar, o ordenador máis rápido, desde novembro de 2009

Un ordenador, tamén chamado computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/salida (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles. En resume, o ordenador é unha dualidade entre hardware (parte física) tal como: a pantalla, o teclado e o disco duro, e software (parte lóxica), que interactúan entre sí para unha determinada función.

A característica principal que os distingue doutros dispositivos similares, coma unha calculadora non programable, é que pode realizar tarefas moi diversas cargando distintos programas na memoria para que o procesador os execute, realizando así funcións moi diversas.

Índice

[editar] Uso actual do termo

Nos últimos vinte anos aproximadamente moitos aparatos domésticos, sobre todo as consolas para videoxogos, a teléfonos móbiles, os vídeos, os asistentes persoais dixitais (PDA) e un sinfín de aparatos caseiros, industriais, para coches e electrónicos, teñen circuítos homologables á máquina de Turing (coa limitación de que a programación destes aparellos está instalado nun chip de memoria ROM que hai que reemplazar cada vez que queremos cambiar a programación.

Esta especie de computadoras que se encontran dentro doutras computadoras de uso xeral son coñecidos como microcontroladores ou computadores integrados. Polo tanto, moitas persoas restrinxiron a definición de computadora a aquelas máquinas cuxo propósito principal sexa o procesamento de información e que poidan adaptarse a unha gran variedad de tarefas, sen ningunha modificación física, excluíndo aqueles dispositivos que forman parte dun sistema máis grande como os teléfonos, microondas ou avións.

[editar] Hardware

Artigo principal: Hardware.

Un ordenador está construído cunha serie de compoñentes físicos ou hardware, cada un executando funcións específicas, e mantendo unha complexa interacción entre eles. Os compoñentes hardware básicos de todo ordenador son:

  • Procesador central ou CPU: constituíndo o núcleo central, encargado do cálculo e execución.
  • Dispositivos de almacenamento: almacenan temporalmente a información necesaria. Os dispositivos máis importantes nesta categoría son:
    • Memoria RAM: para o almacenamento a curto prazo.
    • Disco duro: para o almacenamento a longo prazo.
  • Dispositivos de entrada/saída: encargados de facilitar o fluxo de información desde ou cara o ordenador.

[editar] Software

Artigo principal: Software.

Un ordenador executa programas de software ou conxuntos de instrucións (operacións) expresadas en termos lóxicos e numéricos para procesar datos, permitindo así realizar distintas funcións, coma por exemplo escribir textos cun procesador de texto ou escoitar música cun reprodutor de audio.

[editar] Sistemas operativos

Artigo principal: Sistema operativo.

Un ordenador emprega normalmente un programa informático especial, chamado sistema operativo (SO), deseñado, construído e probado para xestionar os recursos do ordenador: a memoria, os dispositivos de E/S, os dispositivos de almacenamento (discos duros, as unidades de DVD e CD), etc.

[editar] Funcionalidade

A función básica dun ordenador é o procesamento de información: un ordenador procesa unha información que recibe, nun formato predefinido, do exterior, procésaa de acordo a un programa e devolve unha serie de datos de saída, noutro formato específico.

As funcións suplementarias máis importantes son:

  • Almacenamento de información, que realiza antes, durante e despois do seu procesamento.
  • Entrada e saída de información do ordenador.

[editar] Como funcionan os ordenadores

Aínda que as tecnoloxías empregadas nas computadoras dixitais cambiaron moito desde que apareceron os primeiros computadores nos anos 40, a maioría aínda utilizan a arquitectura von Neumann, proposta polo matemático John von Neumann.

A arquitectura von Neumann describe un ordenador con 4 seccións principais: a unidade lóxica e aritmética (ALU), a unidade de control, a memoria, e os dispositivos de entrada e saída (E/S). Estas partes están interconectadas por un conxunto de cables denominados buses.

Neste sistema, a memoria é unha secuencia de celas de almacenamento numeradas, onde cada unha é un bit ou unidade de información. A instrución é a información necesaria para realizar o que se desexa coa computadora e as celas conteñen os datos que se necesitan para levar a cabo as instrucións.

A unidade lóxica e aritmética, ou ALU, é o dispositivo deseñado e construído para levar a cabo as operacións elementais como as operacións aritméticas (suma, resta), operacións lóxicas (E, Ou, Non), e operacións de comparación. Nesta unidade é onde se fai todo o traballo computacional.

A unidade de control segue a dirección das posicións en memoria que conteñen a instrución que a computadora vai realizar nese momento; recupera a información poñéndoa na ALU para a operación que debe desenvolver. Transfire logo o resultado ás posicións apropiadas na memoria. Unha vez que ocorre o anterior, a unidade de control vai á seguinte instrución e repite o procedemento.

Os dispositivos E/S serven á computadora para obter información do mundo exterior e devolver os resultados de procesar a devandita información. Hai unha gama moi extensa de dispositivos E/S coma por exemplo os teclados, monitores e unidades de disco flexible.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas