Protectorado de Sarre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProtectorado de Sarre
Saarland (de)
Sarre (fr) Editar o valor em Wikidata

HimnoSaarlandlied (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°23′N 6°53′L / 49.38, 6.88Coordenadas: 49°23′N 6°53′L / 49.38, 6.88
CapitalSaarbrücken Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua alemá
lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación17 de decembro de 1947 Editar o valor em Wikidata
Disolución31 de decembro de 1956 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porSarre Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoprotectorado
república Editar o valor em Wikidata
Membro de
MoedaSaar mark (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

O protectorado de Sarre, que se corresponde co actual estado alemán de Sarre, estivo baixo control francés durante o período que comprende entre os anos 1947 a 1956.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo o Tratado de Versalles (1919), Sarre quedaba baixo goberno da Sociedade de Nacións administrado por Francia, durante un período de 15 anos a contar desde 1920, como compensación das perdas sufridas polo país galo durante a primeira guerra mundial. Tralos 15 anos, realízase un referendo sobre o futuro da rexión, onde a opción da reintegración en Alemaña obtén o 90% do escrutinio, pasando a formar parte de Alemaña en 1936.

Trala segunda guerra mundial, Sarre volve a dominio francés despois da súa ocupación por mandato das Nacións Unidas. Celebradas as primeiras eleccións logo da guerra en 1947, o parlamento vota a unión a Francia baixo a figura dun protectorado, co nome de «Unión económica entre Francia e Sarre».

En 1954, Francia e Alemaña chegan a avinza en París co estabelecemento dun estatuto para Sarre, definindo a rexión como «Territorio Europeo», con vistas á posibilidade de albergar a capital das diferentes comunidades europeas que acabarían derivando na actual Unión Europea.

Aprobado o estatuto no parlamento, o estatuto é sometido a referendo, gañando a opción do Non, malia ao apoio do chanceler alemán Konrad Adenauer. Debido ao fracaso da negativa do estatuto, o Primeiro Ministro francés Guy Mollet e Adenauer acordan no veciño Luxemburgo que Sarre se reintegre en Alemaña, sendo exercido este dereito o 1 de xaneiro de 1957. Iso si, economicamente permaneceu vinculada a Francia até o 5 de xullo de 1959, en que finalizou tamén esta situación. Actualmente é un Land da República Federal Alemá.

Deportes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Sarre nos Xogos Olímpicos.

Sarre participou coa súa propia delegación nos Xogos Olímpicos de 1952 en Helsinqui. Esta situación política chegou ao seu maior expoñente deportivo cando en 1953 a FIFA autoriza a selección sarrense de fútbol a enfrontarse á selección de Alemaña co gallo das eliminatorias do mundial de fútbol do ano seguinte.