Lingua baixo saxoa
| Baixo Saxón (Nedersaksisch) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Alemaña e Países Baixos | |
| Rexións: | Europa | |
| Total de falantes: | 5 millóns | |
| Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
| Familia: | Indoeuropea Xermánica Xermánica occidental Baixo Saxón |
|
| Escrita: | Alfabeto latino | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | É lingua administrativa en: Lingua rexional en: |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | nds | |
| ISO 639-3: | nds | |
O baixo saxón é un idioma con 5 millóns de falantes. É lingua rexional cooficial de 8 estados federados: Baixa Saxonia, Renania do Norte-Westfalia, Hamburgo, Schleswig-Holstein e Bremen. (A poboación do estado federado de Saxonia de hoxe en día non é realmente da pendente saxoa. Esta zona recibiu ese nome no século XVI debido a un matrimonio aristocrático para desgusto dos verdadeiros saxóns.)
O baixo saxón tamén é falado aproximadamente por un millón e medio de persoas nas provincias do noroeste dos Países Baixos.
Índice |
O Baixo Saxón polo mundo [editar]
Os enclaves non europeos máis grandes do baixo saxón atópanse en América do Norte, sobre todo nos estados do medio oeste dos Estados Unidos. Tamén en América Latina, en Rusia e en Asia Central.
Historia [editar]
O baixo saxón é o descendente do saxón antigo, que é tamén unha das linguas ancestrais do inglés e do escocés.
Despois da cristianización e da subxugación por parte Carlomagno, nación saxoa atopou a riqueza e o poder grazas ao comercio, sobre todo ao comercio marítimo. A extensión comercial da Liga Hanseática saxoa ao redor do Mar Báltico e na costa norueguesa, con representacións diplomáticas en Inglaterra, nos Países Baixos, en Bélxica e en Rusia, provocou unha extensión da lingua saxoa ao longo da maior parte da Idade Media. O saxón medio usábase como unha lingua franca internacional durante aquel período, e as súas influencias transformaron as linguas escandinavas. Ademais, durante e despois daquel período influíu o saxón medio no caxubio, o estoniano e as linguas bálticas.
Actualidade [editar]
O baixo saxón é unha lingua fortemente fragmentada, recoñecida e protexida pola Unión Europea dende 1994. Actualmente, mesmo se pode utilizar como lingua administrativa en varios dos estados federados nos que goza de maior difusión. O seu código ISO segundo a norma ISO 639-2 é nds.
A pesar da súa oficialidade e debido ao predominio do idioma alto alemán, o baixo saxón estase a extinguir, sobrevivindo case unicamente na contorna rural.
Ligazóns externas [editar]
Información [editar]
- Baixo Saxón en Ethnologue
- Listaxe de lingazóns
- Streektaal.net, información sobre os dialectos Baixo Saxóns
- Nu is de Welt platt! Procuras internacionais sobre Baixo Saxón
- Niederdeutsch/Plattdeutsch in Westfalen, by Olaf Bordasch;
- Mönsterlänner Plat, by Klaus-Werner Kahl
- Plattdeutsch heute
- Building Blocks of Low Saxon (Low German), introdución á gramática en Inglés e Alemán
Organizacións [editar]
- Van Deinse Instituut (Twente, Países Baixos)
- IJsselacademie (Overijssel e Veluwe, Países Baixos)
- Staring Instituut (Achterhoek, Países Baixos)
- Oostfreeske Taal (Eastern Friesland, Alemaña)
- Drentse Taol (Drenthe, Países Baixos)
- Stichting Stellingwarver Schrieversronte (Friesland, Países Baixos)
- SONT (General, Países Baixos)
- Institut für niederdeutsche Sprache e.V. (Xeral, Alemaña)
- Diesel - dat oostfreeske Bladdje (Eastern Friesland, Alemaña]
Escritores [editar]
- Gertrud Everding (Northern Low Saxon - Hamburg, Alemaña)
- Marlou Lessing (Northern Low Saxon - Hamburg, Alemaña)
- Johan Veenstra (Stellingwarfs - Friesland, Países Baixos)
Músicos [editar]
- Skik (Drents/Dutch - Drenthe, Países Baixos)
- Jan Cornelius (East Frisian - Ostfriesland, Alemaña)
- Törf (Gronings - Groningen, Países Baixos)
- Eltje Doddema (Veenkoloniaals - Groningen, Países Baixos)
- Boh foi toch (Achterhoeks - Gelderland, Países Baixos)
- Helmut Debus (Lower Saxony - Niedersachsen, Alemaña)