Rosa Luxemburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Rosa Luxemburg
Rosa Luxemburg


Datos persoais
Nacemento 5 de marzo de 1871 [nota 1]
Zamość, Imperio Ruso Imperio Ruso
Falecemento 15 de xaneiro de 1919
Berlín, Alemaña Alemaña
Partido Partido Socialdemócrata de Alemaña
Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña
Liga Espartaquista
Partido Comunista de Alemaña
Pais Eliasz Luxemburg
Line Löwenstein
Cónxuxe Gustav Lübeck
Alma mater Universidade de Zúric
Relixión Xudaísmo; atea ao final da súa vida.

Rosa Luxemburg, nada en Zamość (Imperio Ruso) o 5 de marzo de 1871 ou 1870,[nota 1] e finada en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi unha militante socialista e teórica marxista polaca de orixe xudía, nacionalizada alemá.

Foi membro do partido da Socialdemocracia do Reino de Polonia e Lituania (SDKPiL), do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), do Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) e do Partido Comunista de Alemaña (KPD).

En 1915, debido ao apoio prestado polo SPD á participación alemá na Primeira Guerra Mundial, ela, xunto con Karl Liebknecht fundaron a Liga Espartaquista (Spartakusbund) que posteriormente se convertería no Partido Comunista Alemán.

Viu o levantamento Espartaquista producido en 1919 como unha equivocación,[1] porén, chegou a apoialo máis tarde. Cando o goberno socialdemócrata, xunto cos Freikorps (soldados que participaran na Primeira Guerra Mundial, e que se organizaron en grupos paramilitares), acabaron coa revolta, Luxemburg, Liebknecht e outros dos participantes foron detidos e asasinados. Luxemburg recibiu un disparo e o seu corpo foi arroxado ao Landwehrkanal, en Berlín.[2][3]

Durante a Revolución Alemá fundou o xornal Die Rote Fahne (A Bandeira Vermella), que se converteu no órgano central do movemento Espartaquista. Publicou diversas análises e ensaios noutros xornais da época, como o Leipziger Volkszeitung e ademais, foi autora de diversos libros, dos cales destaca Die Akkumulation des Kapitals (A Acumulación de Capital)[4]

Segundo a Oficina Federal para a Protección da Constitución, as figuras de Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht aínda seguen a ter unha función importante entre a esquerda alemá.[5][6] O seu traballo, tanto no eido teórico como práctico, para a consecución dun socialismo democrático internacional, en contra do militarismo e da guerra, é considerado hoxe en día por moitos un modelo a seguir.[7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e xuventude en Polonia[editar | editar a fonte]

Różalia Luksemburg naceu o 5 de marzo de 1870,[8] ou máís probablemente de 1871[9],[nota 1] na cidade polaca de Zamość, preto de Lublin.

Foi a quinta filla dunha familia acomodada xudía, que vivía na parte oriental da actual Polonia, territorio que daquelas pertencía ao Imperio Ruso. Os seus pais eran o comerciante de madeira Eliasz Luksenburg e a súa muller Line. En 1873, tras realizar un mal negocio, e coa esperanza de mellorar a situación, Eliasz Luksenburg trasladouse xunto coa súa familia a Varsovia, cambio que Różalia Luksemburg, aos seus tres anos de idade, viviu con pena.[10] Cando cumpriu cinco anos, diagnosticáronlle por error unha tuberculose ósea;[11] cando en realidade, o máis probábel é que tivera algún tipo de luxación. A súa familia enxesoulle unha perna e mantívoa na cama durante todo un ano. Unha vez lle retiraron o xeso, quedoulle unha perna máis curta que a outra, feito que lle provocou unha coxeira durante o resto da súa vida.[12]

Durante a súa infancia en Varsovia, concretamente dende 1880, comezou a asistir a un instituto feminino. Foi admitida, a pesar da existencia dunha cota máxima anual para a aceptación de xudeus, baseada nun sistema de avaliación máis esixente que para os non xudeus. Foi nesta ocasión cando tomou conciencia por primeira vez do seu status de xudía e da discriminación que este lle causaba. En 1881, estalou un pogrom en Varsovia: ela e a súa familia saíron ilesos, pero Różalia quedou profundamente marcada por esta vivencia das consecuencias do antisemitismo.[13] Creceu nun ambiente monótono e burgués. Durante esta etapa Różalia non se sentiu próxima aos seus pais; o seu pai, un home de negocios pouco sensato, non foi un modelo para ela. Tampouco se idintificou coa comunidade xudía polaca da época.[14]

O 14 de xuño de 1887, rematou o instituto, cunha nota A (excelente) en catorce materias, e obtendo unha avaliación global «moi boa». O seu boletín escolar contén o nome Rosalie Luxenburg, transcrición ao ruso do seu nome polaco.[15]

Comezos na política en Polonia e Suíza[editar | editar a fonte]

O interese de Luxemburg pola política é difícil de datar: a lectura das obras de Adam Mickiewicz pareceron inclinala ao idealismo e infundir nela o desexo de cambiar o mundo.[16] Xusto despois de abandonar os estudos, uniuse a un grupo socialista clandestino que apoiaba o programa de organización revolucionaria Proletariado e tiña como obxectivo a formación dun partido obreiro. En 1889, o ameazante ambiente político de Polonia levouna a tomar a decisión de ir estudar a Suíza, onde se atopaban estudantes polacos comprometidos co movemento obreiro e revolucionarios exiliados doutros países europeos.[17]

O 18 de febreiro de 1889 , chegou a Suíza, onde se rexistrou no municipio de Oberstrass, preto de Zúric, baixo o nome de Luxemburg, a transliteración máis «cosmopolita», que foi a que utilizou dende entón. Alugou unha habitación na casa dun antigo militante socialista, por recomendación de varios amigos. Uniuse a varios militantes socialistas e reuniuse, entre outros políticos exiliados, co teórico marxista ruso Georgi Plekhanov. Porén, por aquel entón aínda non estaba segura da súa vocación militante.[18]

Leo Jogiches en 1890.

No outono de 1890, Rosa Luxemburg coñeceu a Leo Jogiches, militante de orixe lituano que xa contaba cunha importante reputación entre os socialistas. Rosa Luxemburg e Leo Jogiches mantiveron unha relación, desde que o coñeceu, ela pasou a dedicarse por completo á política, aínda que sen abandonar os seus estudos. En 1892, distanciouse de Jogiches, que se separara dos revolucionarios rusos, para creación dun partido político polaco. Rosa Luxemburg discrepou coas ideas de Karl Marx no debate sobre a soberanía polaca, á cal non era favorábel: para ela, a pertenza a unha nación divide á clase obreira, en lugar de unila, e na súa opinión, os obreiros polacos e rusos debería unir as súas forzas; segundo este punto de vista, o proletariado polaco non gañaría nada coa súa pertenza a un «Estado burgués» independente[19].

En 1893, fundou, xunto con Leo Jogiches e Julian Marchlewski, a Social-Democracia do Reino de Polonia (SDKP, rebautizado en 1900 como Social-Democracia do Reino de Polonia e de Lituania, trala alianza cos socialistas lituanos) que xurdiu como rival do Partido socialista polaco (PPS), creado en 1892 et que, ao contrario que o SDKP, avogaba pola independencia de Polonia. O SDKP contaba nos seus comezos con dous centos membros nos seus comezos. En agosto do ano 1893, pronunciou o seu primeiro discurso público no congreso da Internacional obreira, no que defendeu o recoñecemento do SDKP. Nun primeiro momento non o conseguiu, pero finalmente o SDKP foi recoñecido en 1896 pola Internacional.[20]

O conflito entre o PPS e o SDKP intensificouse cando Rosa Luxemburg criticou o nacionalismo do partido socialista rival no xornal de exiliados polacos publicado en París e coñecido como Sprawa Robotnicza (« A causa obreira ») e defendeu que Polonia só podería recuperar a súa independencia mediante unha revolución no Imperio Alemán, no Austro-Húngaro e no Ruso. Segundo ela debíaselle dar prioridade á loita contra a monarquía e o capitalismo en Europa; na súa opinión só despois dun triunfo revolucionario se podería dar o dereito de autodeterminación dos pobos. Neste aspecto discordaba con Lenin, que vía os movementos de liberación de Polonia e doutras nacionalidades como un primeiro paso cara o socialismo. Rosa Luxemburg e Leo Jogiches tiveron unha militancia moi activa, pero a súa relación tivo altos e baixos: Jogiches, que se dedicou por completo ás súas actividades revolucionarias, prestoulle pouca atención á súa relación, o que para Rosa Luxemburg facía imposíbel unha auténtica relación de parella; tamén tendeu a distanciarse do carácter autoritario do seu compañeiro. En 1896, o SDKP foi desmantelado por unha serie de arrestos e o xornal Sprawa Robotnicza deixou de publicar. En 1897, Rosa Luxemburg doutorouse en Zúric cun magna cum laude, co desenrolo industrial de Polonia como tese. A súa nai morreu en setembro dese mesmo ano, afectoulle especialmente o feito de non ter estado ao seu lado. A finais da década de 1890, a parella decidiu trasladarse a Alemaña, onde Jogiches esperaba atopar un escenario máis favorable ás súas aspiracións políticas, contactando, a través de Rosa Luxemburg, co Partido Socialdemócrata de Alemaña[21].

Participación na social-democracia alemá[editar | editar a fonte]

Debido á súa nacionalidade rusa, Rosa Luxemburg corría o risco de ser expulsada de Alemaña por razóns políticas, polo que organizou un matrimonio de conveniencia con Gustav Lübeck, fillo de Karl Lübeck, co fin de obter a nacionalidade alemá. Instalouse en Berlín co nome de Rosalia Lübeck,[22] onde se familiarizou rapidamente co Partido Socialdemócrata (SPD) e destacou pola súa forza e intelixencia política. Foi enviada en xuño de 1889 na provincia de Alta Silesia (parte de Polonia anexionada polo Reino de Prusia no século XVIII) co obxectivo de estender o socialismo entre os obreiros polacos con vistas ás eleccións. Separada pola distancia da súa familia e de Jogiches, centrouse na súa actividade política, a pesar das dificultades de adaptación á vida berlinesa e o clima de antisemitismo imperante.[23]

Durante o verán de 1898, Rosa Luxemburg viuse involucrada no "Reformismusstreit", un debate interno no SPD que afectou á socialdemocracia alemá: o teórico Eduard Bernstein propuxo unha revisión dos aspectos revolucionarios marxistas, defendendo o abandono da liña revolucionaria seguida pola socialdemocracia e a transformación do SPD nun gran partido que englobara tamén os intereses das clases medias.[24][25] En setembro, Rosa Luxemburg publicou en sete partes un longo artigo, Réforme sociale ou révolution, que rebateu os argumentos aportados por Bernstein; este artigo permitiulle aumentar a súa notoriedade e converterse na directora honoraria do xornal Sächsiche Arbeiterzeitung, sendo a primeira muller en conseguilo. Tras catro meses en Alemaña, Rosa Luxemburg contaba cunha importancia crecente entre a clase socialista.[26] No congreso SPD realizado en Hannóver en 1899, dirixiu, xunto con Alexandre Parvus e Karl Kautsky, unha ofensiva contra Bernstein, cuxas teses foron rexeitadas, aínda este que permaneceu no partido.[27]

Dende este momento foi recoñecida pola súa competente labor no Partido Socialdemócrata de Alemaña, traballou como xornalista para a prensa socialista, como tradutora (falaba yiddish, polonés, ruso, alemán e francés), e como profesora no centro do SPD, onde deu clases de economía e de historia do socialismo. Entablou amizade con Karl Kautsky e a súa familia, e foi confidente de Clara Zetkin. Mentres, as súas relacións a distancia con Leo Jogiches, cunha actividade política en situación difícil, continúan degradándose: en 1900, en resposta a un ultimato de Rosa Luxemburg, Leo Jogiches instálase en Berlín, mais a parella segue vivindo por separado, xa que Jogiches insiste en manter segredas as súas relacións[28].

Ademais das súas actividades no SPD, Rosa Luxemburg reactiva a SDKPiL. Realiza xiras de conferencias por toda Europa. En 1903, adhire como membro ao Bureau socialiste international, órgano de coordinación da Internacional obreira. En 1904, de volta do congreso da Internacional, é arrestada e encarcerada por criticar o emperador Guillaume II nun discurso público: permanece no cárcere de agosta a outubro, beneficiándose despois dunha amnistía. Naquela época, Rosa Luxemburg oponse fortemente ás teses de Lenin: contesta a idea leninista de unha «insurrección armada», considerando que se debe prepara unha revolta popular elevando a consciencia do obreirosm e non armándoos. Oponse fundamentalmente aos conceptos de Lenin en materia de centralización da autoridade e da xerarquía[29].

A continuación do Domingo vermello, o 22 de xaneiro de 1905 en San Petersburgo, a declarase a revolución en Rusia. Leo Jogiches abandona en febreiro Berlin para Cracovia, onde funda unha nova publicación da SDKPiL. Diríxese despois a Varsovia para negociar unha alianza co Bund, o que Rosa Luxemburg desabroba con contudencia, sendo ela hóstil á ideoloxía nacionalista dos militantes xudeus. à l'idéologie nationaliste des militants juifs. Rosa Luxemburg reúnese temporalmente con Jogiches en Cracovia durante o verán, volve a Alemaña, e de novo a Varsovia en decembro, baixo identidade falsa, para participar ao movemento insurreccional que continúa en Polonia. Arrestada xunto a Leo Jogiches, está a punto de ser executada. Durante un tempo queda confinada a domicilio, e despois liberada baixo fianza por ser cidadá alemá, volve a Berlín en setembro de 1906; nesta época termina a súa relación con Jogiches[30],[31].

No congreso do SPD en Mannheim, Rosa Luxemburg contribúe a constituír unha esquerda que, fronte unha dereita e un centro do partido entón reaproximados, adopta unha atitude revolucionaria. Publica un panfleto titulado Folga de masa, Partido e sindicato, no que combina as súas experiencias rusas e alemás e mostra o exemplo dunha folga permanente, ligada á sorte da revolución. combine ses expériences russes et allemandes et montre l'exemple d'une grève permanente, ligada ao destino da revolución: para Rosa Luxemburg, o proceso revolucionario é un movemento continuo, no que o partido pode xogar un papel, mais sen pretender á dirección da clase obreira. O partido debe limitars a un papel de esclarecemento do proletariado e cando chegue o día da acción a distinción entre dirixentes e dirixidos xa non terá razón de ser. Rosa Luxemburg denuncia tamén a influencia da burocracia sindical en Alemaña, próxima da ala dereita do SPD e roída polo «revisionismo (é dicir, o reformismo). A obra de Rosa Luxemburg provoca un escándalo no seno do SPD e xa en 1907, as súas relacións co dirixente do partido August Bebel vénse irremediablemente comprometidas[32]. Con Martov e Lenin, con quen forxa unha alianza tempral e de circunstancia, rectifica e fai adoptar plola Internacional obreira unha resolución sobre a guerra, estipulando que en caso de conflito o deber da clase obreira é levantarse e así impedir a guerra e acelerar o fin do capitalismo[33].

Rosa Luxemburg (á dereita) xunto Clara Zetkin en 1910.

Pola mesma época, definitivamente separada de Jogiches, Rosa Luxemburg vive unha relación con Costia Zetkin, un dos fillos de Clara Zetkin, quice anos máis novo ca ela; a súa relación durará até 1912[34].

Até o comezo da Primeira Guerra mundial, o renome de Rosa Luxemburg non para de crecer nos medios políticos. Toma parte en diversas polémicas no seno do SPD e da Internacional obreira: a súa tendencia en citar como exemplo a revolución rusa de 1905 molesta a numerosos dirixentes socialdemócratas alemáns, quen temen no seu país unha situación semellante[35]. Rosa Luxemburg, por outra parte, é moi crítica para co comportamento dos socialdemócratas rusos, desunidos de xeito permanente pola escisión entre bolxeviques e menxeviques. Sostida por Karl Kautsky, contribúe na adopción por parte do Bureau socialista internacional dunha resolución de condena á atitude de Lenin[36]. En 1910, unha forte polémica opona a Kautsky, até entón amigo persoal seu, con respecto do papel do partido para cos obreiros: Rosa Luxemburg continúa sostendo que os traballadores deben ser alentados a asumir o seu propio destino, cedéndolles o poder a dirección do partido; denuncia tamén os compromisos do SPD que, negándose a reivindicar a instauración da república en Alemaña transfórmase nun xoguete dos «partidos burgueses». Kaustky sae nerviosamente agotado da polémica que o opón a Rosa Luxemburg[37]; as relacións desta cos dirixentes socialdemócratas alemáns quedan moi deterioradas[38]. No seno da SDKPiL participa á exclusión de Karl Radek, membro do comité de Varsovia, quen se opoñía ao comité central do partido polaco establecido en Berlín[39].

Sobre a cuestión das nacionalidades, Rosa Luxemburg adopta un punto de vista de internacionalismo integral e oponse radicalmente a todo tipo de nacionalismo, considerando que nunha sociedade de clases, a nación, como entidade sociopolítica, non existe». Para ela, a cuestión nacional é unha cuestión secundaria, ou sexa unha cuestión táctica e non de principio. O único dereito á autodeterminación que a socialdemocracia debe soster é, para ela, o da clase obreira: segundo o seu punto de vista, a revolución socialista internacional porá fin á dominación nacional, así como á explotación, á desigualdade dos sexos e á opresión racial[40],[41].

Oposición á guerra e fundación da Liga espartaquista[editar | editar a fonte]

Durante os anos que preceden o desencadenamento da Primeira Guerra Mundial, Rosa Luxemburg multiplica as actividades e mais as participacións en debates públicos, mentres a fractura política no seno do SPD, cada vez máis centrado, acentúase. Retomou a amizade con Leo Jogiches, quen a axuda a corrixir as probas de Die Akkumulation des Kapitas (A acumulación de capital) a súa obra teórica maior. Nesta obra, publicada en xaneiro de 1913 e conformada a partir das clases de economía política que dá a militantes socialistas, Rosa Luxemburg fai detalle do seu análise do capitalismo: para ela, a acumulación só se pode realizar grazas á expansión do capitalismo cara mercados estranxeiros ou rexións menos desenvolvidas dos mesmos países. Os mercados non capitalistas son necesarios ao funcionamento do capitalismo e en último análise á súa supervivenza, mais aínda así son destruídos como entidades independentes. Privándose da demanda que lle permite realizar a plusvalía, o sistema capitalista afúndase inevitablemente polo feito desa contradición. A publicación de L'Accumulation du capital provoca unha polémica tanto na dereita como na esquerda do SPD: a súa teoría do desmorronamento inevitable do capitalismo é obxecto de fortes críticas. Franz Mehring e Julian Marchlewski, pola conra, saúdan en Rosa Luxemburg a intérprete máis erudita de Marx dende Engels[42].

Rosa Luxemburg en 1915.

Por outra parte, Rosa Luxemburg milita con paixón contra os riscos de guerra en Europa. En setembro de 1913, pronuncia en Francfort-sur-le-Main un vehemente discurso no que chama aos obreiros alemans a que non tomen as armas contra obreiros doutras nacionalidades. A conta diso é xulgada o 20 de febreiro de 1914 , por «incitación pública á desobediencia». Rosa Luxemburg deféndese con paixón e elocuencia, acadando a celebridade a nivel nacional, máis alá dos medios socialistas. Pola mesma época, mantén durante varios meses unha relación cun dos seus avogados, o socialista Paul Levi, que seguirá sendo un amigo próximo; Levi consacra máis adiante a súa vida á continuación do traballo político de Rosa Luxemburg e ña difusión das súas teses. Rosa Luxemburg é condenada a un ano de prisión. Mentres espera polo resultado da apelación, pronucia en marzo de 1914 un novo discurso no que acusa os militares alemáns de maltratar os soldados: esta vez é perseguida por insulto ao exército. Milleiros de testemuñas de apoio provocan a desestimación do xuízo[43]. Durante os meses que duran os diversos procesos, Rosa Luxemburg continúa a difundir as súas teses e a militar con fervor contra a guerra[44].

Mentres o conflito se desata en Europa, a Internacional obreira fracasa totalmente en definir unha política común e os socialdemócratas alemáns, así como a maioría dos seus homólogos europeos, votan os créditos para a guerra. Rosa Luxemburg, que teoricamente debe comezar en decembro a cumprir a condena no cárcere, forma con varios militantes, entre eles Karl Liebknecht, Leo Jogiches, Franz Mehring, Julian Marchlewski, Paul Levi e Clara Zetkin, o núcleo do que será o Gruppe Internationale, e máis adiante o Spartakusbund (a Liga Spartacus, ou Liga espartaquista): a súa chamada contra o voto a favor dos créditos de guerra, enviada a máis de trescentos dirixentes socialistas, queda case sen resposta. En decembro, Rosa Luxemburg é hospitalizada por esgotamento nervioso e físico: ingresa no cárecer en febreiro 1915[45].

No cárcere, Rosa Luxemburg mantén ligazóns epistolares co mundo exterior. Escribe en prisión o folleto La Crise de la social-démocratie, publicado clandestinamente en 1916 baiso o seudónimo de Junius. A oposición radical socialista exprésase por medio dunha «carta política» asinada Spartakus: co sostén loxístico de Leo Jogiches, quen toma a dirección das operacións clandestinas, a publicación, intitulada Les Lettres de Spartakus, pronto circula a máis de 30.000 exemplares. Rosa Luxemburg é liberada en febreiro de 1916 e de seguida retoma as súas actividades públicas. O 1 de maio, durante unha manifestación espartaquista, desfila xunto con Karl Liebknecht quen, con uniforme de soldado, lanza un slogan contra a guerra e contra o goberno: inmediatamente arrestado, se lle suprime a inmunidade parlamentaria e é condenado a catro anos de cárcere, mentre Rosa Luxemburg é posta baixo vixilancia policial. O 9 de xullo de 1916 , é arrestada e posta en detención administrativa. Rosa Luxemburg mantén de novo contactos escritos co mundo exterior. Mantén unha relación espistolar con acentos románticos cun amigo de Costia Zetkin, Hans Diefenbach. Este, enviado á fronte como médico militar, é abatido en outubro de 1917, e a súa morte provoca en Rosa Luxemburg un terrible golpe[46].

En xaneiro de 1917, os socialistas opostos á guerra son exluídos do SPD; en abril, constitúen o Partido socialdemócrata independente de Alemaña (USPD), sendo a Liga espartaquista a súa corrente de extrema esquerda [47].

Apoio e crítica da revolución rusa[editar | editar a fonte]

Rosa Luxemburg, dende o cárcere, segue con atención os acontecementos políticos e escribe unha serie de textos sobre a Revolución rusa a partir de marzo de 1917, segundo ela o «feito máis considerable da guerra mundial», mais despois da revolución de Outubro móstrase crítica sobre diversos aspectos da política seguida polos bolxeviques[48]. Denuncia o «oportunismo» dos dirixentes da socialdemocracia alemá (Eduard Bernstein, Karl Kautsky) e dos menxeviques rusos, así como a súa política de sostén ao imperialismo[49]. Neste contexto, saúda o partido bochevique como «forza motriz[50]» «quen detén o mérito histórico de ter proclamado dende o principio e seguido con lóxica férrea a única táctica que poidera salval a democracia e levar a revolución adiante. Todo o poder para as masas obreiras e campesiñas, todo o poder para os soviets[51].» A crítica da política perseguida por este último aparece aínda máis necesaria para Rosa Luxemburg. Denuncia entre outras cousas o sostén dos bolcheviques ás autodeterminacións nacionais, que lle parecen debilitar o proletariado ao reforzar o nacionalismo, así como a política de redistribución das terras polos bolcheviques, que para ele ameaza con levar á constitución dunha capa de pequenos propietarios nemigos potenciais da revolución, hostis ao socialismo[52]. Dentro da óptica de Rosa Luxemburg, o «despece da Rusia» polo dereito á independencia das nacións do ex-Imperio ruso e o slogan do «dereito dos pobos a dispor de se mesmos» constitúan para as burguesías nacionais «un instrumento da súa política contrarrevolucionari[53]». Finalmente, critica o afogo da democracia política polos bolcheviques: se Rosa Luxemburg, como Clara Zetkin ou Franz Mehring, aproba a disolución da Asemblea constituínte, lamenta que non fora seguida por novas eleccións[54], e escribe: «A liberdade só para os partidarios do goberno, para os membros dun partido, por moi numerosos que sexan, iso non é a liberdade, sempre é a liberdade de aquel que pensa doutro xeito». Se ara Rosa Luxemburg, « a ditadura socialista [...] non debe recuar diante de ningún medio de forza para impor certas medidas en interés da colectividade», estima que o poder leninista é «unha ditadura, é certo, non a do proletariado, senón a dun puñado de políticos, é dicir unha ditadura no sentido burgués». Preconisa, pola contra, «a democracia máis ampla e máis ilimitada», e lembra que «é un feito absolutamente incontestable que sen unha liberdade ilimitada da prensa, sen unha liberdade absoluta de reunión e asociación, a dominación das amplas masas populares é inconcebible». Para Rosa Luxemburg, hai que buscar as causas desta deriva tanto na concepción leninista do partido[55] como nas condicións mois desfavorables da guerra mundial e do illamento de Rusia a nivel internacional[56], o cal fai aínda máis necesario o desencadeamento da revolución en Europa. Con Leo Jogiches que a axuda en manterse ao día sobre os acontecementos, Rosa Luxemburg estima que os revolucionarios alemáns deben a calquera prezo evitar transformarse en satélites dos bolcheviques[57].

Revolución alemá e asasinato[editar | editar a fonte]

Estatua de Rosa Luxemburg en Berlín.

A revolución alemá de novembro de 1918 permítelle a Rosa Luxemburg saír do cárcere: promúlgase unha amnistía política o 6 de novembro; é liberada o dia 10 e volve soa a Berlín, mentres a cidade está en plena efervescencia revolucionaria. Os dirixentes espartaquistas reúnense e funden, tras algunhas dificultades para encontrar impresor, un novo xornal, Die Rote Fahne (A Bandeira Vermella). Nel Rosa Luxemburg fai unha chamada ao proletariado alemán para continuar a revolución e organizarse para tomar a dirección; ela surestima daquela o compromiso revolucionario dos obreiros alemáns e subestima o atractivo que poden exercer sobre eles valores «burgueses» como a propiedade, o nacionalismo ou a relixion[58]. Leva unha existencia agotadora e a causa da distancia entre a redacción do xornal e o seu piso a miúdo se ve obrigada a dormir de hotel[59].

A Liga espartaquista, dirixida principalmenet por Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, preconiza unha radicalización da revolución e do acceso ao poder dos consellos de obreiros e de soldados aparecidos a finais de 1918 en toda Alemaña con motivo da revolta popular, para formar unha «República dos consellos». Para os espartaquistas, a revolución debe estenderse a Europa enteira co sostén da Rusia soviética. Contrarios pola súa parte a todo puchismo e a todo tipo de terrorismo de partido, Liebknecht et Rosa Luxemburg vense desbordados polo utopismo dos intelectuais e o radicalismo dos obreiros que os seguen[60]. O SPD, que formou o goberno dirixido por Friedrich Ebert, desexa, pola contra, unha transición política moderada a fin de evitar a Alemaña unha situación do tipo da rusa. A tensión política é extrema e, o 6 de decembro, tropas gobernamentais ocupan a redacción de Die Rote Fahne. Unha manifestación espartaquista é despersada a forza de mitralleta, co resultado de trece mortos e trinta feridos. Finalmente os espartaquistas son desaprobados polos mesmos que ambicionan poner no poder: o 16 de decembro, o Congreso nacional dos Consellos de obreiros de de soldados, único poder lexítimo para os espartaquistas, reúnese e decide por maioría que non lle pertence decidir sobre a sorte de Alemaña, e que esta tarefa deberá serlle confiada a unha semblea constituínte elixida en sufraxio universal. A Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht non se lles autoriza asistir ao congreso, nen tan sequera con voz consultativa[61],[62],[63].

O clima de axitación revolucionaria en Alemaña desemboca na formación do Partido comunista de Alemaña (KPD)[64]: os espartaquistas, tomando a decisión de separarse da USPD, forman o partido durante un congreso celebrado do 30 de decembro de 1918 au 1 de xaneiro de 1919. Rosa Luxemburg, máis partidadaria da denominación «socialista» á de «comunista» para establecer máis facilemente relacións cos revolucionarios occidentais, queda en minoría sobre este pubto[65]. Prefire continuar utilizando o nome de Liga espartaquista para sesignar o partido[66]. Fai adoptar o punto do programa do partido que se opón a toda práctica terrorista. Rosa Luxemburg e Paul Levi avogan pola participación dos comunistas na elección da asemblea constituínte, mais a maioría pronúnciase polo boicot a esas eleccións[67]. Rosa Luxemburg intenta en van convencer o congreso do KPD do perigo que representa o rechazo de participar no proceso electoral[68].

Funeral de Rosa Luxemburg, o 13 xuño de 1919.

A comezos de xaneiro de 1919, a axitación política nos medios obreiros transfórmase en enfrontamento aberto cando o prefecto de policía Emil Eichhorn, membro da USPD, se nega a abandonar o seu posto trala saída dos independentes do goberno, e distribúe armas aos obreiros radicais. Karl Liebknecht, levado polo movemento, cre na posibilidade dun levantamento que derrocaría o goberno: o KPD forma, con outros grupos, na noite do 5 ao 6, un comité revolucionario e decide pasar á insurrección. Rosa Luxemburg xulga o movemento totalmente prematurado, mais escolle sostelo por lealtade mediante os seus artigos en Die Rote Fahne. O levantamento, espontáneo pero sen plan, dirección nin organización, é un total fracaso: o ministro SPD Gustav Noske é o encargado de organizar a represión, que confía aos corpos francos. Os militares aplastan a insurrección con moita brutalidade, matando os espartaquistas que se presentan levando bandeira branca. Pronto todo Berlín queda ocupado polo exército. Rosa Luxemburg publica o 14 de xaneiro de 1919 o seu derradeiro artigo titulado O orden reina en Berlín. O día seguinte preséntanse militares[nota 2],[69] no seu domicilio clandestino. Arrestada, recibe na cabeza golpes de culata de fusil; os soldados súbena nun coche para levala presa. Tras percorrer apenas cen metros, unha bala na cabeza, disparada por un dos militares, probablemente o tenente Vogel que dirixía a escolta, acaba coa vida de Rosa Luxemburg. Tiran o seu cadavre no Landwehrkanal. O mesmo día, Karl Liebknecht tamén é arrestado e asasinado polos corpos francos[70],[71].

Simbolicamente, un ataúde baleiro representando a Rosa Luxemburg é enterrado o 25 de xaneiro ao mesmo tempo que o de Liebknecht e de 31 outras vítimas da represión. Un corpo identificado como o de Rosa Luxemburg queda finalemente recuperado o 31 de maioi[72],[73],[74]. Leo Jogiches, arrestado, é matado na prisión en marzo, oficialmente durante unha tentativa de evasión[75].

Os militares responsables da morte de Rosa Luxemburg e de Karl Liebknecht son levados diante da xustiza por maltrato: o procurador avoga por circunstancias atenuantes en razón dos seus excelentes servizos. O soldado Runge, que golperara a Rosa Luxemburg na cabeza, é condenado a dous anos e dúas semanas de cárcere por «tentativa de asasinato», e o tenente Vogel a dous anos e catro meses por desfacerse do cadavre e facer un informe incorrecto[76].

Tumbas de Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg.

Vogel escapa grazas a axudas cómplices, e vive durante un tempo no estranxeiro na espera dunha amnistía. O soldado Runge declara máis tarde que aceptara asumir todas as culpas a cambio dunha condena leve[77]. Durante os anos seguintes, Paul Levi, por un tempo xefe do KPD antes de quedar apartado pola Inernacional comunista, pelexa para impedir que o asasinato de Rosa Luxemburg sexa amnistiado e para denunciar a trucaxe da enquisa. Runge pide ao chanceler Hitler unha compensación pola condena e o réxime nazi concédelle a suma de 6 000 marcos. Durante unha entrevista concedida en 1959, o tenente Pabst declara que a morte de Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg estaba planificada[78]. A obra teórica de Rosa Luxemburg Introduction à l'économie politique publícase despois da súa morte grazas a Paul Levi. A súa tumba sitúase no cemiterio central de Friedrichsfelde de Berlin, onde se lle rinde homenaxe cada segundo domingo de xaneiro. En maio de 2009, Michael Tsokos, director do Instituto médico-legal do hospital Charité de Berlín, anunciaba o descobremento no sótano do instituto dun corpo de muller de características físicas moi similares ás de Rosa Luxemburg. Segundo el, habería serias dúbidas en canto á identidade do corpo soterrado no cemiterio de Berlín, cada ano lugar de recollemento para milleiros de persoas[79].

Teorías e legado político[editar | editar a fonte]

Memorial adicado a Rosa Luxemburg á beira do Landwehrkanal, no Tiergarten.

Rosa Luxemburg utilisa conceptos desenvolvidos por Karl Marx para crear o seu propio análise. Estuda os aspectos novos do capitalismo da época: colonialismo, imperialismo, acumulación de capitais... Reflexiona sobre os medios para crear unha alternativa a ese modo de desenvolvemento económico e político, e teoriza en particular o internacionalismo. Neste marco, desenvolve unha crítica do nacionalismo e das loitas de «liberación nacional»: «[...] o famoso «dereito á libre disposición das nacións» non é máis ca unha frase óca [...]» Na práctica, oponse, xunto ao SDKPiL, á independencia de Polonia e á loita nacional en xeral.

Considera que a revolución será obra das masas e non o produto dunha «vangarda ilustrada» que só se pode transformar en ditadura, «a dun puñado de políticos, non do proletariado». «Considerar que unha organización forte debe sempre preceder a loita é un concepto totalmente mecanista e non-dialéctico» Rosa Luxemburg considera que o socialismo está ligado á democracia: Calquera que desexe o reforzo da democracia deberá desexar tamén o reforzo e non o debilitamento do movemento socialista; renunciar á loita polo socialismo, é renunciar ao mesmo tempo ao movemento obreiro e á democracia mesma.» (Réforme sociale ou révolution? 1899[80]).

Estima que o reformismo conduce ao abandono do obxectivo socialista: « Quen se pronuncie en favor da vía das reformas legais, en vez e en contra da conquista do poder político e da revolución social, en realidade non escolle unha vía máis tranquila, máis segura e máis lenta, levando ao mesmo fin, senón unha meta distinta, ou sexa, en vez da instauración dunha sociedae nova, modificación puramente superficiais da antiga sociedade [...] non a supresión do asalariado, senón a dosificación a maiores ou restada á explotación» (Réforme sociale ou révolution?[81]).

Ao presentar a súa meta socialista nun folleto do SDKPiL en 1906, escribe: «A supresión do capitalismo e da propiedade privada non poderá efectuarse nun só país. [...] O réxime socialista porá fin á desigualdade entre os home, á explotación do home polo home, á opresión dun pobo por outro; liberará a muller da sumisión ao home; non permitirá máis as persecusións relixiosas, os delitos de opinión[82] ».

Pintada coa imaxe de Rosa Luxemburg no muro de Berlín, onde se lee a frase: "son unha terrorista".

Helene Deutsch, discípula de Sigmund Freud, quen se encontra con ela en 1910 no Congreso de Copenhague, quedou moi impresionada pola personalidade de Rosa Luxemburg e o carisma que desprendía. Acabou sendo para ela un modelo de referencia[83].

As ideas de Rosa Luxemburg inspiraron a tendencia política coñecida co nome de luxemburxismo, corrente de ideas da esquerda comunista oposta ao autoritarismo leninista, e máis concretamente da ala consellista. Condenada por Stalin nos anos 1930 pola súa crítica da revolución bolxevique, excluída por iso das concepcións do marxismo en vigor no movemento comunista, máis tarde será reevaluada como figura maior da historia do socialismo, da teoría marxista e do movemento comunista. A súa memoria foi recuperada polos reximes do bloque do leste –a súa tumba e a de Karl Liebknecht acaban sendo así na República democrática alemá o lugar dunha cerimonia de homenaxe anual– sen que o seu pensamento político, aínda así, chegue a ser obxecto de estudos profundizados. O réxime lestealemán rinde homenaxe a Rosa Luxemburg como «mártir» da revolución, chegando a unha forma de «culto», mais, paradoxalmente, sen tomar en consideración o seu aporte político. Durante a guerra fría, Rosa Luxemburg encóntrase pois honrada polos mesmos dirixentes comunistas que anteriormente prohibiran os seus escritos. Unha praza do barrio de Berlín-Mitte, daquela situado na zona soviética (máis tarde en Berlín-Leste), foi bautizada en 1947 na súa honra Luxemburgplatz, antes de coller o nome, en 1969, de Rosa-Luxemburg-Platz, nome que conserva despois da caída do muro e a reunificación alemá. A herdanza política de Rosa Luxemburg continúa paralelamente a ser reivindicada por comunistas anti-estalinistas. No século XXI diferentes correntes de pensamento de esquerda, ou feministas, refírense, en diversas medidas, a Rosa Luxemburg[84],[85].

Legado literario da súa correspondencia[editar | editar a fonte]

Selo conmemorativo coa súa imaxe.

Rosa Luxemburg deixou escrita unha importante correspondencia de recoñecida calidade literaria. O escritor austríaco Karl Kraus destacou unha carta enviada a Sonia Liebknecht, dende a prisión feminina de Breslau, cualificándoa como un documento único no seu xénero en canto ao tipo de poesía e humanidade que amosa[86], debendo figurar, segundo el, nos libros de texto de todas as repúblicas, entre autores coma Goethe ou Claudius[87].

Obras máis importantes[editar | editar a fonte]

  • Die industrielle Entwickelung Polens (O desenvolvemento industrial de Polonia) (1898)
  • Sozialreform oder Revolution? (Reforma social ou revolución?) (1899)
  • Die sozialistische Krise in Frankreich (A Crise Socialista en Francia) (1901)
  • Massenstreik, Partei und Gewerkschaften (Folga xeral, partidos e sindicatos) (1906)
  • Die Akkumulation des Kapitals (A Acumulación de capital) (1913)
  • Die Krise der Sozialdemokratie (A Crise da social-democracia) (1915)
  • Die russische Revolution (A Revolución Rusa) (1918, publicación póstuma)

Obras inspiradas na vida de Rosa Luxemburg[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Non existe unha certeza absoluta sobre a data de nacemento de Rosa Luxemburg, xa que segundo o seu certificado de nacemento naceu en 1870, pero, segundo as súas propias declaracións, ela era máis nova. Dende a publicación da biografía feita por Peter Nettl, o 5 de marzo de 1871 é aceptada, polo xeral, como a súa data de nacemento. Porén, a súa tumba non contén esta data, nela só está inscrito o seguinte: « Rosa Luxemburg, asasinada o 15 xaneiro de 1919 ».
  2. Eses militares son todos oficiais novos da Mariña Imperial dirixidos polo capitán Waldemar Pabst. O grupo está composto por: Hermann W. Souchon, estandarte de navío, sobriño do almirante Souchon gobernador de Kiel; Horst von Pflugk-Harrtung, tenente de navío; Heinz von Pflugk-Harrtung, capitán; Kurt Vogel, tenente retirado; Bruno Schulze, Heinrich Stiege e Ulrich von Ritgen, estandartes de navío; e Wilhelm Canaris, tenente de navío.
  1. Frederik Hetmann: Rosa Luxemburg. Ein Leben für die Freiheit, p. 308
  2. Frederik Hetmann: Rosa L. Fischer, S. 271f.
  3. Arne Leyenberg: Die Leiche im Keller ist nicht Rosa Luxemburg.' 6 de xaneiro de 2010.
  4. Luxemburg, Rosa (1951). The Accumulation of Capital. Monthly Review Press. LCN 64-16176.
  5. Gedenken an Rosa Luxemburg und Karl Liebknecht – ein Traditionselement des deutschen Linksextremismus, BfV-Themenreihe, Bundesamt für Verfassungsschutz, 2008
  6. Internationale Rosa-Luxemburg-Gesellschaft: Geschichte; Narihiko Ito, Theodor Bergmann, Stefan Hochstadt, Ottokar Luban (Hrsg.): China entdeckt Rosa Luxemburg. Internationale Rosa-Luxemburg-Gesellschaft in Guangzhou am 21./22. Novembro de 2004. ISBN 978-3-320-02101-6.
  7. Leszek Kołakowski ([1981], 2008), Main Currents of Marxism, Vol. 2: The Golden Age, W. W. Norton & Company, Ch III: "Rosa Luxemburg and the Revolutionary Left"
  8. Ettinger, 1990, p. 21
  9. Gallo, 1992, p. 19
  10. Ettinger, 1990, p. 25-27
  11. Paul Frolich, Rosa Luxemburg, L’Harmattan, 1991, p. 24.
  12. Ettinger, 1990, p. 25-27
  13. Ettinger, 1990, p. 27-32
  14. Ettinger, 1990, p. 41-42
  15. Ettinger, 1990, p. 45
  16. Ettinger, 1990, p. 33-36
  17. Ettinger, 1990, p. 44-48
  18. Ettinger, 1990, p. 61-63, 65-66
  19. Ettinger, 1990, p. 63-68
  20. Ettinger, 1990, p. 68-71
  21. Ettinger, 1990, p. 77-93
  22. Ettinger, 1990, p. 95-96
  23. Ettinger, 1990, p. 100-109
  24. van der Berg, Axel (2003) (en inglesa). The Immanent Utopia. New Brunswick: Transaction Publishers. ISBN 978-0765805171.
  25. Winock, Michel (1992) (en francesa). 'Le Socialisme en France et en Europe. Seuil. p. 112-114. ISBN 978-2020146586.
  26. Ettinger, 1990, p. 109-110
  27. Droz, 1974, p. 46
  28. Ettinger, 1990, p. 118-134
  29. Ettinger, 1990, p. 143-151
  30. Ettinger, 1990, p. 153-171
  31. Droz, 1974, p. 54
  32. Droz, 1974, p. 54-55
  33. Ettinger, 1990, p. 229
  34. Ettinger, 1990, p. 172-195
  35. Ettinger, 1990, p. 200-202
  36. Hélène Carrère d'Encausse, Lénine, Fayard, 1998, pages 200-206
  37. Ettinger, 1990, p. 208-214
  38. Gallo, 1992, p. 188
  39. Ettinger, 1990, p. 211-214
  40. Ettinger, 1990, p. 203-204
  41. Droz, 1974, p. 576-577
  42. Ettinger, 1990, p. 220-224
  43. Paul Frolich, Rosa Luxemburg, 1965, p. 224.
  44. Ettinger, 1990, p. 225-232
  45. Ettinger, 1990, p. 233-237
  46. Ettinger, 1990, p. 240-256
  47. Droz, 1974, p. 622-632
  48. La Révolution russe, 1918.
  49. «Gustaríanos velos traballar, eses vascos choricas, os Axelrod, os Dan, os Grigoriants e compañía quen, coa escuma nos beizos, vituperan contra os bolxeviques e propagan as súas miserias no estranxeiro, encontrando niso –e tanto!– ánimas compasivas, as de heroes como Ströbel, Bernstein e Kautsky, gustaríanos ver eses alemáns no lugar dos bolxeviques! Toda a súa sutil sabedoría limitaríase a unha alianza cos Milioukov dentro, coa Entente por fóra, sen esquecer que dentro renunciarían conscientemente a realizar a máis mínima reforma socialista ou incluso a comezala, en virtude desta famosa prudencia de castrado segundo a cal Rusia é un país agrario onde o capitalismo aínda non está a punto.», La tragédie russe, setembro 1918.
  50. segundo capítulode La Révolution russe
  51. La révolution russe. Segundo Rosa Luxemburg, «Todo canto pode aportar un partido, nun momento histórico, en canto a valor, enerxía, comprensión revolucionaria e de consecuencia, os Lenin, Trotsky e os seus camaradas xa o fixeron dabondo. Neles encontramos a honra e a capacidade de acción revolucionaria, que tanto lle faltaron á socialdemocracia. Neste sentido, a súa insurrección de Outubro non só salvou a revolución rusa, senón tamén a honra do socialismo internacional.»
  52. «A toma de posesión das terras polos campesinos, conforme á orde breve e lapidaria de Lenin e os seus amigos: «Ide e collede a terra!», conducía ao paso súbito e caótico da grande propiedade das terras non á propiedade social, senón a unha nova propiedade privada, e iso pola dispersión da grande propiedade nunha morrea de pequenas e medianas propiedades […] por esa medida e a forma caótica, puramente arbitraria, en que foi aplicada, as diferencias sociais no campo non foron suprimidas, senón todo o contrario, agravadas […]. A reforma agraria de Lenin creou para o socialismo nos campos unha nova e potente capa de inimigos, cunha resistencia moito máis perigosa e máis pertinaz do que era a aristocracia terratenente.»
  53. «o carácter utópico, pequeno-burgués, desta palabra de orde nacionalista consiste precisamente nisto, que na dura realidade da sociedade de clases, sobre todo nun período de antagonismos extremos, se transforma nun medio de dominación da clase burguesa.»
  54. Heinrich August Winkler, Histoire de l'Allemagne, XIXe-XXe siècle : Le long chemin vers l'Occident, Fayard, 2005, páxina 303-304
  55. «A condición que supón tacitamente a teoría da ditadura sgundo Lenin e Trostsky, é que a transformación socialista é unha cousa pola cal o partido da revolución ten unha receita preparada, que xa só se trata de aplicar con enerxía.»
  56. «E seguramente é así como procederían os bolxeviques se non sufriran a espantosa presión da guerra mundial, da ocupación alemá, de todas as consecuentes eormes dificultades, que deben necesariamente defigurar toda política socialista animada coas mellores intención e inspirándose nos principios máis fermosos.»
  57. Ettinger, 1990, p. 266-269
  58. Ettinger, 1990, p. 272-280
  59. Ettinger, 1990, p. 283
  60. Droz, 1977, p. 202
  61. Serge Berstein, Pierre Milza, L'Allemagne de 1870 à nos jours, Armand Colin, 2010, páxinas 68-70
  62. Ettinger, 1990, p. 284-286
  63. Droz, 1977, p. 202
  64. O nome completo do partido era daquelas Partido comunista de Alemaña (Liga espartaquista), en alemán Kommunistische Partei Deutschlands (Spartakusbund)
  65. Droz, 1977, p. 203-204
  66. Gallo, 1992, p. 346
  67. Droz, 1977, p. 203-204
  68. Ernst Nolte, Der europäische Bürgerkrieg 1917–1945. Nationalsozialismus und Bolschewismus, (1989)
  69. Wolfram, Wette (2002). Die Wehrmacht Feinbilder Vernichtungskrieg Legenden. Frankfurt: S. Fischer GmbH. pp. 53-68. ISBN 3-596-15645-9.
  70. Ettinger, 1990, p. 286-292
  71. Michael S. Neiberg (dir), The World War I Reader, New York University Press, 2006, páxina 365
  72. Droz, 1977, p. 204-205
  73. Ettinger, 1990, p. 286-292
  74. J. P. Nettl, La Vie et l'œuvre de Rosa Luxemburg, Maspero, 1972, p. 755-761
  75. Ettinger, 1990, p. 294-295
  76. Ettinger, 1990, p. 293-296
  77. Gallo, 1992, p. 368-369
  78. Ettinger, 1990, p. 296-297
  79. Le Soir, 29 maio 2009, «Le cadavre de Rosa Luxemburg aurait été retrouvé dans un hôpital» (Teríase atopado o cadavre de Rosa Luxemburg nun hospital) [1].
  80. Extraído do capítulo 2 da parte II. Pódese consultar unha versión en francés, traducida do alemán por Bracke-Desrousseaux, en: https://www.marxists.org/francais/luxembur/works/1898/r_ou_r2_2.html
  81. Extraído do capítulo 3 da parte II. Pódese consultar unha versión en francés, traducida do alemán por Bracke-Desrousseaux, en: https://www.marxists.org/francais/luxembur/works/1898/r_ou_r2_3.html
  82. Ce que nous voulons, 1906, traducido do polaco ao francés por Lucienne Rey.
  83. Gilles Tréhel. Helene Deutsch, Rosa Luxemburg, Angelica Balabanoff. L'Information psychiatrique, 86, nº 4, p. 339-346
  84. Ettinger, 1990, p. 11-12
  85. Luxemburg Still Popular 90 Years after Assassination, Der Spiegel, edición en inglés, 15 xaneiro 2009
  86. Karl Kraus, Die Fackel, número 546-55, xullo de 1920, p.5
  87. Jacques Bouveresse, Satire et Prophétie (2007), p.106
  88. Alfred Döblin, novembro 1918. Une révolution allemande: Karl & Rosa, traducido ao francés do alemán por Mayvonne Litaize e Yasmin Hoffmann, Agone, 2008, ISBN 978-2-7489-0079-8
  89. André Benedetto avanza «les chiennes de l'imagination sur la Peste de marseille ; en suivant cette piste elles n'ont pas cessé de débusquer Rosa». Rosa é «Elle Rosa L. Rosa Lux révolutionnaire». Ver André Benedetto et Rosa Lux dans le répertoire des auteurs de théâtre sur le site de la chartreuse
  90. Os tres versos son sacados do texto de André Benedetto, Rosa Lux, Honfleur, éditions P. J. Oswald, 1970, serie Théâtre en France.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosa Luxemburg

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]