Camerún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
République du Cameroun (Francés)
Republic of Cameroon (Inglés)
República de Camerún
Bandeira de Camerún Escudo de Camerún
Bandeira Escudo
Himno nacional: Chant de Ralliement
 
LocationCameroon.svg
 
Capital
 • Poboación
Yaoundé
1.430.000 (2004)
Cidade máis poboada Duala
Linguas oficiais
Francés, inglés
Forma de goberno República
Paul Biya
Philémon Yang
Independencia
 • Data
De Francia e do Reino Unido
1 de xaneiro de 1960
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 53º
475.440 km²
1,3 %
4.591 km km
402 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 58º
20.549.221 (xullo 2013)[1]
34 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2012)
 • PIB per cápita
Posto 96º
US$ 50,32 mil millóns[1]
US$ 2.300[1]
IDH (2007) 0.532 (144º) – medio
Moeda Franco CFA da África Central (XAF)
Xentilicio Camerunés, camerunesa[2]
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+1
Dominio de Internet .cm
Prefixo telefónico +237
Prefixo radiofónico TJA-TJZ
Código ISO 120 / CMR / CM
Membro de: ONU, Commonwealth, UA
Tódolos países do mundo

Camerún,[2] (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon) oficialmente República de Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste con Chad e a República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co Golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira con Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do Camerún.

Os primeiros habitantes do que hoxe é Camerún foron os baka, un pobo pigmeo que logo da migración bantú quedou reducido aos lugares máis inaccesibles. Os portugueses chegaron á costa camerunesa a fins do século XV e comezos do XVI, a malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de 1870, cando o uso da quinina fixo posible combater a malaria. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facían na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do século XIX, aínda no remate dese século instaláronse no Camerún misións cristiás, as cales continúan a desempeñar un papel na vida do país.

O 5 de xullo do 1884 a totalidade do territorio camerunés e algúns territorios veciños tornáronse a colonia alemá de Kamerun, coa capital situada primeiramente en Buea e despois en Yaoundé. Despois do final da Primeira Guerra Mundial, o Reino Unido e a Francia dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.

O Camerún francés acadou a independencia no 1960 baixo a denominación de República do Camerún. Ao ano seguinte, a maioría musulmana do norte, que dominaba dous terzos do Camerún británico, votou pola adhesión á Nixeria, en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún británico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Goberno e política de Camerún.
O presidente Paul Biya.

Goberna desde 1982 Paul Biya da Alianza Democrática Popular (APDC). A APDC tamén obtivo o control do Parlamento en 1992 e Bija foi reelixido ese ano e en 1997. O principal grupo de oposición, o Fronte Socialdemócrata, cuestionou o resultado deses comicios. En 1997, o seu candidato, John Ndi, rexeitou a vitoria de Bija.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

O Camerún dividense en dez provincias, respectivamente:

Provincias
1 Adamaoua
2 Centro
3 Este
4 Extremo-Norte
5 Litoral
6 Norte
7 Nor-Oeste
8 Oeste
9 Sur
10 Sur-Oeste.
Cameroon Provinces numbered 300px.png

A maior parte desta provincias foron definidas na década de 1960. As provincias Centre e Sud xurde da ruptura da provincia Centre-Sud en 1983, no mesmo ano, Adamaoua e Extreme-Nord xurde debido á escisión da provincia Nord.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Camerún.
Mapa de Camerún.

Camerún atópase situado no golfo de Guinea.

Limita ao norte e ao oeste con Nixeria, ao sur con Gabón e Guinea Ecuatorial, ao leste coa República Centroafricana e Chad. Ao oeste limita co océano Atlántico.

No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza con Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa de Camerún é Buea. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así, Douala atópase case ao nivel do mar, no estuario do río Wouri e Yaoundé atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa é Tibesti. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte de Camerún son Garoua e Maroua. No extremo norte do país atópase unha porción do lago Chad. No sur e o sueste o territorio convértese en selva, a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira coa República do Congo. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante é Bamenda.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Camerún.

Ten reservas petroleiras que son explotadas moderadamente por empresas francesas e norteamericanas. Os principais produtos agrícolas son cacao, café e bananas pero a agricultura está moito máis diversificada ao momento de que o país se autoabastece de alimentos. Tamén hai explotación forestal.

A Unión Europea é o principal socio comercial de Camerún.

Demografía[editar | editar a fonte]

Casas obús do norte de Camerún.
Artigo principal: Demografía de Camerún.

Ao ano 2007, Camerún ten unha poboación de 18.000.000 habitantes. O 99% é negra e o restante 1% é branca (europeos ou descendentes). Os dous idiomas oficiais son o inglés e o francés. A esperanza de vida é de 52 anos. A media de fillos por muller é de 4,49. O 79% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 7% da poboación está infectada co VIH (virus da sida).

Cultura e educación[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Camerún.

En educación, existiron dous sistemas, un en inglés e o outro en francés logo da independencia. O sistema do Camerún do Leste foi baseado no modelo francés, Camerún do Oeste uso o modelo británico. Os dous sistemas foron combinados no ano 1976. As escolas cristiás e misioneiras foron unha parte importante do sistema educativo. Nas áreas meridionais do país case todos os nenos da idade de educación primaria asisten á escola. Con todo, no norte, sempre foi unha parte illada do Camerún, o absentismo escolar é alto. A maioría dos estudantes en Camerún non chega máis aló do nivel primario.

O país conta con tres universidades: Universidade de Yaoundé I, Universidade de Yaoundé II (con campus fóra da cidade), e a Universidade Católica para África Central (UCAC).

Deportes[editar | editar a fonte]

A mellor participación de Camerún nos Xogos Olímpicos foi en Atenas 2004. A Selección de fútbol gañou a medalla de ouro nas xustas.

Outros logros destacados da selección de fútbol de Camerún foi ser o primeiro equipo africano en chegar aos cuartos de final, na Copa Mundial de Fútbol de 1990. Desde ese entón o equipo ten o alcume de "Os Leóns Indomables".

Referencias[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Camerún