Wikipedia:Verificabilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:V

Un punto fundamental da Wikipedia é que o seu contido non debe de ser só verdade (ver WP:PVN) senón que tamén verificable, isto é, que as fontes poidan ser consultadas. Wikipedia non ten traballos orixinais (ver A Wikipedia non é unha fonte primaria).

A verificabilidade é unha das tres políticas básicas da Wikipedia. As outras dúas son que hai que manter un punto de vista neutral e que a Wikipedia non é unha fonte primaria. As tres políticas compleméntanse e non deben de ser consideradas separadamente. Os editores (wikipedistas ou anónimos), deben familiarizarse coas tres. Estas políticas non son negociables, nin pode haber outras normas que as reempracen nin sequera polo consenso dos editores.

[editar] A política

1. Os artigos só terán material publicado por fontes acreditadas.
2. Os editores que engadan material a un artigo deben citar unha fonte acreditada, ou o contido recente engadido poderá ser borrado por outro editor.
3. A obriga de prover fontes acreditadas recae sobre os editores que engaden o material, non daqueles que desexan quitalo.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas