Parque nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe das Illas Cíes, as cales forman parte do único Parque Nacional galego.

O termo parque nacional fai referencia a unha reserva natural, xeralmente de propiedade estatal, que ten como obxectivo básico a preservación de ecosistemas naturais de grande relevancia ecolóxica e beleza, posibilitando a realización de estudos científicos e o desenvolvemento de actividades de educación e interpretación ambiental, de recreación en contacto coa natureza e de turismo ecolóxico.

En Galiza, o parque nacional é apenas unha, categoría máis alta, de catro categorías diferentes de áreas naturais protexidas. As outras son o parque natural, a reserva natural e a paisaxe protexida.

En Galiza só existe un espazo desta categoría, o parque nacional das Illas Atlánticas.