Revolución iraniana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regreso de Jomeini tras o exilio.

A revolución iraniana de 1979 foi o proceso de mobilizacións que desembocou no derrocamento do Xa Mohammad Reza Pahlevi e a conseguinte instauración da República islámica actualmente vixente en Irán. Malia que a revolución decote é cualificada de islámica, nun primeiro momento en realidade foi un movemento amplo e heteroxéneo que progresivamente foi sendo hexemoneizado polo clero xiíta baixo o liderado do aiatolá Ruhol·lah Khomeini.