Erica (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erica (Uces)
Erica tetralix
Erica tetralix
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Subfamilia: Ericoideae
Tribo: Ericeae
Xénero: ''Erica''
L.

Erica, coñecidas coma uces, urces , breixos ou carrouchas, é un xénero de fanerógamas que inclúe unhas 700 especies da familia Ericaceae. Son plantas resistentes á seca e aos lumes. Moi comúns en Galicia formando parte da matogueira, asi como en toda a vertente atlántica. Moitas especies son endémicas de Sudáfrica (breixos do Cabo). As restantes 70 especies son nativas doutras partes de África, das Illas Canarias, ou de Europa.

Índice

Descrición[editar]

A meirande parte das especies son arbustos de 0,2-1,5 m de altura, aínda que algunha especie é máis alta como a Erica arborea (uz brancal) ou a Erica scoparia, as dúas especies poden acadar máis 6-7 m de altura. Todas as especies son de folla perenne, con follas diminutas semellantes a agullas duns 2-15 mm de longura.

As flores tamén miúdas e de cores abrancazadas ou malvas, poden ser axiais, e ás veces en umbelas terminais ou en espigas. Hai flores dispostas cara arriba e outras viradas cara abaixo. Atópanse agrupadas de xeito masivo. Cultívanse tamén coma plantas de xardíns paisaxistas polo seu efecto floral.

O xénero estreitamente relacionado Calluna, cuxas especies son tamén chamadas uces, sóese confundir co Erica; diferéncise por teren as súas especies as follas máis pequenas, menos de 2-3 mm de longura, e presentar unha corola máis dividida en pétalos diferenciados.

As plantas deste xénero serven de alimento para as larvas dalgunhas especies de Lepidoptera incluíndo a Lycophotia porphyrea.

Usos[editar]

As uces ademais da súa función formadora de solos nos terrenos áridos ou degradados nos que adoitan medrar, serven como alimento do gando e dos animais salvaxes, suxeitando o terreo tralos lumes, pola súa resistencia a el e a súa capacidade para regromar despois dos incendios forestais.

Estas plantas presentan unha cepa grosa baixo o chan da que agroman as pólas. Estas cepas téñense empregaod en zonas rurais como combustíbel polo seu alto poder calorífico. Por seren os breixos de madeira moi dura e sen veas, úsanse tamén para a fabricación de gaitas, pipas de fumadores, cubertos e outros obxectos.

Especies[editar]

Presenta unhas 700 especies, incluídas:

En Galicia[editar]

En Galicia existen 10 especies do xénero Erica:

Outras[editar]