Operación chumbo fundido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Operación chumbo fundido
Parte de Conflito árabe-israelí
Gaza Strip map2.svg
Mapa da faixa de Gaza (Palestina)
Data 27 de decembro de 2008 — 18 de xaneiro de 2009
Lugar Faixa de Gaza (Palestina) e sur de Israel
Resultado en curso
Belixerantes
Flag of Israel.svg Israel (Exército de Israel) Flag of Hamas.svg Hamás
Jihad Islámica de Palestina
Brigadas dos Mártires de Al Aqsa
Comités de resistencia popular
Frente Popular para a Liberación de Palestina
Líderes
Flag of Israel.svg Ehud Barak (Ministro de Defensa)
Flag of Israel.svg Gabi Ashkenazi (Xefe das Forzas Armadas)
Flag of Israel.svg Yoav Galant (Comandante militar da rexión sur)
Flag of Hamas.svg Ismail Haniyeh
Flag of Hamas.svg Mahmoud az-Zahar
Flag of Hamas.svg Ahmed al-Ja'abari
Forzas en combate
176.500 (10 mil homes participan da ofensiva, resguardados por tanques, artillaría, navíos de guerra e avións de combate) 15.000 - 20.000
Baixas
Civís: 3
Militares: 10
Totais: 13
Totais: Entre 1.387 e 1.417[1]

A operación chumbo fundido[2] (en hebreo: מבצע עופרת יצוקה, transliterado: Mivtza Oferet Yetsuká) é unha ofensiva militar realizada polo Exército de Israel (tamén coñecidas por Tzahal) na Faixa de Gaza contra os militantes de Hamás e maila súa infraestrutura e contra a poboación civil en xeral[3][4][5][6][7][8][9][10][11], que comezou o 27 de decembro de 2008 e desenvolveuse até o 18 de xaneiro. As accións causaron grande controversia en todo o mundo (sendo incluso fortemente rexeitada por persoeiros e agrupacións xudías[12]), producíndose manifestacións de protesta en moitos países, considerándose en boa parte do mundo como un masacre[13][14][15][16][17][18][19] e mesmo un xenocidio[20][21][22][23][24]. Tamén houberon algunhas mostras de apoio á acción israelí nalgunhas cidades, como Londres ou Nova York. O goberno israelí defendeu o seu ataque militar por ser contra o "terrorismo" e en autodefensa, en resposta ó lanzamento de mísiles Qassam por parte de milicianos de Hamás[25][26], durante a tregua de 6 meses asinada o 19 de xuño de 2008. Porén, esta tregua fora violada por Israel ó realizar na faixa de Gaza unha incursión, o 4 de novembro de 2008, contra militantes de Hamás na que mataron a 6 deles e deixaron decenas de feridos[27]. Esta acción foi respostada co lanzamento de 35 mísiles que non deixaron feridos. De novo o 14 de novembro, as forzas israelís lanzaron mísiles ferindo a dous palestinos[28]. Cómpre subliñar que a faixa de Gaza atopábase en situación de bloqueo por parte do estado israelí e mailo exipcio dende xuño de 2007, o que provocou unha grave crise humana ó limitarse a entrada de axuda, alimentos e medicamentos[29], e afogándose a por de si precaria economía da faixa[30]. O cesamento deste bloqueo era condición imprescindible para que Hamás asinara unha nova tregua, que ofreceu poucos días antes do masacre cometido por forzas israelís[31], aínda que uns días antes de ofrece-la renovación da tregua Hamás déraa por finalizada por non a ter respectado[32].

Características xerais[editar | editar a fonte]

O primeiro día da operación israelí, o 27 de decembro de 2008, comezou cun bombardeo aéreo da faixa que rematou con aproximadamente 225 palestinos mortos[33] e ó redor de 700 feridos[34]. En resposta, os mísiles lanzados dende a faixa, acabaron coa vida de un israelí en Netivot. Os bombardeos israelís tiveron coma obxectivos as oficinas e cuarteis de Hamás[35], campos de adestramento, túneles para introducir mercadorías de contrabando, infraestruturas civís así como mesquitas, casas e escolas en tódalas principais cidades[36]: Cidade de Gaza, Beit Hanoun, Khan Younis e Rafah. Ademais do bloqueo preexistente, a Mariña de Israel procedeu a bombardear e a realizar un bloqueo por mar á faixa, da que unha mostra é o ataque a un barco que levaba 4 toneladas de axuda médica a Palestina[37]. Pola súa banda incrementáronse os lanzamentos de mísiles por parte de forzas palestinas cara ó sur do territorio israelí, causando en varios días 3 mortos, varios feridos e danos materiais. O 3 de xaneiro iníciase a ofensiva por terra do territorio palestino, coa entrada da artillaría canda os soldados e mailos tanques[38], sumando estes ataques ós aéreos e ós navais.

O saldo de vítimas é de cando menos 1.314 palestinos mortos[39][40] (1.417 segundo o Centro Palestino pro Dereitos Humanos[41], 1.387 segundo datos da oenegué B'Tselem[42] e 1.444 segundo as autoridades de Gaza[1]) e 13 israelís (4 deles como consecuencia de fogo amigo)[43]. O número de feridos na faixa de Gaza foi de ó redor de 5.300 persoas (algúns deles con feridas moi graves, dos que algúns presentan queimaduras interpretadas como consecuencia da utilización de fósforo branco[44][45]). Outros datos[46][47] do masacre falan de 4.000 fogares destruídos en Gaza, máis de 20.000 gravemente danados, 50.800 gazatís sen fogar e 400.000 sen auga corrente, ademais de aumenta-los traumas psicolóxicos nas crianzas[48].

O 17 de xaneiro Israel anunciou un alto ó fogo de xeito unilateral que entraría en vigor ás dúas da mañá (hora local) do 18 de xaneiro. Un día despois Hamas declarou a súa propia tregua unilateral durante unha semana para que Israel retirara as súas tropas e finalizase a ofensiva[49]. Aínda así producíronse algunhas accións máis, como a morte dun soldado israelí polo estourido dunha bomba ó paso dunha patrulla militar. En resposta o exército israelí matou un granxeiro palestino[50][51]. O 21 de xaneiro os derradeiros militares israelís retiráronse da faixa de Gaza[52]. Pese a todo, o bloqueo da faixa de Gaza continúa por parte de Israel, como demostra o feito de que Israel impedira a un buque libanés entregar axuda humanitaria na faixa de Gaza[53].

Contexto[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Conflito árabe-israelí.

A faixa de Gaza é unha das zonas máis densamente poboadas do mundo, xa que ten unha poboación de 1.500.202 habitantes nunha área de 360 quilómetros cadrados, nos que case a metade da poboación ten menos de 14 anos (44,7 en xuño de 2007)[54].

As eleccións lexislativas palestinas de 2006 deron como gañador á organización islámica Hamas, posteriormente denominada terrorista pola Unión Europea[55] e mailos Estados Unidos de América[56]. Hamas acadou o 44,45% dos votos (74 escanos) e Fatah, a segunda forza recibiu o 41,43% (45 escanos). Tralo conflito militar entre Hamas e Fatah, Hamas asumiu o control administrativo e Exipto pechou o paso fronteirizo de Rafah e Israel pechou os demais pasos fronteirizos e impuxo un bloqueo ó territorio en xuño de 2007. A situación de desesperación e de crise humana obrigou ós palestinos a racha-lo bloqueo mediante túneles subterráneos que conectaban a faixa de Gaza con Exipto, para levar comida e obxectos de primeira necesidade, así como produtos de contrabando. Israel afirmou que a través dos túneles Hamas estaba procedendo a armarse.

De acordo coa Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios, entre 2005 e 2008 116 israelís, incluíndo civís e membros das Forzas de Defensa Israelí, resultaron mortos tanto en Israel coma en Territorios palestinos e 1.509 resultaron feridos[57]. Durante este mesmo período de tempo, 1.735 palestinos, incluíndo civís e militantes de diversos grupos foron asasinados mentres que 8.308 resultaron feridos en ataques israelís[57].

Tregua entre Israel e Hamas de 2008[editar | editar a fonte]

Número de mortos en Israel e na faixa de Gaza en 2008.
Foguetes lanzados a Israel en 2008.
Obuses de morteiro lanzados a Israel en 2008.

O 19 de xuño de 2008 entrou en vigor un cesamento do fogo entre Hamas e o goberno israelí, mediado polo goberno exipcio[58]. En rigor, este acordo nunca se chegou a cumprir, xa que o cese das hostilidades non se produciu na súa totalidade[59]. Entre a materia do acordo atopábanse a apertura dos pasos entre a faixa de Gaza e Israel, así como a apertura do paso de Rafah, entre a faixa e Exipto. Tamén se comtemplaba o inicio das negociacións para a liberación do soldado israelí secuestrado por Hamas Gilad Shalit[60]. Ademais, a parte palestina, agardaba a fin do bloqueo que Israel impuxera sobre Gaza, e que provocou unha verdadeira catástrofe humanitaria. Nun documento[60] do Intelligence and Terrorism Information Center israelí a tregua divídese en dous períodos:

  1. Do 19 de xuño ó 4 de novembro: hai un marcado descenso no lanzamento de foguetes ó oeste do Negev. Esporadicamente viólase a tregua
    por organizacións terroristas non controladas, en certos casos en desafío a Hamas (especialmente por militantes ou simpatizantes de Fatah e Al-Qaeda). Hamas foi coidadosa en mante-la tregua.
    Intelligence and Terrorism Information Center at the Israel Intelligence Heritage & Commemoration Center[60]
    A ONU rexistrou entre o 19 de xuño e 26 do mesmo mes 8 violacións da tregua por parte das forzas israelís e 3 por forzas palestinas, non asociadas a Hamas[61].
  2. Do 4 de novembro até o 17 de decembro: o 4 de novembro o exército israelí realiza unha acción militar asasinando a seis membros de Hamas[62]. En resposta, Hamas e as outras organizacións armadas lanzaron un ataque masivo de foguetes, que devolveron na práctica a situación a niveis anteriores á tregua. O 3 de decembro un ataque aéreo israelí matou a dous adolescentes de 15 e 17 anos na vila de Rafah[63]. O 17 de decembro novamente a aviación israelí atacou dous brancos dentro da faixa: un acocho de armas no campo de refuxiados de Jabaliya (onde Salah Abu Akel, membro do FPLP, foi asasinado, e outros dous membros da fronte foron feridos) e un suposto taller de fabricación de armas en Khan Yunis. O 18 de decembro a aviación seguiu bombardeando preto do campo de refuxiados de Jabaliya, a equipos de lanzadores de foguetes[64].
    Anteriormente, o 4 de decembro, o ministro de defensa israelí mostrábase a favor da continuidade da tregua, instando a Hamas a pregarse ó acordo[65], mentres Hamas, ó día seguinte mostrou o seu interese en continua-la tregua mediante un novo acordo que asegurara o cumprimento do anterior, especialmente que Israel mantivera sempre abertos os pasos fronteirizos, non reducira o tráfico comercial e detivera os ataques contra a faixa. Porén, tralos xa comentados ataques israelís, o 19 de decembro as Brigadas de Izz ad-Din al-Qassam, brazo militar de Hamas, anunciou que non renovaría a tregua finalizada ese día (a posición israelí era que a tregua era ilimitada no tempo).

Acontecementos inmediatamente anteriores ó conflito[editar | editar a fonte]

Trala non renovación da tregua por parte de Hamas, aducindo que Israel non cumprira cos termos do acordo, a propia Hamas pescudou un novo achegamento para renova-la tregua mediante o cumprimento dos termos do acordo orixinal. Así pois, o 23 de decembro, un dos líderes de Hamas, Mahmou az-Zahar, instou a renova-la tregua neses mesmos termos[66]. Ese mesmo día as Forzas de Defensa Israelís (FDI) mataron un membro de Hamas e feriron outros dous que supostamente estaban a lanzar foguetes[67].

Ó día seguinte máis de 60 morteiros e foguetes Qassam foron lanzados sobre Israel sen causar ningún ferido[68]. O ministro de defensa israelí, Ehud Barak, asegurou que ían respostar ós foguetes, e que Hamas ía paga-lo prezo como responsables dos ataques. Na mesma liña o primeiro ministro Ehud Olmert afirmou a unha canle árabe esas ameazas: "estoullo dicindo agora, pode se-lo derradeiro minuto, estou dicindo que paren. Nós somos máis fortes"[69]. Xa daquela oficiais da defensa aseguraban estar a piques de lanzar unha operación de ataques aéreos contra as lanzadeiras de foguetes, que continuaría cunha invasión terrestre[69].

Planificación da operación[editar | editar a fonte]

A planificación da operación iniciárase seis meses antes, e incluíu unha campaña de desinformación para dar unha falsa sensación de seguridade a Hamas e provocar o meirande número de vítimas posibles co seu primeiro ataque aéreo[70][71].

O argumento empregado de xeito público polo goberno israelí é o do autoproclamado dereito á defensa, que está por riba de calquera resolución das Nacións Unidas[72]. Porén, xúntanse moitos intereses máis:

  • Por unha banda a presión para derrotar a Hamas, quen detenta o poder na faixa de Gaza despois da vitoria nas eleccións de 2006, para evita-los lanzamentos de foguetes de fabricación artesá[73]. Isto mesmo confirmouno o viceprimeiro ministro israelí, Haim Ramon[74]. As declaracións neste senso eran habituais dende había tempo. En febreiro de 2008, un ministro israelí, Matan Vilnai, chegou a dicir:
Canto máis se intensifique o lanzamento de Qassam e máis alcance acaden os foguetes, traerán sobre eles mesmos unha maior shoah[75], porque empregaremos tódalas nosas forzas para nos defender.
Matan Vilnai[76].
  • Tamén cómpre salienta-la proximidade das eleccións israelís, marcadas para o 10 de febreiro de 2009. As enquisas pre-electorais daban a vitoria a un partido da oposición[77], o Likud, cuxo candidato foi o ex-primeiro ministro Benjamin Netanyahu. Ademais presaxiábase un ascenso da ultradereita, especialmente de Yisrael Beiteinu, liderado por Avigdor Lieberman. Tanto Yisrael Beiteinu coma o Likud avogaban por unha resposta moito máis contundente contra os palestinos (o propio Lieberman falara de lanzar unha bomba nuclear sobre Gaza)[78][79]. Por ese motivo hai quen aduce que a coalición gobernante, o Kadima (cuxa candidata era a ministra de relacións exteriores, Tzipi Livni) e mailo Partido Laborista (cuxo candidato era o ministro de defensa Ehud Barak), decidiu actuar con dureza á vista do seu desplome nas sondaxes para as próximas eleccións. Pouco antes do inicio da operación, as enquisas amosaban que unha maioría da poboación apoiaban unha operación militar en Gaza[80]. Xa durante a operación militar, os partidos da coalición gobernante volvía a obter nas sondaxes mellores resultados[81]. A maioría da poboación israelí declaraba querer continuar coa operación ou extendela aínda máis, mentres que era unha minoría quen defendía unha tregua[82][83].
  • Certa importancia puido te-la mudanza de goberno nos Estados Unidos de América. A ofensiva israelí encadrouse no período de transición anterior á toma de posesión de Barack Obama (sucedida o 20 de xaneiro de 2009). A acción israelí pretendería, na opinión dalgúns, marcar unha posición de fortaleza fronte a un posible goberno menos partidario cara a Israel e máis aberto á solución dos dous Estados. Porén, o novo goberno estadounidense mantiña o seu forte apoio a Israel, expresado no nomeamento de Rahm Israel Emanuel como xefe de gabinete[84]. Durante o ataque israelí Obama evitou pronunciarse de ningún xeito[85], mentres a Cámara de representantes estadounidense aprobaba unha resolución de apoio á ofensiva[86]. Posteriormente á ofensiva, na visita de Hillary Clinton a Israel, renovouse o apoio ó estado hebreo, aínda que defendendo a opción dos dous estados[87].

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Ataque aéreo[editar | editar a fonte]

27 de decembro

Ás 11:30 hora local (9:30 UTC) do 27 de decembro de 2008 Israel lanzou a súa operación chumbo fundido, cunha primeira vaga de ataques aéreos, a primeira delas desenvolveuse en menos de 4 minutos e consistiu no bombardeo de aproximadamente 100 instalacións gobernamentais por parte de 88 avións[88] F-16[89]. Trinta minutos máis tarde unha segunda vaga de 60 jets e helicópteros atacou outras 60 instalacións: cuarteis de Hamas, oficinas do goberno e 24 comisarías de policía[1]. Nun dos obxectivos, na Cidade de Gaza, mataron cando menos 40 persoas nunha cerimonia de graduación para policías[90]. Finalmente estímase que neste primeiro día morreron uns 235 policías (a maioría do total da ofensiva)[91], incluído o xefe de policía Tawfiq Jabber. Ó final do día xa se calculaban os mortos en máis de 200 e os feridos en máis de 700[92]. Porén, lonxe da inmediatez dos cálculos no día, calculouse o número en 334[93]. Os palestinos rapidamente alcumaron o día como sábado negro[94][95]. As morgues estaban cheas e os mortos apilábanse á espera do enterro[96].

28 de decembro

O domingo 28, Israel continuou o ataque aéreo con obxectivos diversos: edificios, túneles para contrabando, unha mesquita e o edifico da televisión Al-Aqsa TV[97]. Milleiros de palestinos tentaron fuxir ó Exipto pola fronteira, no medio de enfontamentos coa policía exipcia[98]. Nun dos incidentes consecuentes dos bombardeos deste día morreron 5 irmás palestinas, de entre 4 e 17 anos: Tahrir (17), Ikram (15), Samar (12), Dina (8) e Jawaher (4). O seu pasamento produciuse mentres elas durmían, en Jabaliyah[99][100][101]. O Concilio de Seguridade das Nacións Unidas clamou polo cese do ataque, a fin do bloqueo e a apertura da fronteira[102]. A cifra de mortos ergueuse a cando menos 282 mortos e 600 feridos[103].

29 de decembro
Incidente Dignity
O 29 de decembro o iate Dignity do movemento Free Gaza partiu de Chipre cun cargamento de 3,5 toneladas de axuda médica[104]. No barco ían 15 persoas: a activista irlandesa pro dereitos humanos Caoimhe Butterly, a congresista estadounidense Cynthia McKinney, a cirurxiá e membro do parlamento chipriota Elena Theoharous, canda outros dous cirurxiáns, e xornalistas como Karl Penhaul da CNN[105]. Aínda a 90 millas da costa[106], en augas internacionais, a embarcación foi interceptada por embarcacións militares israelís, unha delas batendo contra ela causando graves danos, e despois disparando con metralladora contra a auga para impedi-lo seu avance.

Un portavoz israelí indicou que o barco si que se atopaba en augas pertencentes a Israel, e que os pasaxeiros do barco non responderan ó contacto por radio dos buques da armada.

Ningún dos pasaxeiros resultou gravemente ferido. O barco non puido acudir en axuda de Gaza, e volveu, seriamente danado, ó Líbano.

O ataque aéreo continuou sobre a faixa. A aviación israelí bombardeou a Universidade Islámica de Gaza, considerada un símbolo cultural de Hamas[35], por sospeitaren que funcianaba como almacén de explosivos. Tamén foi albo dos mísiles israelís o edificio do ministerio do interior palestino[35]. Ámbolos dous obxectivos atópanse no mesmo barrio, Tel al-Hawa.

Na cidade israelí de Ashkelon un traballador da construción árabe morreu[107] e outros 17 traballadores, tamén árabes, resultaron feridos polo lanzamento dun foguete BM-21. Na comunidade de Nahal Oz, tamén no sur de Israel, un morteiro matou a un soldado e en Ashdod foi unha muller a que resultou morta. Estas tres mortes meteron presión ó goberno para adiantar canto antes a invasión terrestre[108]. Pola súa banda, un portavoz das Forzas de Defensa Israelís confirmou que a Mariña estaba a tomar parte do ataque a Gaza, mediante ataques con mísiles terra-terra e mediante o sistema Typhoon[109].

Israel procedeu a declarar zona militar pechada unha área de entre dous e catro quilómetros, alén de Gaza, e obrigaron a marchar ós xornalistas. En Cisxordania, a carraxe dalgúns palestinos pola sorte dos palestinos da faixa fixo que saíran ás rúas armados con pedras, ante o cal o exército de Israel disparou contra a poboación, matando a dous cisxordanos. A situación era crítica (xa o era mesmo antes dos bombardeos) e a Cruz Vermella indicaba que os hospitais non daban de si[110]. Os mortos ascendían os 300 e os feridos os 1.400.

30 de decembro

O ataque aéreo israelí tivo como albos cinco edificios ministeriais, unha estrutura propiedade da Universidade Islámica, un recinto deportivo, e varios obxectivos de Hamas, como Abdel-Karim Jaber, cuxa casa nun campo de refuxiados de Jalabiya foi atacada sen estar el presente, matando 7 persoas[111]. Tamén as oficinas da Fronte Popular para a Liberación de Palestina foron esnaquizadas[112]. O número de mortos ascendía a 384[113] e Amnistía Internacional indicaba que non había sitios seguros en Gaza para os civís[114].

Nun radio de 50 quilómetros da fronteira con Gaza Israel pechou as escolas por temor ós foguetes. Desta vez eses foguetes acadaron Be'er Sheva, o punto máis afastado cara ó leste ó que chegaran[115]. Nesta e outras cidades caeron máis de 40 foguetes, sen causar vítimas.

Xornalistas estranxeiros demandaron acceso a Gaza[116]. A secretaria de Estado estadounidense Condoleezza Rice, o ministro de exteriores ruso Sergei Lavrov, o secretario xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon e o xefe da política exterior da UE Javier Solana pediron o cesar do fogo[117]. Asemade, o ministro de exteriores do Reino Unido pediu unha solución política ó conflito[118]. O ditador exipcio Hosni Mubarak dixo que non abriría totalmente o paso da fronteira mentres o posto fronteirizo non estivese baixo a autoridade da Autoridade Nacional Palestina[119].

31 de decembro

Israel rexeitou a proposta francesa dun alto o fogo de 48 horas para o paso de axuda humanitaria a Gaza[120]. Hamas mostrouse receptivo a negociar un alto o fogo de se elimina-lo bloqueo económico[121].

O Exército israelí continuou co bombardeo: volvéronse atinxi-lo Ministerio do Interior, o porto de Gaza, unha mesquita e os túneles fronteirizos entre Gaza e Exipto, neste último caso coa utilización de bombas sísmicas, que deixaron furados de 30 metros de profundidade[122]. Un médico palestino foi asasinado mentres tentaba axudar ós feridos por mor dun proxectil, deixando ademais outros dous feridos[122]. Tamén se bombardeu a oficina do primeiro ministro Ismail Haniyeh.

A resistencia palestina lanzou foguetes a territorio israelí sen causar vítimas. Dous caeron en Beersheba, causando severos danos nunha escola que estaba baleira[123]. Outros dous caeron en Ashkelon e outras cidades[124].

Os mortos palestinos alancaban até os 393 (un 40% deles civís), e os feridos superaban os 1.900[125].

1 de xaneiro

Os ataques israelís bateron en Gaza contra o edificio do Parlamento e as oficinas do ministerio de xustiza, deixando catro mortos e vinte e cinco feridos[126]. Rexistráronse danos nun hospital infantil[127].

Foi asasinado un dos líderes de Hamas, o profesor da Universidade Islámica Nizar Rayan, nun ataque na súa casa que resultou na morte a maiores de 9 mulleres, incluíndo 4 esposas e 11 dos seus fillos[128]. Cinco persoas resulatron mortas nun ataque da aviación en Rafah, outra morreu no sur, e unha muller morreu tras un ataque a unha mesquita en Jabaliya.

Os foguetes lanzados dende territorio palestino seguiron caendo nas cidades próximas israelís, sen causar feridos.

Os mortos palestinos seguían medrando: 417 mortos e sobre 2.000 feridos[129].

2 de xaneiro

Hamas arengou un "día da ira" e enchéronse as rúas de Gaza e Cisxordania de protestas. Os ataques aéreos israelís alcanzaron as casas de 20 militantes de Hamas e, en resposta, militantes palestinos lanzaron máis de 60 foguetes lesionando a catro persoas en Ashkelon. Noutro dos ataques israelíns resultaron mortas cinco persoas, entre elas tres menores[130]. Abriuse brevemente o paso de Erez para deixar sair de Gaza a unhas 440 persoas con pasaporte estranxeiro[131], o cal se interpretou como un indicio da ceda invasión terrestre de Gaza. Os xornalistas continuaron a ter prohibida a súa entrada na faixa, pese a que a corte suprema os autorizou. En Gaza unha ambulancia do Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella que levaba axuda despois dun primeiro ataque israelí foi bombardeada, ferindo ós seus dous ocupantes. Nas protestas en Cisxordania polo masacre de Gaza, tamén foron atacados persoal de ambulancias, manifestantes e xornalistas[132]. Os mortos palestinos chegaron os 428 e os feridos sobrepasaban os 2.100[132].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Informe da ONU, páxina 10 (en inglés).
  2. O nome da operación fai referencia a unha canción infantil xudía, For Chanukah, do poeta Hayyim Nahman Bialik. Gaza “Cast Lead” War Named After Chanukah Poem, Matzav.com (en inglés).
  3. Soldiers’ Testimonies from Operation Cast Lead, Gaza 2009, Breaking the silence (en inglés).
  4. Matanza nun colexio de Gaza ateigado de refuxiados, A Nosa Terra.
  5. Alberto Arce: "Israel impide evacuar a los heridos al bombardear blancos por segunda vez", rtve.es (en castelán).
  6. Testimony: Eight young men killed when army bombs truck of metal workshop in Gaza City, Dec. '08, B'tselem (en inglés).
  7. Five sisters killed in Gaza while they slept, The Independent (en inglés).
  8. Eccidio sionista: 70 membri di una famiglia chiusi in una casa e bombardati dall'esercito di Israele, Infopal.it (en italiano).
  9. ONU denuncia que Israel concentró a un centenar de palestinos en una casa y luego la bombardeó (en castelán).
  10. IDF in Gaza: Killing civilians, vandalism, and lax rules of engagement, (en inglés).
  11. Gaza: soldados israelíes admiten la ejecución de civiles palestinos, Clarín (en castelán).
  12. Rebelión judía contra el ataque de Israel, Público.es (en castelán).
  13. Israeli Gaza 'massacre' must stop, Syria's Assad tells US senator, Agence France-Presse.
  14. Factions refuse Abbas' call for unity meeting amid Gaza massacre, Ma'an News Agency no Turkish Weekly.
  15. Iraqi leaders discuss Gaza massacre.
  16. Arab Leaders Call for Palestinian Unity During "Terrible Massacre", Associated Press, en Foxnews.com.
  17. Gulf leaders tell Israel to stop Gaza "massacres", Reuters.
  18. Manifesto lido por Lluís Llach nunha manifestación en Barcelona o 10 de xaneiro de 2008.
  19. Manifesto lido en Compostela o 18 de xaneiro de 2008.
  20. Palestina denuncia en el Consejo de Derechos Humanos el 'genocidio' israelí en Gaza, elmundo.es (en castelán).
  21. Milleiros galegos saen á rúa para berrar contra o xenocidio en Palestina, gznación.com.
  22. Madrid berra: "paremos o xenocidio palestino", Galicia-Hoxe.
  23. Israel accused of Gaza 'genocide'. Miguel d'Escoto Brockmann, presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas condenou o asasinato de palestinos en Gaza coma un xenocidio.
  24. Chávez expulsa al embajador de Israel en protesta por el genocidio contra los palestinos, la República.es (en castelán).
    No comunicado da chancelaría dise:
    (...) Con el genocidio del Pueblo palestino, el Estado de Israel nunca podrá ofrecerle a su Pueblo la perspectiva de una Paz tan necesaria como duradera.
  25. Olmert asegura que el Ejército israelí ha logrado casi todos sus objetivos en Gaza, cuatro.com (en castelán).
  26. Livni pide comprensión y tiempo a la comunidad internacional, europapress.es (en castelán).
  27. Crece la tensión en Gaza tras la muerte de seis miembros de Hamás, El País (en castelán).
  28. Ataques com mísseis ameaçam cessar-fogo em Gaza, BBC Brasil.com (en portugués).
  29. Israel mata de hambre a Gaza por Navidad (en castelán).
  30. The Gaza Strip: A humanitarian implosion.
  31. Hamas accede a renovar la tregua en Gaza si Israel levanta el bloqueo (en castelán).
  32. Hamas declares Israel truce over, BBC.com (en inglés).
  33. Map: Gaza offensive - Week One, BBC.com (en inglés).
  34. Hundreds die in Israel raid on Gaza, aljazeera.net (en inglés).
  35. 35,0 35,1 35,2 Israel strikes key Hamas offices, BBC.com (en inglés).
  36. Israeli Troops Mass Along Border; Arab Anger Rises, New York Times (en inglés).
  37. Israel ataca a un barco con ayuda humanitaria, Público (en castelán).
  38. Os tanques israelís entran en Gaza, Vieiros.com.
  39. Counting casualties of Gaza's war, BBC.com (en inglés).
  40. Field update on Gaza from the humanitarian coordinator, United Nations Office for the Coordination of Humanitarian Affairs.
  41. Confirmed figures reveal the true extent of the destruction inflicted upon the Gaza Strip; Israel’s offensive resulted in 1,417 dead, including 926 civilians, 255 police officers, and 236 fighters, Palestinian Centre for Human Rights (en inglés).
  42. ONG israelense diz que civis foram maioria das vítimas de ofensiva em Gaza, Folha Online (en portugués).
  43. Five Israeli soldiers killed in 24 hours, as IDF closes in on Gaza cities, haaretz.com (en inglés).
  44. Gaza - Lo que Israel no queria que vieramos, feridos hospitaliados a partir do minuto 3 e 30 segundos (ollo: as imaxes poden feri-la súa sensibilidade).
  45. Israel sancionó militares por uso de fósforo blanco, BBC Mundo (en castelán).
  46. Gaza: Humanitarian situation, BBC.
  47. Gaza 'looks like earthquake zone', BBC.
  48. Historias del genocidio en Gaza: La niña palestina Christine murió de miedo.
  49. Hamas, Israel set independent cease-fires, cnn.com.
  50. Un soldado israelí y un granjero palestino muertos en la frontera de Gaza, elmundo.es.
  51. Clashes follow Israeli 'cessation', aljazeera.net.
  52. Last Israeli troops 'leave Gaza', BBC.
  53. Israel bombardea nave libanesa con ayuda humanitaria para Gaza, telesurtv.net (en castelán).
  54. CIA The World Factbook.
  55. Council Decision Consello da Unión Europea, 21-12-2005.
  56. Chapter 6 Terrorist Groups, U.S. State Dept., 27 de abril de 2005.
  57. 57,0 57,1 Reports to the end of october 2008, outubro de 2008 (en inglés).
  58. Rockets hit Israel, breaking Hamas truce, International Herald Tribune (en inglés).
  59. Gaza Truce May Be Revived by Necessity, The New York Times (en inglés).
  60. 60,0 60,1 60,2 The Six Months of the Lull Arrangement, Intelligence and Terrorism Information Center at the Israel Intelligence Heritage & Commemoration Center (en inglés).
  61. FACTBOX-Israel, Palestinians trade blame for truce violations, Reuters (en inglés).
  62. Gaza truce broken as Israeli raid kills six Hamas gunmen, The Guardian (en inglés)
  63. Raid aérien israélien tue 2 adolescents à Gaza (en francés).
  64. Nouvelle escalade des attaques de la bande de Gaza alors que le Hamas annonce la fin de la trêve, Centre d'Etudes Spéciales (en francés).
  65. Israel in favor of extending Gaza lull (en inglés).
  66. Hamas: Willing to renew truce (en inglés).
  67. Flare-up dims truce hopes along Israel-Gaza border, Reuters (en inglés).
  68. IDF gets green light to strike Hamas after rocket barrage, The Jerusalem Post (en inglés).
  69. 69,0 69,1 Olmert Delivers 'Last Minute' Warning to Gaza, FOX News (en inglés).
  70. Disinformation, secrecy and lies: How the Gaza offensive came about, Haaretz (en inglés).
  71. Six months of secret planning - then Israel moves against Hamas, The Guardian (en inglés).
  72. Olmert defiende Israel alegando que ningún país habría ejercido la misma contención contra Hamás, (en castelán).
  73. Análise: Israel quer neutralizar Hamas, mas rendição é improvável, BBC Brasil (en portugués).
  74. El objetivo israelí en Gaza es la caída de Hamas, Diario Las Américas (en castelán).
  75. O termo shoah emprégase habitualmente para se referir ó holocausto xudeu perpetrado polo réxime nazi. Emporiso non adoita empregarse referido a outros acontecementos, e de facerse causa certa polémica.
  76. Israeli minister warns of Palestinian 'holocaust', The Guardian (en inglés).
  77. Israel Election Polls: Likud 30-32; Kadima 23-26; Labor 11-14, (en inglés).
  78. Gaza merece una bomba nuclear, lasextanoticias.es (en castelán).
  79. Israeli politician calls for nuclear strike on Gaza, Ma'an News Agency (en inglés).
  80. Poll after rockets slam into Israel: Israelis support military operation in Gaza 60%:23%, IMRA (en inglés).
  81. Poll: Kadima and Labor jump since operation started Kadima 28 Labor 16 Likud 30 - Support operation 81%:12%, IMRA (en inglés).
  82. Poll: Most Israelis support continuing Gaza military op, Haaretz (en inglés).
  83. 5 Polls show radically different results for Likud and Kadima. 9.3% want ceasefire now, IMRA (en inglés).
  84. Obama elige a un pro-israelí de la línea dura como jefe de gabinete, mundoarabe.org (en castelán).
  85. Obama is losing a battle he doesn't know he's in, The Guardian (en inglés).
  86. [1], elEconomista.es (en castelán).
  87. Clinton renueva el apoyo de EE UU a Israel y defiende la ´solución´ de los dos Estados, Faro de Vigo (en castelán).
  88. Most Hamas bases destroyed in 4 minutes, Haaretz.com, 29/12/2008 (en inglés).
  89. Massive Israeli air raids on Gaza, BBC (en inglés).
  90. Gaza humanitarion situation report (28 de decembro ás 16:00), Office for the Coordination of Humanitarian Affairs (en inglés)
  91. Situación de los derechos humanos en Palestina y otros territorios árabes ocupados, Richard Falk (traducido ó castelán en rebelion.org).
  92. Israel kills scores in Gaza air strikes, Reuters (en inglés)
  93. Lista de asasinados do Centro Palestino pro Dereitos Humanos. Inclúe data da morte, profesión, idade, lugar de residencia e lugar do ataque.
  94. Israeli jets kill ‘at least 225’ in strikes on Gaza, Times Online (en inglés).
  95. Imaxes do día, El País (en castelán).
  96. Inside Gaza: 'The hospital morgues were already full. The dead were piled on top of each other outside', Sami Abdel-Shafi en The Independent (en inglés).
  97. Israel's Shock & Awe Planned 6 Months, IslamOnline.net (en inglés).
  98. Hundreds of Gazans breach Egyptian border, Jerusalem Post (en inglés).
  99. Five sisters killed in Gaza while they slept, The Independent (en inglés).
  100. 'I didn't see any of my girls, just a pile of bricks', The Guardian (en inglés).
  101. Imaxes do funeral.
  102. Security Council (en inglés).
  103. Israeli tanks gather as Gaza raids continue, The National (en inglés).
  104. Gaza aid boat 'rammed by Israel', BBC (en inglés).
  105. Gaza relief boat damaged in encounter with Israeli vessel, CNN.com (en inglés)
  106. Israel accused of ramming Gaza aid boat, Guardian (en inglés).
  107. Three Israelis killed as Hamas launches revenge attacks, The Independent (en inglés).
  108. Israel expands Gaza campaign as militants fire rockets, Reuters (en inglés).
  109. Vídeo onde se amosan os dous métodos, 29 de decembro de 2008, Youtube.
  110. Israel despeja las áreas próximas a Gaza ante una posible incursión, Público (en castelán).
  111. Israel rejeita pressão por cessar-fogo e ataca casa de líder do Hamas, Folha Online (en portugués).
  112. Alberto Arce: "El ataque de Israel no es contra Hamás, sino contra los palestinos", 20 minutos (en castelán).
  113. Israel and Hamas under pressure for Gaza aid truce, Reuters (en inglés).
  114. Amnesty International: there are no safe places in Gaza, Palestine News Network (en inglés).
  115. 4 rockets hit south as 'special situation' status extended to 40 kilometers from Gaza border.
  116. Foreign journalists demand Gaza access, The Guardian (en inglés).
  117. El Cuarteto para Oriente Próximo pide el alto el fuego inmediato entre Israel y Hamás, Europa Press (en castelán).
  118. Reino Unido diz que Hamas só poderá ser derrotado politicamente, UOL (en portugués).
  119. Mubarak: We'll open Gaza crossing only if PA takes control, Haaretz (en inglés).
  120. Israel rebuffs Gaza truce call, mobilises troops, Reuters.
  121. Israel decides to push on with Gaza op until 'all goals reached', Haaretz.
  122. 122,0 122,1 El 15 por ciento de los 376 muertos en Gaza eran mujeres y niños, según el Ministerio de Sanidad de Hamás, europapress.es.
  123. Rocket barrages hit Beersheba, Ashkelon; 5 lightly hurt, ynet.
  124. 4 rockets hit south as 'special situation' status extended to 40 kilometers from Gaza border, Haaretz.
  125. Tras cinco días de bombardeos continuados, Gaza comienza a identificar a sus muertos, El mundo.
  126. Israel resumes bombardment of Gaza, Al Jazeera English.
  127. Gaza violence goes into sixth day, BBC.
  128. IDF targets senior Hamas figures, Haaretz.
  129. Las autoridades médicas aumentan a 417 muertos y 2.000 heridos, 250 graves, el balance de los bombardeos, europapress.
  130. Hamas warns against ground attack, BBC (en inglés).
  131. Gaza mourns as strikes continue, Al Jazeera (en inglés).
  132. 132,0 132,1 Ambulances fired upon, crews and journalists injured, PNN (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Operación chumbo fundido

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]