Alamáns
Os alamáns (en alemán Alemannen) eran un conxunto de tribos xermanas establecidas no bordo sur medio e inferior do río Elba, ao longo do río Meno onde foron mencionados por primeira vez por Dión Casio en 213.
Segundo Asinio Cuadrato, o seu nome, que significa "todos os homes", indica que eran o agrupamento de varias tribos: hermunduros (hermións), iutungos, bucinobantes, lentienses, semmones, cuados e teutóns.
Os alamáns estiveron continuamente en conflito co Imperio Romano. Inicialmente situados ao norte da provincia de Recia, foron contidos polos romanos ata a metade do século III, tras dous séculos de enfrontamentos. Logran desprazarse aos poucos cara ao oeste para instalárense definitivamente sobre territorio que comprende unha parte das actuais Vorarlberg, Suíza, Baden-Württemberg e Alsacia.
Cronoloxía [editar]
- 213, primeira aparición dos alamáns en Xermania superior.
- 253, os francos e alamáns invaden a Galia.
- 277, o emperador Probo libera a Galia e fai retroceder aos alamáns máis aló do río Rin.
- 352, os alamáns e francos derrotan ao exército romano, toman corenta cidades e instálanse entre o Mosela e o Rin.
- 378, os alamáns invaden a actual Alsacia.
- 496, os francos derrotan aos alamáns no Neckar.
- 512, fin da guerra entre os francos e os alamáns.