Prusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Preußen
Prusia
1525–1947
Bandeira Escudo
Lema: Suum cuique
(Latín: A cada un o seu)
Capital Königsberg
Berlín (despois)
Lingua Alemán (oficial)
Goberno Monarquía, democracia
Período histórico Idades Moderna e Contemporánea
 • Ducado de Prusia 10 de abril de 1525
 • Reino de Prusia 18 de xaneiro de 1701
 • Abolición (de facto) 9 de xaneiro de 1934
 • Abolición (de iure) 25 de febreiro de 1947
Superficie
 • 1939 297.007 km²
Poboación
 • 1939 est. 41.915.040 
     Densidade 141,1/km²

Prusia (alemán: Preußen) foi, de 1701 a 1918, un reino, e logo, de 1918 a 1947 unha parte da Alemaña. O reino de Prusia xurdiu do gran ducado de Brandeburgo, que absorbera no 1618 á Prusia oriental.

Historia[editar]

Estando fortemente militarizada (o 4% da poboación formaba parte do exercito), Prusia invadiu en 1742 a Silesia, e logo anexou a parte oeste de Polonia (1772-1795).

Tendo sufrido pesadas derrotas fronte ao exercito napoleónico (1806-1807), Prusia foi forzada a proceder a reformas internas (abolición da servidume no 1807; autonomía acordada ás cidades en 1808). Beneficiándose da derrota de Napoleón en Rusia, Prusia declara a guerra a Francia. No congreso de Viena en 1815, Prusia obtén unha parte da Saxe e da Westfalia, mais perdeu unha parte dos territorios tomados fronte á Polonia, que foron atribuídos á Rusia.

Prusia libra no 1866 unha guerra vitoriosa cos austríacos, e derrota a Francia na guerra franco-alemá (1870-71). Despois que foi proclamado o Imperio alemán (II Reich), o rei de Prusia Guillerme I proclamado emperador de Alemaña. Prusia xoga un papel determinante no seo dos 25 estados soberanos do Imperio alemán (1871-1918).

Divisións territoriais[editar]

Prusia estaba dividida en 12 (14) provincias:

  1. Prusia oriental, capital Königsberg.
  2. Prusia ocidental, capital: Dantzig.
  3. Cidade de Berlín.
  4. Brandeburgo, capital: Potsdam.
  5. Pomerania, capital: Stetin.
  6. Posnania, capital: Posen.
  7. Silesia, capital: Breslau.
  8. Saxe (hoxe Saxe-Anhalto), capital: Magdebourg.
  9. Schleswig-Holstein, capital: Kiel - conquista en 1864.
  10. Provincia de Hanover, capital: Hannover - conquista en 1866.
  11. Westfalia, capital Münstar.
  12. Hesse-Nassau, capital: Kassel - conquista en 1866.
  13. Renania, capital: Coblencia.
  14. Hohenzollern, capital: Sigmaringen mais que fai parte da Renania.

As 12 provincias comprenden as Rexencias ou Presidencias (Bezirke) e as Kreise.