Día da Ascensión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ascensión de Xesús, obra de Giotto.

O Día da Ascensión é unha festa cristiá que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección (durante o Tempo pascual) e que conmemora a ascensión de Xesucristo ao ceo en presenza dos seus discípulos tras anunciarlles que lles enviaría o Espírito Santo.

Doutrina cristiá[editar | editar a fonte]

A doutrina cristiá sostén comunmente que Cristo ascendeu en forma física ao Ceo tras a súa Resurrección en presenza dos seus Apóstolos. Enténdese por "ascender ao ceo" unha unión física con Deus Pai e non unha transformación espiritual do individuo como é habitual nas experiencias místicas doutras relixións.

Este aspecto do misterio pascual relaciónase coa importancia dada pola teoloxía cristiá á corporeidade, que a Palabra de Deus asumiu na Encarnación, que é glorificada na Ascensión de Cristo á dereita de Deus Pai e que os mortos recobrarán, dalgún xeito, na Resurrección do fin dos tempos.

Nárrase este episodio en Marcos 16, 19; Lucas 24, 50-51 e Feitos dos Apóstolos 1, 9-11. A liturxia cristiá afirma a Ascensión no Credo de Nicea-Constantinopla e no Credo dos Apóstolos.

Data[editar | editar a fonte]

Día da Ascensión, 2010-2020
Ano Catolicismo e Protestantismo Ortodoxia
2010 13 de maio
2011 2 de xuño
2012 17 de maio 24 de maio
2013 9 de maio 13 de xuño
2014 29 de maio
2015 14 de maio 21 de maio
2016 5 de maio 9 de xuño
2017 25 de maio
2018 10 de maio 17 de maio
2019 30 de maio 6 de xuño
2020 21 de maio 28 de maio