Karl Weierstrass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Theodor Wilhelm Weierstraß
Karl Theodor Wilhelm Weierstraß
Nacemento: 31 de outubro de 1815
Ostenfelde
Falecemento: 19 de febreiro de 1897
Berlín
Nacionalidade: Alemaña
Ocupación: Matemático

Karl Theodor Wilhelm Weierstraß (escrito Weierstrass cando non está dispoñible o carácter "ß"), nado en Ostenfelde (Westfalia) o 31 de outubro de 1815 e finado en Berlín o 19 de febreiro de 1897, foi un matemático alemán que se adoita considerar como o «pai da análise moderna».

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou matemáticas na Universidade de Münster. Ademais das súas prolíficas investigacións hai que sinalar que foi profesor de cátedra na Universidade de Berlín na que tivo entre os seus discípulos a Georg Cantor, Ferdinand Georg Frobenius, Wilhelm Killing, Leo Königsberger, Carl Runge e Sofia Kovalévskaya.

Contribucións en matemáticas[editar | editar a fonte]

Citado como o «pai da análise moderna», Weierstraß deu as definicións actuais de continuidade, límite dunha función e derivada dunha función matemática, que seguen vixentes hoxe en día.

Isto permitiulle demostrar un conxunto de teoremas que estaban ata entón sen demostrar como o teorema do valor medio, o teorema de Bolzano-Weierstrass e o teorema de Heine-Borel.

Tamén realizou aportes en converxencia de series, en teoría de funcións periódicas, funcións elípticas, converxencia de produtos infinitos, cálculo de variacións, análise complexa, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Karl Weierstrass