Frankfurt - Frankfurt am Main

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Frankfurt")
Para a outra cidade chamada Frankfurt vexa Frankfurt do Oder.
Escudo Emprazamento da cidade no mapa de Alemaña.
Datos básicos
Estado: Hesse
Superficie: 248,31 km²
Poboación: 670.096 (2008-03-31)
Densidade: 2.595 hab/km²
Website: frankfurt.de
Sede de Banco Central Europeo
Bundesbank
Bolsa de Fráncfort
Distritos (Bezirke)
1.Innenstadt I
2.Innenstadt II
3.Innenstadt III
4.Innenstadt IV
5.Süd
6.West
7.Mitte-West
8.Nord-West
9.Mitte-Nord
10.Nord-Ost
11.Ost
12.Kalbach
13.Nieder-Erlenbach
14.Harheim
15.Nieder-Eschbach
16.Bergen-Enkheim
Os distritos están subdivididos en 46 barrios

Frankfurt (en alemán: Ltspkr.png Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hesse (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden.

Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.

Índice

Historia [editar]

Horizonte nocturno da cidade

O nome vénlle dos tempos das tribos xermánicas. Significa o vado (Furt) dos francos (Frank-en), unha tribo xermánica occidental.

O Imperio Romano, na súa extensión máxima, chegou a incluí-la cidade, aínda que por pouco tempo. O emperador Carlomagno habitou varias veces nesta cidade. Durante o Sacro Imperio Romano Xermánico foi sede de moitas eleccións imperiais e entre 1562 e 1792 foi a cidade do coroamento do Emperador. Logo foi a capital da Confederación do Rin, e máis adiante a da Confederación Xermánica.

Prusia anexionou a cidade en 1866, cinco anos antes de gaña-la guerra franco-prusiana, cuxo tratado de paz, que desembocou na creación de Alemaña como país unido, foi asinado en Frankfurt o 10 de maio de 1871.

Ó igual que a maioría das cidades alemás, Frankfurt foi escachizada polos bombardeos dos aliados durante a Segunda Guerra Mundial.

A metrópole converteuse no centro da rexión Rin-Meno, unha das máis produtivas e dinámicas de Alemaña, que conta aproximadamente 5 millóns de habitantes, entre os que se destaca a maior proporción de estranxeiros do país.

Capital financeira da Unión Europea [editar]

Eurotower, sede do BCE

O Banco Central Europeo (BCE), unha das institucións máis representativas da Unión Europea (UE), ten a súa sede principal en Frankfurt. Os órganos reitores do BCE (Consello de Goberno e Comité Executivo) dirixen o Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), cuxas funcións consisten en administra-la masa monetaria, conduci-las operacións en divisas, conservar e administra-las reservas oficiais de divisas dos Estados membros e garanti-lo bo funcionamento dos sistemas de pago. O euro manéxase dende esta cidade.

Un moderno edificio, que deberá alberga-la sede do BCE a partir de 2007, se constrúe actualmente a beiras do Meno sobre terreos anteriormente ocupados pola central de mercado.

Ademais, Frankfurt é o centro financeiro do país e alberga a Bolsa alemá (Deutsche Börse AG) e o banco federal de Alemaña (Deutsche Bundesbank). Nela encóntrase a sede de máis de 370 bancos, e os mercados financeiros máis importantes do mundo mercan e venden aquí a diario as súas accións. Este feito e o estar a beiras do río Meno fai que se coñeza tamén como "Mainhattan", en referencia ó barrio neoiorquino de Manhattan.

Ver: Asuntos institucionais e política na Unión Europea - Economía da Unión Europea - Edificio do Banco Central Europeo

Lugares de Interese [editar]

Vista panorámica de Frankfurt
  • Casa natal de Goethe.
  • Paulskirche: aquí en 1848 inaugurouse o primeiro parlamento alemán libremente elixido.
  • Zeil-Galerie: suba á última planta e goce dunha das mellores vistas.
  • Museumsufer: zona que ofrece museos en ambas marxes do río. Entre eles destacan o Museo do Cine, o Museo de Arquitectura e o Museo de Artes Aplicadas.
  • Römerberg: centro antigo de Frankfurt, detalladamente restaurado.
  • Sachsenhausen: o barrio máis típico e máis visitado. Ten unha gran variedade gastronómica, acolle a maioría dos restaurantes e das sidrerías da cociña francortiana.
  • Maintower (Torre do Meno): dende a terraza situada a 200 m de altura pódese gozar dunha vista estupenda. Sobre todo nos meses de outubro a marzo a partir vese a cidade totalmente iluminada. É unha vista única en Alemaña.
  • A Bolsa (Frankfurter Wertpapierbörse): diante do edificio preséntanse os símbolos da bolsa: un touro (polo alza) e un oso (pola baixa).
  • Commerzbank-Tower: deseñado polo arquitecto Sir Norman Foster en 1997. Destacan os nove xardíns integrados nas plantas superiores. É o rañaceos máis alto de Europa.
  • Hauptwache: xurdiu en 1728 do plano do urbanista Johann Samheimer. Este edificio perdeu a súa función de prisión e hoxe alberga o café "Hauptwache" e un restaurante xaponés.
  • Feira Internacional do Libro: considerada a máis importante do mundo. Lévase a cabo unha vez ó ano.
  • Commerzbank-Area (chamado ata o 1 de xullo de 2005 Frankfurter Waldstadion): estadio de fútbol que xa albergou numerosas competicións, como o Mundial de fútbol de 1974, a Copa Confederaciones 2005 e a Copa Mundial de Fútbol de 2006.
  • Torre da Feira, "Messeturm": deseñada polo arquitecto Helmut Jahn. Frankfurt é o centro das feiras, e grazas a elas, case tres millóns de persoas visitan a cidade tódolos anos para ve-la Feira da Música ou a Feira do Automóbil (IAA - Internationale Automobil Ausstellung).

Transportes [editar]

Frankfurt am Main - Netzplan Schienennahverkehr.png

O Aeroporto de Frankfurt (Flughafen Frankfurt am Main, localizado a 12Km do centro da cidade) é unha referencia internacional e os seus máis de 50 millóns de pasaxeiros ó ano convérteno no segundo aeroporto máis transitado de Europa, soamente superado polo Aeroporto de Heathrow, de Londres. Conta con catro pistas e está considerado o mellor aeroporto de carga do mundo. Así mesmo, é o aeroporto no que opera o maior número de liñas aéreas internacionais.

Malia o que poida parecer polo seu nome, o Aeroporto de Frankfurt-Hahn (Flughafen Frankfurt-Hahn) áchase a aproximadamente 120 km da cidade de Frankfurt, en Lautzenhausen. O aeroporto é unha base principal da compañía Low-cost Ryanair. Tan só se chega a el por estrada. Conta cun bus a cada hora dende a Estación Central de Frankfurt, que fai o traxecto en unha hora 45 minutos.

Ó igual que Berlín, Frankfurt implementou un completo sistema de bicitaxi, transporte alternativo e ecolóxico.

Pola súa parte, o Metro de Frankfurt posúe sete liñas e 58,7 quilómetros de lonxitude.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos [editar]

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
Cityscapeberlin2006.JPG
Berlín
Binnenalster am Abend.jpg
Hamburgo
Deutsche Museum in Munich.jpg
Múnic
1 Berlín Berlín 3.531.201 11 Leipzig Saxonia 531.809
2 Hamburgo Hamburgo 1.810.698 12 Dresde Saxonia 529.781
3 Múnic Baviera 1.378.176 13 Hannóver Baixa Saxonia 525.875
4 Colonia Renania do Norte-Westfalia 1.017.155 14 Nuremberg Baviera 510.602
5 Frankfurt Hessen 691.518 15 Duisburgo Renania do Norte-Westfalia 488.005
6 Stuttgart Baden-Württemberg 613.392 16 Bochum Renania do Norte-Westfalia 373.976
7 Düsseldorf Renania do Norte-Westfalia 592.393 17 Wuppertal Renania do Norte-Westfalia 349.470
8 Dortmund Renania do Norte-Westfalia 580.956 18 Bonn Renania do Norte-Westfalia 327.913
9 Essen Renania do Norte-Westfalia 573.468 19 Bielefeld Renania do Norte-Westfalia 323.395
10 Bremen Bremen 548.319 20 Mannheim Baden-Württemberg 314.931
Datos do censo de 2011