Xordania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXordania
االْمَمْلَكَةُ الْأُرْدُنِيَةُ الْهَاشِمِيَة (ar) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoAs-salam al-malaki al-urdoni Editar o valor em Wikidata

Lema«الله، الوطن، الملك» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialIris nigricans Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRío Kevin Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 31°12′N 36°30′L / 31.2, 36.5Coordenadas: 31°12′N 36°30′L / 31.2, 36.5
CapitalAmán Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.428.241 (2019) Editar o valor em Wikidata (116,72 hab./km²)
Lingua oficialárabe Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie89.341 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoJabal Umm ad Dami (pt) Traducir (1.854 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Morto (−428 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1946 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Rei da Jordânia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataAbdullah II de Xordania Editar o valor em Wikidata
• Primeiro-ministro da Jordânia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataBisher Al-Khasawneh (pt) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento da Jordânia (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal45.116.317.042 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedadinar xordano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.jo e .الاردن (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+962 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911 Editar o valor em Wikidata
Código de paísJO Editar o valor em Wikidata

Sitio webjordan.gov.jo… Editar o valor em Wikidata

Xordania[1] (en árabe: الأردن Al-ʼUrdunn), oficialmente Reino Haxemita de Xordania (المملكة الأردنّيّة الهاشميّة Al-Mamlaka al-Urdunniyya al-Hāshimiyya), chamado Transxordania ata 1950, é un país de Asia localizado na rexión do Oriente Medio. Limita ao norte con Siria, ao nordeste con Iraq, ao leste e ao sur con Arabia Saudita e ao suroeste co mar Vermello (no Golfo de Aqaba, con Israel e co territorio palestino de Cisxordania).

Historia[editar | editar a fonte]

Petra, capital nabatea e da provincia romana de Arabia Pétrea. Unha das Novas sete marabillas do mundo.
A Praza Ovalada Romana en Xerash.

A terra que máis tarde chegou a ser Xordania forma parte da histórica rexión do Crecente Fértil. A súa historia comezou ao redor de 2000 a. C, cando os amoritas semíticos se estableceron ao redor do río Xordán no área chamada Canaán. Subsecuentes invasores e colonos incluíron aos hititas, exipcios, israelitas, asirios, babilonios, persas, gregos, nabateos, romanos, árabes musulmáns, cruzados cristiáns, mamelucos e a turcos otománs.

Aproximadamente, no 312 a. C, os nabateos refuxiáronse en Petra, escapando dos reis seléucidas. Gozaron de relativa independencia, grazas á decadencia da monarquía seléucida, razón pola cal Petra converteuse nunha importante parada de caravanas. Nos tempos de Pompeo Magno, a autonomía nabatea en Xordania viuse ameazada, e finalmente, en 105, os romanos anexaron gran parte da actual Xordania ao seu imperio, baixo o nome de Arabia Pétrea, con Petra como capital. A provincia intentaría rebelarse no século III, sen éxito.

No século VII, a actual Xordania sería conquistada polo califa Umar I, pero no ano 1100, durante a Primeira Cruzada, Balduíno I de Xerusalén realizaría diversas incursións na chamada Transxordania (en francés Outre-Jordain, que significa "máis aló do Xordán", co obxectivo de controlar as caravanas de camelos que cruzaban os territorios da actual Xordania. Durante as cruzadas, os francos fixéronse co control de toda a rexión. Transxordania converteuse entón no señorío de Transxordania, vasalo do Reino de Xerusalén, que durou ata 1189, ano en que Saladino ocupou toda Transxordania, e mantívose baixo o goberno da dinastía ayubí ata que en 1259 pasa a mans dos mamelucos e, en 1517, a mans dos otománs.

A expansión do Imperio Otomán, nos tempos de Selim I, chocou directamente co Imperio Safávida, no século XVI, quedando os territorios de Xordania atrapados no medio. Logo da decadencia safávida, os territorios ao leste do Xordán foron administrados polos turcos otománs desde 1518. Entre 1900 e 1908, os ocupantes otománs iniciaron a construción do ferrocarril de Hiyaz, que atravesaba a actual Xordania, co obxectivo de facilitar a peregrinación á Meca desde Damasco e o envío de tropas ás nacións árabes. Este ferrocarril mellorou o desenvolvemento de Xordania. Porén, o resentimento árabe contra a ocupación turca non se viu atenuada.

Durante a primeira guerra mundial, Gran Bretaña aproveitouse do nacionalismo árabe, e logo de prometer a creación dun Estado árabe independente que abarcaría a Arabia e as actuais Siria, Líbano, Israel, Xordania e Iraq, promoveu a Rebelión Árabe. Deste xeito, as tropas árabes, apoiadas por oficiais británicos como Lawrence de Arabia, lograron derrotar aos turcos e alemáns no Medio Oriente, e o ferrocarril de Hiyaz sufriu accións de sabotaxe, especialmente en Xordania. A caída do porto Xordano de Aqaba en mans árabes en 1917, condenou ás forzas turcas, aínda que a guerra non acabaría ata setembro de 1918.

Ao finalizar a guerra, segundo o acordado, o Imperio Otomán foi desmembrado, pero os secretos Acordos Sykes-Picot viron a luz: significaban a repartición do Medio Oriente entre Reino Unido e Francia, traizoándose a causa árabe. Gran Bretaña recibiu da Sociedade das Nacións, o mandato sobre gran parte do Medio Oriente, incluíndo o territorio que agora comprende Israel, Xordania, Cisxordania, a Faixa de Gaza e Xerusalén. Ante a necesidade de comunicar Iraq con Palestina, ambas baixo mando británico, definiuse a forma actual do estado Xordano.

En 1922, os británicos dividiron o Mandato británico de Palestina ao establecer o emirato semiautónomo de Transxordania ao leste do río Xordán, gobernado polo príncipe haxemita Abdalá I, aínda que continuaba a administración baixo un alto comisariado británico. O mandato sobre Transxordania terminou o 22 de maio de 1946; o 25 de maio, o país converteuse no independente Reino Haxemita de Transxordania, con Abdalá I como primeiro Rei; mais, o seu tratado especial de defensa co Reino Unido non finalizaría ata 1957.

Nos Acordos Sykes-Picot, o Reino Unido conseguiu o dominio de Xordania, que obtivo un corredor desértico ao leste para comunicar Iraq con Transxordania, ambas ocupadas polos británicos.

O Reino de Transxordania mostrouse contrario á creación de Israel en maio de 1948, e tomou parte na guerra entre os estados árabes e o novo Estado de Israel (véxase Guerra árabe-israelí de 1948). Os armisticios do 3 de abril de 1949 deixaron a Xordania o control da Cisxordania. O Reino Haxemita propuxo que as liñas de demarcación establecésense sen prexuízo dos futuros límites territoriais a determinarse.

En 1950, o país foi renomeado como "Reino Haxemita de Xordania" ao incluír aquelas porcións de Palestina anexadas polo rei Abdalá. Mentres recoñecían a administración Xordana sobre a Cisxordania, os Estados Unidos mantiveron a posición de que a soberanía final sobre Cisxordania sería materia de novos tratados.

Despois de que Siria e Exipto se unisen baixo a República Árabe Unida en 1958, os reinos Haxemitas de Xordania e Iraq uníronse baixo o nome de Federación Árabe de Iraq e Xordania. Porén, un golpe de Estado militar en Iraq, liderado por Abdul Karim Qasim, interrompeu a unión con Xordania. Xordania logo asinou un pacto de defensa mutua en maio de 1967 con Exipto, e polo tanto participou na guerra de xuño de 1967 entre Israel e os Estados árabes de Siria, Exipto e Iraq. Durante a guerra, Israel logrou o control da Cisxordania e de Xerusalén Leste.

A guerra de 1967 conduciu a un dramático aumento no número de palestinos que vivían en Xordania. A súa poboación de refuxiados palestinos —700 000 en 1966— creceu noutros 300 000 provenientes da Cisxordania. O período seguinte á guerra de 1967 viu un grande aumento no poder e a importancia dos elementos de resistencia palestinos (fedayín) en Xordania. Os fortemente armados fedayín constituíron unha ameaza crecente á soberanía e seguridade do Estado haxemita, e unha loita aberta estalou en xuño de 1970.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

A Xordania é unha monarquía constitucional, conforme á constitución de 1952. O rei Abdullah II é o xefe de estado dende o 7 de febreiro de 1999.

O xefe de goberno é o primeiro-ministro, indicado polo rei. O 24 de outubro de 2011 foi proclamado no cargo Awn Shawkat Al-Khasawneh.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Mapa das gobernacións de Xordania.

Xordania está dividida en doce gobernacións (muhafazat, en singular muhafazah):

Xeografía[editar | editar a fonte]

Xordania limita con Iraq ao nordés, Arabia Saudita ao leste e sur, Israel e os territorios palestinos ao oeste e Siria ao norte. En total, as súas fronteiras teñen unha lonxitude de 1.619 km. Grazas ao Golfo de Aqaba, posúe unha saída ao mar Vermello; tamén posúe costas no mar Morto. En total, Xordania posúe 26 km de costas.

Xordania posúe unha árida planicie que cobre as rexións centrais e orientais do seu territorio, polo que soamente o 3.32% das terras son cultivables. No oeste, existen rexións altas. O Gran Val do Rift e o río Xordán son as fronteiras naturais occidentais de Xordania. O punto máis baixo é o mar Morto (-408 msnm) e o punto máis alto é a montaña Jabal Ramm con 1.734 metros de altura sobre o nivel do mar.

Mapa de Xordania

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Xordania.

Xordania é un país pequeno con recursos naturais bastante limitados, pouca auga e pouco petróleo. A pobreza, o desemprego e a inflación son problemas fundamentais, pero o rei Abdullah, despois de asumir o trono en 1999, puxo en funcionamento reformas económicas para mellorar o padrón de vida do país.

O país é un grande exportador de fosfato e carbonato de potasio, e tamén depende do turismo e do comercio de fertilizantes. Importa o petróleo que consome do Iraq e da Arabia Saudita.

A Xordania continúa a seguir as directrices do Fondo Monetario Internacional dende o 2002, seguindo unha política monetaria austera e privatizacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xordano.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.