Século III
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas efemérides do século III é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros séculos que precisan ampliación e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
século II < século III > século IV
Período de tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 201 e o 31 de decembro de 300 da era cristiá.
Acontecementos importantes
O Imperio Romano enfróntase a un período de tentativas bárbaras de invasión. Tamén, no leste, o Imperio Persa ameaza as provincias de Siria e Asia Menor. Isto é debido á falta de liderado e ós enfrontamentos entre xenerais polo poder imperial que segue á morte de Marco Aurelio (180). Ademais, os maiores gastos militares farán aumenta-los impostos xa que o tempo das conquistas pasou: o Imperio chegou a súa máxima expansión territorial con Marco Aurelio. Tras un largo período de enfrontamentos internos e externos, agravados pola crise económica, o Imperio rexurdiría parte do seu esplendor no século seguinte, pero as fendas xa estaban abertas, os xermanos eran unha realidade e ningunha nova campaña de conquista víase factible.
- 258, as provincias de Galia, Britania, Vienensis e Hispania conforman o Imperio Galo.
- 260, Siria, Palestina e Exipto forman o Imperio de Palmira.
- 268-270, Claudio II o Gótico comeza o proceso de reunificación, reconquistando Hispania. Aureliano, man dereita de Claudio II continúa o proceso de restauración da autoridade imperial. En 274 o Imperio recuperaba as súas fronteiras orixinais.
Personaxes destacadas