Mundial de Fútbol Alemaña 2006

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cerimonia de apertura do Mundial de Fútbol Alemaña 2006
Cerimonia de apertura do Mundial de Fútbol Alemaña 2006

O Mundial de Fútbol (ou Copa do mundo) Alemaña 2006 realizouse por segunda vez en Alemaña (a primeira vez foi no ano 1974, en Alemaña Occidental). Foi o país sé e polo tanto o único pre-clasificado. Por primeira vez na historia do campionato, o campión do torneo anterior (no caso, a selección brasileira) precisou disputar as eliminatorias previas para poder defender o dereito de participar no torneo. Trinta e dous países participaron na Copa de 2006, cuxa final aconteceu o día 9 de xullo.

A decisión de confiar a Alemaña a organización do torneo foi controvertida, xa que se esperaba que o campionato ocorrese na África do Sur. Os outros países candidatos á organización eran Inglaterra, Marrocos e Brasil. Desde que se fixo a escolla, o órgano que controla mundialmente o fútbol, a FIFA, afirmou publicamente a súa intención de rotacionar o país sé entre as súas confederacións integrantes. A sé para o Mundial seguinte foi escollida logo en seguida: Sudáfrica albergará os partidos do Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010. Como preparación para a competición, a FIFA organizou a Copa das Confederacións 2005 en Alemaña, torneo gañado por Brasil. Agárdase que a Copa do Mundo de 2014 sexa en América do Sur.

Dacordo cos resultados obtidos nas eliminatorias, os 32 países clasificados son: Alemaña (previamente clasificada como país sé), Arxentina, Brasil, Paraguai, Ecuador, México, Estados Unidos da América, Trinidade e Tobago, Costa Rica, Portugal, España, Inglaterra, Francia, Italia, Suíza, Suecia, República Checa, Ucraína, Serbia e Montenegro, Países Baixos (Holanda), Croacia, Polonia, Togo, Gana, Angola, Costa de Marfil, Tunisia, Xapón, Arabia Saudita, Irán, Corea do Sur e Australia.

Por primeira vez na historia dos Mundiais de Fútbol, tres países lusófonos estiveron presentes (Portugal, Angola e Brasil). E é a primeira vez, tamén, que a Concacaf terá catro representantes (EUA, México, Costa Rica e Trinidade e Tobago), o mesmo número que os de América do Sur e Asia.

Teamgeist™ ("espírito de equipo"), o balón oficial do campionato.
Teamgeist™ ("espírito de equipo"), o balón oficial do campionato.
Imaxe:FIFA World Cup trophy.png
O trofeo a conquistar.

Índice

[editar] Expectativas antes do torneo

Países participantes
Países participantes

A Selección brasileira de fútbol era unha das grandes favoritas, do mesmo xeito que a Selección arxentina, a Selección inglesa e a Selección italiá. A pesares de ter obtido bos resultados nas últimas copas e xogar en casa, a Selección alemá non era favorita. Unha enquisa publicada o 16 de marzo de 2006 apuntaba que somentes o 3% dos alemáns crían na vitoria. Para esas baixas expectativas xermanas, contou a derrota contra a seleción italiá por 4-1 no día 1 de marzo nun amigable preparatorio para o torneo.

O escepticismo da poboación reflectíase nos propios xogadores alemáns. O capitán e principal xogador da selección, Michael Ballack, deu unha entrevista ó seminario deportivo alemán "Sport-Bild" no día 9 de maio afirmando que o equipo é novo e con pouca experienza, e que non sería unha sorpresa se fose eliminada na primeira fase.

Diego Armando Maradona declarou o 4 de abril de 2006 que consideraba a Brasil como principal favorita, lugar que non lle atribuía a Arxentina. Nas súas palabras: "Se non fora Brasil, depois vén Inglaterra, Italia e Alemaña"

Pelé, cando lle preguntaron sobre cal sería o favorito na súa opinión, preferiu calar, por ter errado tódalas veces que se pronunciou sobre a selección favorita: en 1994, dixo que sería a Colombia; en 1998, dixo que a España era o mellor equipo, e o Brasil tiña problemas na defensa; e en 2002, debido á mala campaña do Brasil nas eliminatorias, seleccións coma Inglaterra, Portugal, Suecia e Arxentina eran as súas preferidas. A menos dun mes do torneo, Pelé acabou admitindo que non cría na vitoria da Brasil. Para Pelé, os favoritos sempre perden. Moi criticado no seu país por tal declaración, Pelé curiosamente atinou: o Brasil acabaría eliminado por Francia nos cuartos de final.

A revista semanal alemá Stern indicou, nunha sondaxe realizada polo instituto Forsa, que entrevistou a 1000 alemáns, que o 17% dos entrevistados non cría que a súa selección pasara da primeira fase, aínda que o grupo da selección anfitrioa era considerado un grupo "frouxo". A pesares de todo, o pobo alemán apoia ao técnico pois, de acordo coa mesma sondaxe, o 66% cren que debe permanecer no cargo mesmo si o equipo perde o partido de preparación contra a selección dos EUA o 22 de marzo, en Dortmund, unha das cidades sede da Copa.

Nunha sondaxe de decembro de 2004, a revista "Sport Bild" indicou que apenas o 10,4% dos alemáns crían no título. Repetíndoa en abril, a porcentaxe diminuí ata o 5%, acreditando o 29,1% que a selección será eliminada en oitavos de final e o 10,8% pensando que sería eliminada na primeira fase. O adestrador Jürgen Klinsmann contaba co apoio dun 60% dos entrevistados.

Entre os brasileiros a expectativa era de que a selección trouxese o título novamente. Unha sondaxe divulgada no dia 25 de maio polo Instituto CNT/Sensus apuntou que 79,8% dos brasileiros cren no hexacampeonato mundial.

Na Italia, a menos dun mes para o torneo estoupou un escándalo de compra de árbitros no fútbol italiano. As denuncias acabarán sendo dirixidas ó tamén técnico da selección italiana, Marcello Lippi, [1]

[editar] Sedes

Cidade Estadio Club Capacidade
Berlín Olympiastadion Hertha Berlin 76.176
Dortmund Signal Iduna Park Borussia Dortmund 66.981
Frankfurt Commerzbank-Arena Eintracht Frankfurt 48.132
Gelsenkirchen Veltins-Arena Schalke 04 53.804
Hamburgo AOL Arena Hamburger SV 51.055
Hannover AWD-Arena Hannover 96 44.652
Kaiserslautern Fritz-Walter-Stadion FC Kaiserslautern 41.170
Köln (Colonia) RheinEnergieStadion FC Köln 46.120
Leipzig Zentralstadion FC Sachsen Leipzig 44.199
München (Múnic) Allianz-Arena Bayern Múnic 66.016
Nürnberg (Nuremberg) Frankenstadion FC Nürnberg 41.926
Stuttgart Gottlieb-Daimler-Stadion VfB Stuttgart 54.267

Un total de 12 cidades alemás foron selecionadas para recibir a fase final da Copa do Mundo de 2006 entre un total de 20 candidaturas, tendo sido descartadas Bremen, Düsseldorf, Mönchengladbach, Bochum e Duisburgo.

Os estadios comezaron a ser preparados pouco tempo despois de seleccionadas as cidades. Namentres que algúns a penas sufriron pequenas adaptas, moitos tiveron que ser completamente reformados e outros foron construídos especialmente para o torneo. Cada estadio modernizado necesitou dun investimento entre 48 e 280 millóns de euros; e máis de 1,38 billóns de euros foron gastos para os novos estadios. Como comparación, para o torneo de 1974, gastáranse 242 millóns de marcos (aproximadamente 121 millóns de euros) para a habilitación de tódolos centros deportivos.

A capacidade efectiva dalgúns dos estadios na Copa do Mundo, en particular no Westfalenstadion, será máis baixa que os números citados, xa que o regulamento da Bundesliga permite que se manteñan partes onde o público pode permanecer de pé, mentres que as regras da FIFA non o permiten, polo que deberán ser instalados asentos nas áreas con esas características para a Copa do Mundo, reducindo, así, un pouco a súa capacidade.

Tamén, durante a Copa do Mundo, moitos dos estadios serán oficialmente coñecidos por nomes diferentes, xa que a FIFA prohíbe patrocinio no nome dos estadios. Por exemplo, o Allianz Arena será coñecido durante a competición coma "FIFA WM-Stadion München" (Estadio da Copa do Mundo da FIFA Múnic), mentres que o Veltins-Arena será revertido para seu nome orixinal de "Arena AufSchalke".

Das doce cidades-sede, apenas dúas non pertencían completamente a Alemaña Occidental, Leipzig e Berlín.

[editar] Países clasificados

Mapa dos países classificados para o torneio.
Mapa dos países classificados para o torneio.

Após os partidos da rolda de clasificación do 16 de novembro de 2005, os seguintes países aseguraron a clasificación (mostrados aquí separados por asociación rexional):

[editar] Europa (UEFA)

País Participacións Clasificación
 Alemaña 15
 Croacia 2* 8 de outubro de 2005
 Francia 11 12 de outubro de 2005
 Países Baixos 7 8 de outubro de 2005
 Inglaterra 11 8 de outubro de 2005
 Italia 15 8 de outubro de 2005
 Polonia 6 8 de outubro de 2005
 Portugal 3 8 de outubro de 2005
 Serbia e Montenegro 1* 12 de outubro de 2005
 Suecia 10 12 de outubro de 2005
 Ucraína Estrea 3 de setembro de 2005
 Suíza 7 16 de novembro de 2005
 España 11 16 de novembro de 2005
 República Checa Estrea** 16 de novembro de 2005

*O Reino de Iugoslavia (1930) e a República Socialista Federal de Iugoslavia (1950-1990) se clasificaron oito veces para a Copa do Mundo antes da separación das repúblicas iugoslavas a partir de 1992: Serbia e Montenegro, Croacia, Eslovenia, Bosnia - Hercegovina e Macedonia. En 1998, Iugoslavia (que se limitaba a un territorio bastante menor que o inicial) participou tamén na copa.
**Checoslovaquia foi dividida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas seleccións formadas a partires de entón son consideradas distintas de Checoslovaquia.

[editar] América do Sur (CONMEBOL)

País Participacións Clasificación
 Arxentina 13 8 de xuño de 2005
 Brasil 17 (único totalista) 4 de setembro de 2005
 Ecuador 1 8 de outubro de 2005
 Paraguai 6 8 de outubro de 2005

[editar] América Central, do Norte e Caribe (CONCACAF)

País Participacións Clasificación
 Estados Unidos de América 7
 México 12
 Trindade e Tobago Estrea
 Costa Rica 2

[editar] Asia (AFC)

País Participacións Clasificación
 Arabia Saudita 3 8 de xuño de 2005
 Corea do Sur 6 8 de xuño de 2005
 Xapón 2 8 de xuño de 2005
 Irán 2 8 de xuño de 2005

[editar] África (CAF)

País Participacións Clasificación
Angola Estrea 8 de outubro de 2005
 Costa de Marfil Estrea 8 de outubro de 2005
 Gana Estrea 8 de outubro de 2005
 Togo Estrea 8 de outubro de 2005
 Tunisia 3 8 de outubro de 2005

[editar] Oceanía (OFC)

País Participacións Clasificación
 Australia 1 16 de novembro de 2005

[editar] Sorteo

O sorteo foi o 9 de decembro de 2005, en Leipzig, Alemaña. As 32 seleccións clasificadas para a fase final da Copa do Mundo foron divididas en 8 grupos (A, B, C, D, E, F, G e H) de 4 países cada un. As seleccións do Brasil, Inglaterra, Espanha, México, Francia, Arxentina, Italia e Alemaña foron escollidas coma cabezas de serie de cada un deles.

  • Alemaña, país-sede, como tradicionalmente acontece, estará no Grupo A e o Brasil, como último campeón, fica no Grupo F, para evitar un posible confrontamente coa Alemaña antes da final.
  • Equipos do mesmo continente foron distribuídos de modo a non fiquen no mesmo grupo, coa excecpción feita a Europa, que nalgúns grupos posúen dúas seleccións, xa que tiveron máis clasificados (14) que calquera outro continente.
  • Son 8 os cabezas de serie, cada un colocado en grupos separados no sorteo en virtude de estaren todos no Pote 1. Os cabezas de serie foron escollidos o 6 de decembro. A excepción da España e México, escollidos por criterios técnicos como desempeño nas últimas dúas edicións, tódolos outros xa foran campións mundiais.
  • Potes 2, 3 e 4 son preparados "de tal forma que alcance a mellor distribución xeográfica posíbel entre os grupos."
  • Serbia e Montenegro, como a selección europea de peor posición no ránking da FIFA, foi colocada nun "pote especial" para previr que tres países da Zona Europea ficasen no mesmo grupo.
  • Primeiro era sorteada a selección, e despois o seu lugar no grupo.
Pote A Pote B Pote C Pote D

 Arxentina
 Brasil
 Inglaterra
 Francia
 Alemaña
 Italia
 México
 España

Angola
 Australia
 Costa de Marfil
 Ecuador
 Gana
 Paraguai
 Togo
 Tunisia

 Croacia
 República Checa
 Países Baixos
 Polonia
 Portugal
 Suíza
 Suecia
 Ucraína

 Costa Rica
 Irán
 Xapón
 Corea do Sur
 Arabia Saudita
 Trindade e Tobago
 Estados Unidos de América

Pote Especial

 Serbia e Montenegro

Máis información: Explicación da FIFA sobre o sorteo e reportaxes da BBC sobre a distribución dos cabezas de serie e dos potes.

Logo dos sorteos moitos comentaristas afirmaron que os grupos C e E eran os chamados grupos da morte, por teren fortes equipos desputándose unha praza.[1] [2]

[editar] Composición dos equipos

Cada selección consta de 23 xogadores. Cada xogador mantén o mesmo número durante todos os partidos do Mundial. No caso de lesión a selección ten o dereito da substitución até 24 horas antes do primeiro partido.[3].

[editar] Árbitros

A lista de abaixo contén os 23 grupos de árbitros do Mundial de 2006. [2]

Grupo Árbitro Primeiro Asistente Segundo Asistente
1 Essam Abd El Fatah Dramane Dante Mamadou Ndoye
2 Carlos Amarilla Amelio Andino Manuel Bernal
3 Benito Archundia José Ramirez Hector Vergara
4 Massimo Busacca Francesco Buragina Matthias Arnet
5 Coffi Codjia Celestin Ntagungira Aboudou Aderodjou
6 Frank De Bleeckere Peter Hermans Walter Vromans
7 Massimo De Santis Alessandro Griselli Marco Ivaldi
8 Horacio Elizondo Dario Garcia Rodolfo Otero
9 Valentin Ivanov Nikolay Golubey Evgueni Volnin
10 Toru Kamikawa Yoshikazu Hiroshima Kim Dae Young
11 Jorge Larrionda Walter Rial Pablo Fandino
12 Shamsul Maidin Prachya Permpanich Eisa Ghuloum
13 Luis Medina Cantalejo Victoriano Giraldez Carrasco Pedro Medina Hernandez
14 Markus Merk Christian Schraer Jan-Hendrik Salver
15 Lubos Michel Roman Slysko Martin Balko
16 Graham Poll Philip Sharp Glenn Turner
17 Eric Poulat Lionel Dagorne Vincent Texier
18 Peter Prendergast Anthorny Garwood Joseph Taylor
19 Marco Rodríguez Jose Luis Camargo Leonel Leal
20 Roberto Rosetti Christiano Copelli Alessandro Stagnoli
21 Oscar Ruiz Fernando Tamayo José Navia
22 Mark Shield Nathan Gibson Ben Wilson
23 Carlos Simon Aristeu Tavares Ednilson Corona

[editar] Árbitros de apoio

Grupo Árbitro Primeiro Asistente Segundo Asistente
1 Khalil Al Ghamdi Hamdi Al Kadri Fathi Rabati
2 Carlos Chandia Christian Julio Rodrigo Gonzalez
3 Jerome Damon Enock Molefe Justice Yeboah
4 Mohamed Guezzaz Brahim Djezzar Jean Marie Endeng Zogo
5 Kevin Stott Chris Strickland Gregory Barkey

[editar] Táboa de partidos

O sistema de disputa na fase de grupos é de todos contra todos dentro dos seus grupos en turno único. As dúas seleccións con máis puntos pasan para os oitavos de final. A partires desa fase, os partidos acontecen en eliminatorias simples até o final. Os perdedores das semifinais disputan o terceiro lugar no día anterior ó da final.

[editar] Primeira fase

Data Localidade Seleccións Grupo Resultado²
Venres, 9 de xuño de 2006 Múnic  Alemaña -  Costa Rica A 4-2 (2-1)
Venres, 9 de xuño de 2006 Gelsenkirchen  Polonia -  Ecuador A 0-2 (0-1)
Sábado, 10 de xuño de 2006 Frankfurt  Inglaterra -  Paraguai B 1-0 (1-0)
Sábado, 10 de xuño de 2006 Dortmund  Trindade e Tobago -  Suecia B 0-0
Sábado, 10 de xuño de 2006 Hamburgo  Arxentina -