Outono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Follas secas.
O outono é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de xuño no hemisferio sur e o 21 de decembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio sur e setembro, outubro e novembro no hemisferio norte.
[editar] Curiosidades
Na sociedade tradicional galega "outono" tamén é o nome que recibe o mes de outubro.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|