Discapacidade
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dise que unha persoa ten unha discapacidade se física ou mentalmente ten unha función básica limitada respecto da media ou anulada por completo. O Día Mundial celébrase o 3 de decembro.
Índice |
Tipos de discapacidade [editar]
Existen os seguintes tipos de discapacidade:
Discapacidade intelectual [editar]
Criterios de identificación [editar]
A consideración de discapacidade intelectual require da coexistencia de tres criterios relacionados entre si:
- Existencia dun funcionamento intelectual significativamente inferior á media;
- Presenza de dificultades en dous ou máis habilidades adaptativas;
- que a súa manifestación se dera antes dos 18 anos.
Causas [editar]
- Factores xenéticos, coma no caso do síndrome de Down, é dicir trisomía do cromosoma 21.
- Erros conxénitos do metabolismo, coma a fenilcetonuria.
- Alteracións do desenvolvemento embrionario, nas que se inclúen as lesións prenatais.
- Problemas prenatais, relacionados co momento do parto.
- Enfermidades infantís, que poden ir desde unha infección grave a un traumatismo.
- Graves déficits ambientais, nos que non existen condicións axeitadas para o desenvolvemento cognitivo, persoal e social.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Accesibilidade
- Autonomía
- Barreira arquitectónica
- Discriminación
- Vida independente
- Dependencia
- Lei de Dependencia (España)