Wuppertal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wuppertal
Escudo Mapa
Escudo de armas de Wuppertal
Situación
Topónimo oficial {{{topofi}}}
País Flag of Germany.svg Alemaña
Estado federal Renania do Norte-Westfalia
Rexión administrativa Düsseldorf
Comarca (Landkreis) Distrito Urbano de Wuppertal
Xeografía
Altitude 160 m
Área 168,39 km²
Poboación (2011) 349.470 hab.
Densidade 2075 hab./km²
Política
Alcalde (Bürgermeister) Peter Jung
Partido gobernante CDU
Páxina web www.wuppertal.de

Wuppertal é unha cidade alemá ubicada no estado de Renania do Norte-Westfalia. Segundo o censo correspondente ao ano 2011 conta con 349.470 habitantes e unha superficie de 168 km², o que a converte na decimosétima cidade de Alemaña.

Historia[editar | editar a fonte]

Wuppertal fundouse o 1 de agosto de 1929, despois da unión das cidades de Elberfeld e Barmen, principalmente, así como outras cidades máis pequenas como Ronsdorf, Cronenberg e Vohwinkel. Nun primeiro momento chamouse Barmen-Elberfeld, pero despois dun referendum en 1930 paso a denominarse Wuppertal (Val do Wupper).

Barrios[editar | editar a fonte]

Wuppertal divídese en 10 barrios, que son: Elberfeld 64.714 habitantes Elberfeld Oeste 27.426 habitantes Uellendahl-Katernberg 37.147 habitantes Vohwinkel 30.506 habitantes Cronenberg 20.963 Barmen 58.494 habitantes Oberbarmen 42.277 habitantes Hecklinghausen 21.005 habitantes Langerfeld-Beyenburg 24.392 habitantes Ronsdorf 20.976 habitantes

Cultura[editar | editar a fonte]

Museos[editar | editar a fonte]

Museo Von der Heydt, museo inaugurado a comezos do século XIX, atópase no centro de Wuppertal-Elberfeld. Neste museo podemos atopar cadros e obras desde o século XVI ata obras e cadros de autores dos nosos tempos. No inventario deste museo podemos atopar unhas 3.000 pinturas de alto valor, 500 esculturas e uns 30.000 traballos gráfico o que o converte nun dos museos alemáns máis importantes internacionalmente. Entre estas obras pódense destacar cadros de autores holandeses, así como obras de Picasso, Monet ou Munch.

Casa de Friedrich Engels, Friedrich Engels é un teórico social e escritor alemán que naceu nesta cidades e que, xunto Karl Marx, sentou as bases do comunismo.

Skulpturenpark, Parque das Esculturas, creado por Tony Cragg en 2006 sobre un terreo privado de 15Ha, serve para expoñer tanto obras propias como alleas. Actualmente conta con 19 esculturas de bronce, aceiro e metal de Tony Cragg.

Wuppertaler Uhrenmuseum, Museo dos Reloxos de Wuppertal, conta cunha das maiores coleccións privadas de reloxos da humanidade e de todas as culturas. Conta con preto de 2000 reloxos nunha superficie duns 300 m².

Teatros[editar | editar a fonte]

Wuppertal conta con diferentes teatros, coma o Opernhaus de Barmen, que foi construido no ano 1907 e que na II Guerra Mundial sufriu destrozos moi grandes, polo que a súa recontrución se prolongou ata 1956. Outro teatro importante foi o Schauspielhaus de Elberfeld, que foi construído en 1966 pero que a mediados de 2013 foi pechado por falta de cartos para a súa renovación, coma polo seu mantemento. Dentro dos teatros, tamén destaca o Teatro de Baile Pina Bausch, que foi creado pola correografa do mesmo nome en 1973 e que foi dirixido por ela ata a súa morte en 2009.

Ademais destes tres teatros principais, Wuppertal, conta con outros teatros máis pequenos como poden ser: O TiC (Tteater in Cronenberg - Teatro en Cronenberg): que ten un pequeno auditorio duns 80 asentos. Neste teatro preséntanse obras de todo tipo, comedias, sátiras, óperas rock, etc. Convértese nun teatro apto para todos os públicos e alternativo e co cal se pode vivir a experiencia teatral dunha forma diferente e moi especial.

Müllers Marionettentheater, Teatro de Marionestas de Müller,foi fundado por Ursula e Günther Weißenborn en 1983 na cidade de Bremen e desde 1992 conta co seu propio teatro en Wuppertal. Os bonecos que empregan nas súas funcións son producidos nos seus propios obradoiros e fan actuacións especiais para empresas e escolas.

Kinder- und Jugendtheater (Teatro Xuvenil e de Nenos), é un teatro con obras dirixidas a nenos. Oferta pezas teatrais para Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Taltontheater, é un teatro de carácter privado e que xa é recoñecido como un dos mellores teatros de Renania do Norte - Westfalia. Oferta diferentes pezas, desde clásicos, musicais, comedia ata Late Night, drama, ou festivais de contos

Deporte[editar | editar a fonte]

En Wuppertal destacan varias Asociacións Deportivas (Sport Vereine, SV en alemán), que agrupan varias disciplinas deportivas. A máis numerosa da cidade conta con preto de 8.000 socios e é o SV Bayer Wuppertal, seguido polo Barmer TV 1846 Wuppertal que conta con case 2000 socios e o equipo de fútbol Wuppertaler SV que ten uns 1200 socios.

Baloncesto[editar | editar a fonte]

Neste deporte destacou o BTV Gold-Zack Wuppertal, equipo feminino que conseguiu títulos nacionais e internacionais. Foi 11 veces campión alemán, 12 veces campión da Copa Alemá e 1 vez campión de Europa. En 2002 o principal patrocinador do equipo se retiraría e o equipo comezaría un declive.

Fútbol[editar | editar a fonte]

O equipo máis coñecido e importante da cidade é o Wuppertaler SV, que participou na 1. Bundesliga catro temporadas seguidas na década de 1970, así como outras 7 temporadas na 2. Bundesliga. Na clasificación histórica da Federación Alemá de Fútbol, o equipo atópase na posición 38. Actualmente o equipo pasa por problemas económicos serios e atópase na 5ª división de fútbol alemán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
Cityscapeberlin2006.JPG
Berlín
Binnenalster am Abend.jpg
Hamburgo
Deutsche Museum in Munich.jpg
Múnic
1 Berlín Berlín 3.531.201 11 Leipzig Saxonia 531.809
2 Hamburgo Hamburgo 1.810.698 12 Dresde Saxonia 529.781
3 Múnic Baviera 1.378.176 13 Hannóver Baixa Saxonia 525.875
4 Colonia Renania do Norte-Westfalia 1.017.155 14 Núremberg Baviera 510.602
5 Frankfurt Hessen 691.518 15 Duisburgo Renania do Norte-Westfalia 488.005
6 Stuttgart Baden-Württemberg 613.392 16 Bochum Renania do Norte-Westfalia 373.976
7 Düsseldorf Renania do Norte-Westfalia 592.393 17 Wuppertal Renania do Norte-Westfalia 349.470
8 Dortmund Renania do Norte-Westfalia 580.956 18 Bonn Renania do Norte-Westfalia 327.913
9 Essen Renania do Norte-Westfalia 573.468 19 Bielefeld Renania do Norte-Westfalia 323.395
10 Bremen Bremen 548.319 20 Mannheim Baden-Württemberg 314.931
Datos do censo de 2011

Notas[editar | editar a fonte]