1961
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| < Século XIX | Século XX | Século XXI > | |||||||
| 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
| 41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
| 51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
| 61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
| 71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
| 81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
| 91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
1960 < 1961 < 1962 Este ano é declarado o Ano Mundial da Semente pola ONU.
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] Xaneiro
- 2 de xaneiro, A URSS pón en circulación o novo rublo.
- 3 de xaneiro - Estados Unidos rompe relacións diplomáticas con Cuba.
- 13 de xaneiro - Un equipo de médicos dirixido polo italiano Daniele Petrucci logra varias fecundacións de óvulos humanos nunha probeta.
- 20 de xaneiro - Tomada de posesión do Presidente John Kennedy nos Estados Unidos.
- 21 de xaneiro Un grupo de portugueses e galegos asalta o Santa María, nun intento de derrocar as ditaduras de Franco e Salazar, comandados por Henrique Galvão.
- 24 de xaneiro - Marilyn Monroe e Arthur Miller divórcianse tras cinco anos de matrimonio.
- 31 de xaneiro - Tomada de posesión do Presidente Jânio Quadros no Brasil.
[editar] Febreiro
- 1 de febreiro - Estados Unidos lanza o Minuteman, primeiro mísil intercontinental con carburante sólido.
- 3 de febreiro - República Popular China realiza compras de cebada e trigo a Canadá por valor de 60 millóns de dólares, co fin de paliar a escaseza de gran no país.
- 4 de febreiro - Asalto a carcel de Luanda e a unha esquadra de polícia por parte de militantes do MPLA, causando alguns mortos, e que marcou o início da loita armada pola independencia daquela antiga colónia portuguesa, e o ínicio da Guerra Colonial Portuguesa, xa que pouco tempo depois o conflito arrastrouse as restantes colónias africanas. O actual Aeroporto Internacional de Luanda ten o nome de "4 de Fevereiro" para siñalar esa data histórica.
- 6 de febreiro - Manuel Fraga Iribarne é nomeado director do Instituto de Estudos Políticos.
- 11 de febreiro - Patrice Lumumba, Primeiro Ministro da República do Congo é asesinado. Mais tarde o governo belga admitiu ter tido “unha irrefutáble porción de responsabilidade nos acontecementos que conduciran a morte de Lumumba”; en xullo de 2002, documentos publicados polo governo americano revelarón que a CIA xogou un papel no asesinato de Lumumba, axudando os seus adversários con diñeiro e apoio político e, no caso de Mobutu, con armas e apoio militar.
- 12 de febreiro - Lánzase a primeira sonda a Venus, a soviética Venus I.
- 15 de febreiro -
- Morre a totalidade do equipo estadounidense de patinaxe sobre xeo ao estrelarse o avión no que viaxaban.
- Fundamse as Forzas Armadas de Liberalización do Vietnan do Sur.
- 18 de febreiro - Estréase en Barcelona O sétimo selo (rodada en 1956), o primeiro filme do director sueco Ingmar Bergman autorizado en España pola censura.
- 19 de febreiro - A embaixada de Bélxica no Cairo é saqueada por estudantes en protesta polo anuncio do asasinato de Patrice Lumumba.
- 22 de febreiro - Prodúcese un incendio nunha fábrica na madrileña Ponte de Vallecas no que morren 23 persoas.
- 23 de febreiro - O Consello de Segurida da ONU emite a primeira resolución condenatória da política colonialista de António de Oliveira Salazar.
- 25 de febreiro - Asinase o contrato para a construción da Ponte sobre o Río Texo, en Lisboa, coa United States Steel Export Company.
[editar] Marzo
- 3 de marzo - Hassan II é coroado rei de Marrocos.
- 6 de marzo - Publicación da primeira páxina de 13, Rue do Percebe na revista de historietas española Tíovivo.
- 19 de marzo - Celébrase en Cannes a VI edición do Festival de Eurovisión, no que debuta España con Conchita Bautista e gana Luxemburgo con Jean-Claude Pascal
[editar] Abril
- 7 de abril - Demóstrase por primeira vez que os tumores humanos poden estar provocados por infeccións víricas.
- 12 de abril - O soviético Yuri Gagarin, primeiro home no espazo.
- 15 de abril - Invasión de Bahía de Cochinos, por exiliados cubanos coa axuda da CIA, termina en desastre o 19 de abril.
- 18 de abril - Sinatura da Convenión de Viena sobre Relacións Diplomáticas, CVRD.
- 27 de abril - Serra Leona alcanza a independencia.
[editar] Maio
- 5 de maio - Alan B.Shepard, primeiro americano no espacio.
- 14 de maio - Estados Unidos: o ómnibus dos Freedom Riders é incendiado preto de Anniston, Alabama e os defensores dos dereitos civís son golpeados por unha multitude de estadounidenses racistas.
[editar] Xuño
- 19 de xuño - Kuwait declara a súa independencia do Reino Unido.
[editar] Xullo
- 15 de xullo - A alemá Marlene Schmidt é elexida Miss Universo.
[editar] Agosto
- 13 de agosto - Inicio da construción do Muro de Berlín que parte en dous a capital alemá.
- 24 de agosto - Guerra Colonial: Início de unha operación conxunta, con avións, paracaedistas e forzas terrestres, na serra de Canda (Angola).
- 25 de agosto - Renúncia de Jânio Quadros. Crise política no Brasil.
[editar] Setembro
- 7 de setembro - Reximen parlamentarista no Brasil. Posesión de João Goulart. Tancredo Neves preside o primeiro Consello de Ministros.
[editar] Outubro
- 30 de outubro - Detonaciòn da maior bomba nuclear da história, a Tsar Bomba, pola Unión Soviética.
[editar] Novembro
- 9 de novembro - A britanica Rosemarie Frankland é elexida Miss Mundo.
[editar] Decembro
[editar] Ciencia e tecnoloxía
- A compañía estadounidense Procter & Gamble crea os primeiros cueiros de celulosa, que denomina Dodotis.
[editar] Nacementos
- 6 de maio - George Clooney, actor estadounidense.
- 9 de maio - Xabier Quiroga, escritor galego.
- 10 de maio - Danny Carey, baterista estadounidense.
- 8 de agosto - The Edge, guitarrista irlandés.
- 22 de agosto - Andrés Calamaro, músico e compositor arxentino.
- 22 de outubro - Eva Veiga, poeta e xornalista galega.
- 31 de outubro - Peter Jackson, director de cine neozelandés
- 21 de decembro - Manuel Igrexas, escritor galego.
[editar] Mortes
- 4 de xaneiro - Erwin Schrödinger, físico austríaco.
- 14 de xaneiro - Barry Fitzgerald, actor irlandés.
- 17 de xaneiro - Patrice Lumumba, Primeiro Ministro da República Democrática do Congo.
- 21 de xaneiro - Blaise Cendrars, escritor francés.
- 26 de febreiro - Mohammed V Rei de Marrocos.
- 6 de abril - Jules Bordet, médico belga, premio Nobel de Medicina en 1919.
- 4 de maio - Maurice Merleau-Ponty, filósofo francés.
- 13 de maio - Gary Cooper, actor estadounidense.
- 6 de xuño - Carl Gustav Jung, psiquiatra suizo.
- 30 de xuño - Lee de Forest, inventor estadounidense.
- 1 de xullo - Louis-Ferdinand Céline, escritor francés.
- 2 de xullo:
- Francisco Asorey, escultor galego.
- Ernest Hemingway, escritor estadounidense.
- 29 de xullo - Aquilino Iglesia Alvariño, poeta galego (n. 1909).
- 1 de setembro - Eero Saarinen, arquitecto estadounidense.
- 21 de outubro - Karl Korsch, filósofo marxista alemán.
- 25 de decembro - Otto Loewi, fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1936.
[editar] Premios Nobel
- Física: Robert Hofstadter e Rudolf Mößbauer
- Química: Melvin Calvin
- Fisioloxía ou Medicina: Georg von Békésy
- Literatura: Ivo Andric
- Paz: Dag Hammarskjöld
[editar] Outros
- A URSS outorgalle o Premio Lenin da Paz a Fidel Castro.
- Publícase en Vigo o poemario "Nimbos", de Xosé María Díaz Castro.
- Phil Hill vence no Campeonato Mundial de Fórmula 1.

