Proxecto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un proxecto é unha tarefa planificada que consiste nun conxunto de actividades que se atopan interrelacionadas e coordinadas; a razón dun proxecto é acadar obxectivos específicos dentro dos límites que impoñen un orzamento e un lapso de tempo previamente definidos.

A xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades, ferramentas e técnicas ás actividades dun proxecto para satisfacer os requisitos do proxecto.