Conífera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coníferas - Pinophyta
Pinus sylvestris1.jpg
Piñeiro albar
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familias

Pinaceae pine family
Araucariaceae araucaría family
Podocarpaceae yellow-wood family
Sciadopityaceae, umbrella-pine family
Cupresaceae cypress family
Cephalotaxaceae plum-yew family
Taxaceae yew family

As coníferas (do latín cōnum < grego κῶνος "cono, piña" e fer- "levar") son as plantas ximnospermas da división Coniferophyta (ou Pinophyta), na súa maior parte árbores, mais tamén arbustos escandentes, presentes nas rexións tropicais e temperadas do planeta, onde son a principal compoñente da flora alpina. Son os vexetais capaces de vivir máis tempo: entre os piñeiro de California, hai exemplares con máis de 4.600 anos. No Hemisferio Norte, as coníferas forman extensos bosques en zonas de clima rigoroso que non poden poboarse por outras especies de árbores.

Exemplos de coníferas son as árbores do xenero Pinus, como os piñeiros de Europa (P. pinaster, P. pinea, P. sylvestris, etc.), os abetos, as sequoias, os cedros, os cipreses, as araucarias, etc. As sequoias de California considéranse xigantes pola súa altura e robustez, unha vez que chegan a medir máis de 100 m de altura e poden vivir máis de 3.000 anos.

Índice

[editar] Morfoloxía

As follas da maior parte das coníferas son agullas longas e finas, mais as Cupresaceae e algunhas Podocarpaceae teñen follas en forma de escama. Os estomas encóntranse en liñas ou manchas nas follas e poden fecharse cando o tempo está demasiado seco ou frío. As follas son xeralmente verde escuras, o que axuda a absorber o máximo de enerxía do fraco calor solar das altas latitudes ou por baixo das copas dun bosque. Na maior parte dos xéneros, as follas son persistentes, xeralmente conservándose por varios anos antes de caeren.

A casca das sequoias pode ter unha espesura de asta 50 cm.

[editar] Reprodución

Conos femininos de tuia (Platycladus orientalis).

A maior parte das coníferas son monoicas, mais algunhas son subdioicas ou mesmo dioicas. Porén, en xeral os órganos masculinos e femininos encóntranse en estruturas separadas, chamadas estróbilos (tamén chamados conos ou piñas, no caso dos piñeiros).

Nas Pinaceae, Araucariaceae, Sciadopityaceae e na maioría das Cupresaceae, os conos son leñosos e, cando madurecen, as escamas xeralmente abren para liberar as sementes, que poden dispersarse polo vento ou por animais. Noutras especies, como os abetos, os conos poden desintegrarse e, aínda noutras, os conos son carnudos e comidos polos animais, que liberan as sementes coas súas feces. Os conos maduros poden permanecer na planta durante longos períodos como, por exemplo, en certas especies de piñeiros que están adaptados a fogos regulares. Nestas árbores as sementes poden ficar dentro dos conos fechados até 60-80 anos, sendo liberadas apenas cando un fogo mata a árbore.

O arilo é un cono extremamente modificado de moitas especies das familias Podocarpaceae, Cephalotaxaceae, Taxaceae e dunha especie de Cupresaceae (Juniperus), que evolucionou no sentido da dispersión das sementes polos animais.

Os conos masculinos teñen estruturas chamadas microsporanxios que producen un pole amarelado, que é xeralmente levado polo vento até os conos femininos. Os grans de pole das coníferas actuais producen tubos polínicos como a maioría das anxiospermas, onde se dá a meiose para a fertilización do gametofito feminino. O cigoto desenvólvese nun embrión que, en conxunto co seu tegumento, transfórmase nunha semente.

Os esporanxios femininos localízanse en órganos de forma cónica, chamados piñas, frecuentemente cubertos por escamas endurecidas (carpelos). As escamas encaixan perfectamente unhas nas outras e só se abren despois da fecundación, para liberar a semente. As piñas son as flores femininas e por veces pode haber outras estruturas, diferentes de piñas, como gálbulas, entre outras menos comúns.

[editar] Clasificación e filoxenía das ximnospermas

Pinophyta.png

Tradicionalmente, a división Pinophyta incluía todas as ximnospermas, mais este agrupamento sería polifilético por incluír plantas distintas como as cicadófitas e o Gingko, que teñen unha filoxenía diferente das coníferas.

A división contén só unha clase, Pinopsida, que xa estivo dividida en dúas ordes, Pinales e Taxales, mais estudos xenéticos recentes mostraron que estes dous grupos son un clade monofilético. Porén, están descritas outras clases e ordes de coníferas extintas, particularmente das eras Mesozoica e Paleozoica superior.

[editar] Curiosidades

  • Os seres vivos máis altos, máis corpulentos e máis vellos que existen na Terra pertencen ás pinófitas. O máis alto é unha sequoia cunha altura de 112,34 m. O máis corpulento é outra sequoia que ten un volume de 1.486,9 m3. A árbore co maior diámetro do tronco é un ciprés de Montezuma, con 11,42 m de diámetro e a máis vella é un piñeiro con 4.700 anos.
  • A pesar de que o número total de especies de coníferas sexa relativamente pequeno, teñen unha inmensa importancia ecolóxica, unha vez que son as plantas dominantes en vastas áreas da terra, principalmente nos bosques boreais, mais tamén en montañas con clima semellante en rexións temperadas ou tropicais.
  • Moitas especies destas árbores teñen un gran valor económico, principalmente pola súa madeira, empregada tradicionalmente para a construción.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas