Otto von Bismarck
Barón Otto von Bismarck, dirixente prusiano tamén coñecido como o chanceler de ferro. Naceu en Schoenhausen, Magdeburgo en 1815 e morreu en Friedrichsruh en 1898.
A súa carreira política estivo sempre marcada por un férreo conservadorismo e polo belicismo. Formou parte do parlamento prusiano e foi logo delegado diplomático en Westfalia, Francia e Rusia. Procurou sempre na unificación de tódolos pobos xermanos, aínda que fora por medios violentos.
En 1862, Guillerme I -rei de Prusia- nomeouno chanceler. As súas principais medidas foron de modernización do exército, lanzándose á aventura bélica na guerra dos Ducados (1864) contra Dinamarca, a guerra austro-prusiana (1866) e a guerra franco-prusiana (1870-1871). De todas estas guerras Prusia saíu vitoriosa e reforzada. En 1867 formou a Confederación de Alemaña do Norte; en 1871, ademais de anexionar as rexións francesas de Alsacia e Lorena, impuxo a creación dun único Imperio Alemán (o Segundo Reich), baixo a coroa de Guillerme I, do que só quedou excluída Austria.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |