Max Born

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Max Born

Max Borne, nado en Wrocław, Polonia, en 1882 e finado en Göttingen, Alemaña, en 1970, foi un matemático e físico británico, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1954 pola súas investigacións en mecánica cuántica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu a 11 de decembro de 1882 na cidade de Wrocław, hoxe en día sita en Polonia pero que naqueles momentos formaba parte do Imperio Alemán. estudou bacharelato ao König-Wilhelm-Gymnasium e posteriormente matemáticas e física na Universidade de Wrocław, Heidelberg e Zúric, doutorándose o ano 1906 en Göttingen. Profesor nas universidades de Berlín, Frankfurt-am-Main, Göttingen, Cambridge e Edimburgo, en 1939 foi admitido membro da Royal Society británica.

Born morreu o 5 de xaneiro de 1970 na cidade de Göttingen.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Quinta Conferencia Solvay (1927). Podemos ver a Max Born o segundo da segunda fila empezando pola dereita, sentado entre Louis-Victor de Broglie e Niels Bohr

Entre 1915 e 1919 foi profesor de física teórica na Universidade de Berlín, onde coñeceu e relacionouse con Albert Einstein.

A partir de 1921 na Universidade de Göttingen iniciou as súas investigacións científicas, xunto ao seu asistente Werner Heisenberg, e relacionándose tamén con Wolfgang Pauli. Ambos os dous físicos formularon a representación mecánica da matriz do quanto a partir dun primeiro borrador de Heisenberg no cal formulaba a teoría do quanto evitando as representacións concretas pero inobservables da órbita do electrón usando parámetros como a probabilidade da transición. Diante deste feito Born recoñeceu que a formulación podía ser transcrita na lingua das matrices, que aprendera xunto a David Hilbert.

En 1933 Born abandonou Alemaña para refuxiarse na Universidade de Cambridge pola súa orixe xudía, aínda cando el profesaba a relixión luterana así como pola seu pacifismo. En 1936 foi nomeado profesor de Filosofía Natural na Universidade de Edimburgo, cargo que desenvolveu ata o 1953.

En 1954 volveu ao seu país e foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Walther Bothe, polas súas investigacións na mecánica cuántica, especialmente no estudo da función das ondas. En 1955 foi un dos 11 científicos e intelectuais que asinaron o Manifesto Russell-Einstein.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Max Born