Leni Riefenstahl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leni Riefenstahl
Nome completoHelene Bertha Amalia Riefenstahl
Nacemento22 de agosto de 1902
LugarBerlín
Falecemento8 de setembro de 2003 e 9 de setembro de 2003
LugarPöcking
SoterradoWaldfriedhof de Munique
NacionalidadeAlemaña
Relixiónluteranismo
Cónxuxe(s)Horst Kettner e Peter Jacob
Profesiónprodutora, montador, guionista, actriz de cinema, directora de cine, actriz, fotógrafa, realizadora e bailarina
Na rede
http://leni-riefenstahl.de
IMDB: nm0726166 Allocine: 6958 Rottentomatoes: celebrity/leni_riefenstahl Allmovie: p108264 TCM: 161722 TV.com: people/leni-riefenstahl
Musicbrainz: d1ed9d97-8827-495c-95c6-6f7d832ab0c1 Discogs: 89437 WikiTree: Riefenstahl-3 Find a Grave: 7852743 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Berta Helene Amalie "Leni" Riefenstahl, nada en Berlín o 22 de agosto de 1902 e finada en Pöcking (Baviera) o 8 de setembro de 2003, foi unha actriz e directora de cinema alemá. As súas obras máis coñecidas foron filmes de propaganda nazis, rexeitada pola industria cinematográfica despois da segunda guerra mundial, converteuse en fotógrafa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia burguesa, de carácter aberto e inquedo, interesouse xa de nena polo baile, o que contou coa oposición paterna, polo que a súa nai inscribiuna en segredo en clases de ballet ata que contou co apoio do seu pai. En 1923 bailou por vez primeira como solista en Múnic e conseguiu un contrato co Deutsches Theater de Berlín, co que actuou con grande éxito ata que en 1925 nunha actuación en Praga sufriu unha lesión de xeonllo e tivo que deixar de actuar. Nesta época viu Der Berg des Schicksal (A montaña do destino) (1924) de Arnold Fanck, protagonizada por Luis Trenker, da que quedou fascinada e que coñece grazas a unha amiga, e consegue que a contrate como actriz para un novo filme de alpinismo, Der Heilige Berg, que se ía rodar en escenarios naturais de Suíza e Alemaña, estreada en 1926 resultou un éxito e deu pulos á carreira de Leni como actriz, protagonista de filmes de montaña, en 1930 protagoniza o seu primeiro filme sonoro, Stürme über dem Mont Blanc, con éxito.

En 1931 dirixiu o seu primeiro filme, Das blaue Licht (A luz azul) que tamén protagonizou. Durante a xira de presentación da película, asistiu a un mitin de Adolf Hitler; entusiasmada polo seu discurso, escríbelle unha carta á que Hitler responde e o Partido Nazi encárgalle á directora a realización dun filme sobre o V Congreso do partido que se tiña que realizar en Nuremberg en 1933 e que se estreará o 1º de decembro de 1933 como Sieg des Glaubens. Pero vai ser o documental que rode para ao congreso do ano 1934, Triumph des Willens (O triunfo da vontade) o que se converta nunha das mellores pezas de propaganda nunca realizadas e que lle deu recoñecemento internacional polas súas innovacións técnicas.

En 1935 diante das protestas da Wehrmacht, por non aparecer no documental de 1934, rodou Tag der Freiheit (O día da liberdade) centrado no exército alemán. En 1935 o comité organizador dos XI Xogos Olímpicos pídelle que realice un filme sobre os xogos, Olympia, que se estrea o 20 de abril de 1938. O documental realizado en dúas partes: A festa dos pobos e A festa da beleza incorpora moitas novidades que se xeneralizarán despois dela: a busca de ángulos infrecuentes, as cámaras sobre raís.

Durante a campaña de Polonia da segunda guerra mundial realizou algún documental bélico, pero acabou por retirarse para rodar Tiefland, na que se concentrou durante os anos da guerra. En 1942 casou cun capitán do exército. Despois da guerra pasou por un campo de internamento francés acusada de facer propaganda para Hitler e o NSDAP e o seu patrimonio foi incautado, pero non se puideron probar as acusacións.

En 1954 estreou Tiefland, sen éxito, e tentou rodar novos filmes, pero non atopou produtor para realizalos. Dedicada á fotografía realizou unha reportaxe fotográfica sobre as etnias das Montañas Nuba do Sudán, que publicou en dous volumes en 1974 e 1976 con grande éxito. Posteriormente realizou o filme Impressionen unter Wasser (2000) sobre a vida baixo a auga dos océanos.