Begano
Coordenadas: 43°19′46.96″N 8°24′0.11″O / 43.3297111, -8.4000306
Begano | |
---|---|
![]() | |
![]() Vista xeral da fábrica | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1960 |
Matriz | Coca-Cola Iberian Partners |
Localización | Avda. Alfonso Molina s/n 15008 A Coruña ![]() |
Persoas clave | Sol Daurella (Presidenta[1]) |
Industria | Alimentación |
Produtos | Refrescos |
Beneficio | 180 millóns de euros |
Número de empregados | 360 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Begano (acrónimo de Bebidas Gaseosas del Noroeste) foi unha empresa galega con sede na Coruña. Na actualidade é unha planta embotelladora de Coca-Cola Iberian Partners S.A., o embotellador internacional de Coca-Cola para España, Portugal e Andorra xurdido en febreiro de 2013 trala integración de oito embotelladoras da península [2]. Begano fabrica, vende e distribúe refrescos carbonatados e non carbonatados, tés fríos, zumes, augas, produtos de nova xeración, bebidas para deportistas e bebidas enerxéticas.
Historia[editar | editar a fonte]

A fábrica de Begano na Avenida Alfonso Molina foi proxectada polos arquitectos Andrés Fernández-Albalat Lois e Antonio Tenreiro en 1960. O edificio está catalogado e protexido tanto polo Concello da Coruña como pola Xunta de Galicia.
Begano ten seis delegacións en Galiza nas cidades de Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.
A empresa ten as certificacións UNE-EN ISO 9001:1994 Certificado no 2001 o seu Sistema de Xestión Medioambiental segundo Norma ISO 14001:1996. No 2005 auditou a empresa conforme á nova versión da Norma de 2004.
En 2012 entrou no accionariado de Begano a embotelladora catalá Cobega facéndose cunha participación maioritaria da empresa. A empresa ten previsto o traslado da fábrica ao concello de Oza-Cesuras[3].
Desde febreiro de 2013 a planta integrouse xunto con outras sete embotelladoras en Coca-Cola Iberian Partners.
Produtos[editar | editar a fonte]

- Bebidas con gas
- Coca-Cola
- Fanta
- Sprite
- Nordic Mist
- Mare Roso
- Burn
- Bebidas sen gas
- Augas e zumes
- Aquabona / Fontoira
- Minute Maid
- Dúo Frutas
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Los dueños de la "fábrica de la felicidad", Público, consultado o 26 de maio de 2014.
- ↑ Quiénes somos Arquivado 02 de xullo de 2014 en Wayback Machine., páxina web de Coca-Cola Iberian Partners.
- ↑ "La embotelladora catalana de Coca-Cola adquiere el 60 % de Begano" Arquivado 29 de xuño de 2012 en Wayback Machine.. La Voz de Galicia, 25 de maio de 2012 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web de Coca-Cola Iberian Partners Arquivado 30 de maio de 2014 en Wayback Machine.