Eduardo Chillida
Eduardo Chillida | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Eduardo Chillida Juantegui |
Nacemento | 10 de xaneiro de 1924 |
Donostia | |
Falecemento | 19 de agosto de 2002 |
Donostia | |
Área | Escultura |
Educación | Círculo de Bellas Artes de Madrid |
Obras | Peine del Viento |
Nacionalidade | España |
Fillos | Eduardo Txillida Beltzuntze |
Páxina web | museochillidaleku.com |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eduardo Chillida Juantegui, nado en Donostia o 10 de xaneiro de 1924 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 2002, foi un escultor vasco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiro foi futbolista na Real Sociedad de Fútbol de Donostia, pero tivo que deixalo por unha lesión. Estudou arquitectura en San Sebastián e Madrid, e abandonou a carreira comezando a estudar debuxo no Círculo de Belas Artes de Madrid. Trasládase a París e casa ó ano seguinte con Pilar Belzunce, comezando o mesmo ano a súa longa carreira na que destacaría o Peite do Vento, escultura en aceiro que se instalou en Donostia en 1971. No ano 1975 deseñou o logotipo da Universidade do País Vasco[1]. Recibiu diversos premios, entre eles o Princesa de Asturias das Artes en 1987.
Na última parte da súa vida, Chillida constituíu o museo Chillida-Leku, inaugurado en 2000 no casarío de Zabalaga (no concello de Hernani, xunto a San Sebastián) unha fermosa construción tradicional vasca remodelada polo escultor e rodeada dun grande espazo de xardíns coa maior colección da obra do artista.
Un dos seus proxectos máis afamados e polémicos, aínda que inconcluso, foi o baleirado da montaña Tindaya, na illa canaria de Fuerteventura, co obxectivo de crear no seu interior un inmenso cubo no que se simbolizaba a lúa e o sol.
Outras obras sinaladas[editar | editar a fonte]

- Torso (París, 1948)
- Portas da basílica de Arantzazu (Oñati, Guipúscoa, 1954)
- Eloxio da luz (1963)
- A serea varada (Madrid, 1972)
- Eloxio ó horizonte (Xixón, 1990)
- Monumento á tolerancia (Sevilla, 1992)
- Porta da Música (Parque de Bonaval, Santiago de Compostela, 1994)
- Berlín (Berlín, 2000)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo Chillida ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Muere Chillida, el escultor español más universal", en El País, 20.08.2002.